Actividades

EXPERIMENTAMOS COA MATERIA

O alumnado de 5º e 6º aproveitamos a última xornada de clase antes das vacacións para experimentar no laboratorio e aprender unha serie de conceptos sobre masa, volumes, densidades, ... Foi unha actividade interesante, entretida e produtiva.

 

VISITA A FINSA

O xoves 22 de marzo o alumnado de 5º e 6º visitamos a fábrica de FINSA na Ponte (Padrón). Fomos recibidos polo persoal de seguridade que, con moita amabilidade, nos deu unhas nocións sobre as normas a cumprir durante a visita. A continuación, xa dentro da fábrica, amosáronos todo o proceso de elaboración da madeira, desde que entra cos camións ata que sae para o mercado convertida en taboleiros compactos. Explicaron tamén a obtención e produción de enerxía, o coidado no tratamento das augas que verten ao Ulla, o control de calidade dos seus produtos, as medidas de seguridade que empregan os operarios,...

Convidáronos a unha merenda saudable.

En fin, foi unha saída ben interesante na que aprendemos  unha morea de cousas e ao final recibimos un estupendo agasallo.

Agradecemos a todo o persoal a amabilidade e atención prestados. Volveremos noutra ocasión!!

 

VISITA DE KALANDRAKA

O alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria recibiu, coma noutros cursos pasados, a visita da editorial Kalandraka que esta vez ofreceu unha sesión de contacontos interactivos relacionados co noso proxecto de centro sobre o monte e nos que participou o alumnado de xeito activo.

A actividade foi un detalle desta editorial pola subscripción.

GAZAS KALANDRAKA!!!

 

AS NOSAS PLANTIÑAS

 Mirade que fermosas están as nosas plantiñas: as sementes de garavanzos, lentellas, fabas, ... empezan a xermolar. A ver cando dispoñemos da terra!! que se está a facer de rogaaaaaaar. En breve poderemos trasplantar,... se temos onde... 

 

 

AS NOSAS AMIGAS AS ABELLAS

 

E seguindo co noso proxecto sobre o monte, hoxe recibimos en primaria a visita de  Beatriz Ríos, membro do Consello Regulador do Mel de Galicia, que nos ofreceu unha interesante charla sobre as colmeas e as abellas. Puidemos ver unha colmea prefabricada, os panais que leva no seu interior e ata poñer un traxe de apicultor!!!.

Tamén recibiron un agasallo dun bote de mel un globo para cada neno.

Grazas Beatriz pola túa colaboración!!!

SEMENTAMOS

Onte os alumn@s de 6º sementamos fabas, tirabeques, chícharos, pementos, mostaza, canónigos,... fixemos unha boa sementeira!!

Agora a regar e esperar que nazan, para despois plantar na nosa hortiña. 

  

 

DURMIMOS NA ESCOLA?

 Disfrutamos coas consignas do entroido. Como hai que vir con roupa de durmir..... pois.... Durmimos!!

Velaquí @s alumn@s de 5º en plena sesta no pavillón:

 

E @s alumn@s de 6º preparados para a clase de lingua galega:

 

PANCARTA ENTROIDO

  @s alum@s de quinto e sexto colaboramos na elaboración da pancarta para o entroido: NON QUEIMES O FUTURO.

Continuamos coa concienciación do alumnado  en prevención de incendios e a posta en valor da vida no rural.

 

Mesmo algún alumno de ESO se animou a botar unha man. Agradecemos a colaboración.

PROXECTO DE CENTRO DE PRIMARIA: O HORTO ESCOLAR

Comezan os preparativos do horto de primaria. Xa se construiu o composteiro (foi realizado polo alumnado de 1º  de ESO) e xa se colocou no patio.

Tamén tivemos a sorte de recibir unha doazón da Empresa Narlitrans de  Naranjas La Picaraña de catro caixóns de madeira que, unha vez recortados, farán de bancais para o horto. Nas fotos podedes ver o traballo realizado polo alumnado de 3º de ESO que se encarga de cortar e preparar ditos caixóns.

 

Nesta tarefa tamén colaborou alumnado de 6º de primaria, reforzando as estruturas dos caixóns, lixándos e trasladando os mesmos ao lugar que ocupará o horto. Agora só falta enchelos de terra....Aquí podedes ver algunhas fotos.

 

O alumnado de 3º de ESO foi o encargado de colocar os palés para o horto vertical...

 

Tamén realizaron tarefas de reparación do composterio. Aquí tedes algunhas imaxes.

 

ENLACE Á GALERÍA DE FOTOS

 

A NOSA ÁRBORE

 A nosa árbore incendiada está tomando forma. Cada semana adicamos parte dunha sesión de plástica, vai lenta...

 

 

É unha forma de concienciar ao alumnado sobre a necesidade de coidar o noso monte. 

Powered by Drupal - Design by artinet