Actividades

3º DE PRIMARIA

O alumnado de 3º de primaria realizou unha práctica que foi impartida por alumnas de 4º de ESO. Consistiu na elaboración de "Slime" (Fango, baba en español.....) con produtos non tóxicos e na que experimentaron coa mestura de ingredientes, as cores o tacto.....agora investigarán máis acerca deste "mocoso" produto e irán vendo a súa evolución co paso dos días.

 

 

POEMA

En 6º estamos lendo poesía. 

Onte, como estabamos inspirados saiunos entre todos este bonito acróstico que nos gustaría compartir convosco, a ver que vos parece:

 

 

 

GALICIA VIVA

Onte, xoves 2 de novembro, tivemos entre nós á reporteira Lucía e o cámara Fran da TVG que viñeron a gravar parte do programa GALICIA VIVA relativo ao consumo da feixoa, unha froita orixinaria do Brasil pero que se da moi ben aquí na nosa terra. 

Aquí deixámosvos unhas fotos feitas durante a gravación.

 

  

Estaremos atentos á emisión do programa!!

Non volo perdades se queredes descubrir os segredos desta froita!!

PERCIBIMOS O MONTE DE DODRO COS CINCO SENTIDOS

SAÍDA POLO MONTE DE DODRO

-          Percibir o monte cos cinco sentidos:

Vista: as cores do outono,… sobre todo a beleza dos ACIVROS temos moitos e están con froito.

Curiosidades: Para os celtas era unha árbore sagrada, Os xermanos colocaban unha póla de acivro no inverno na entrada das súas casas, Segundo a tradición popular galega, cando un mozo quere namorar a unha moza, tiña que cortar unha póla de acivro ás doce da noite de San Xoán, pasala trece veces baixo as ondas do mar mentres rezaba un credo de cada vez. Así, a moza á que toque con esta póla, chamada aciviño, quedará namorada del sen remedio., A árbore emprégase en moitos países como motivo ornamental durante as festas de Nadal, o que pode pór en perigo a propia existencia do acivro: a especie está protexida pola lei. Lembrade que non se debe recoller por ser unha especie protexida.

Oído: os paxaros, o vento, o renxer das árbores,…

Olfato: a que nos ole o monte? Ulimos diferentes herbas, cortiza de árbores, follas, a bosta das vacas,...

Gusto: podemos probar as castañas que atopemos, os peros bravos, atoparemos outros froitos?…

 Tacto: a herba húmida, a cortiza das diferentes árbores,…

 

Falamos sobre as árbores autóctonas e alóctonas, a prevención dos incendios, as pegadas dos animais,...

 Foi un percorrido agradable coñecendo o noso monte.

E... andando, andando... chegamos a Casas do Porto, onde nos estaban agardando Josefa e Moncho para amosarnos as súas vacas:

 

 E tamén Mercedes e Diego para explicarnos curiosidades dos hórreos e amosarnos as súas cabuxas. Ata nos deron un impreso que recolle toda a información, e deixáronnos acariñar unha cabuxiña: 

  

EN DODRO TEMOS UN MONTE ESPECTACULAR. DEBEMOS COÑECELO E APRENDER A COIDALO, CONSERVALO E MANTELO LIMPO.

GALERÍA DE FOTOS

A ORLA DE 1º DE PRIMARIA

Esta preciosa orla foi elaborada polo alumnado de 1º de Primaria como primeira actividade relacionada co noso Proxecto de Centro para este curso 2017-2018 que trata o tema do monte e leva por título "Estamos a monte". Foi realizada utilizando materiais naturais dos nosos montes, landras principalmente, e material de refugallo.

DÍA DO MAIOR

O xoves 5 de outubro, os nenos e nenas de 5º de primaria recibiron a visita de cinco maiores do centro de día de Dodro.

Estas persoas compartiron con eles moitas anécdotas da súa vida e contáronlles aquelas actividades que realizan no seu dia a dia no centro.

Os alumnos/as contáronlles que era para eles ser maior e regaláronlles uns debuxos feitos por eles mesmos.

No ficheiro adxunto podedes ver a descripción da actividade e un par de fotos.

 

PLANTANDO

Este ano o Proxecto de Centro leva por título "Estamos a Monte" e, como é lóxico, baséase na temática do monte. Unha das primeiras actividades realizadas foi unha plantación de landras, castañas e sementes de carballo americano e de castiñeiro de indias (estas últimas como curiosidade e para plantación ornamental). Tamén sementamos algunhas avelás.A plantación foi levada a cabo por alumnado de todos os cursos de primaria, de 1º de ESO e algúns de 4º de ESO. Outros alumnos de secundaria participaron na recolección de landras, enormes por certo, que tamén foron sementadas.

Todas estas árbores  cederanse nun futuro para repoboar zonas de monte daqueles concellos afectados polos incendios que así o precisen.

Aquí tedes unhas fotos da plantación realizada por 6º de primaria  e1º de ESO.

 

 

 

 

 

ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA

O pasado xoves o alumnado de 1º de Primaria participou na actividade "Descubrindo a biblioteca", na que coñeceron o espazo, os libros e demais materiais, recibiron os seus carnés de lectores e escoitaron un conto relatado pola profesora Susana. Esperamos velos moito pola biblioteca disfrutando dos seus recursos!

 

SAÍDA DIDÁCTICA FIN DE CURSO PRIMARIA

Onte, día 1 de xuño, o alumnado de 1º,2º,3º e 4º de primaria realizaron unha saída didáctica para visitar FERVENZAVENTURA, unha granxa escola na que participaron en diferentes obradoiros.

Os monitores /as estupendos e a atención maravillosa. Moi recomendable.

ENLACE ÁS FOTOS

SAÍDA AO MERCADO

 

O martes día 23 o alumnado de 4º realizamos unha saída a  diferentes supermercados e a praza de  abastos de Padrón acompañados por tres pais, a mestra Jose e a titora, Marga.

Fixemos o traxecto  de ida no transporte público ARRIVA. Unha vez  en Padrón cada grupo acompañado por un adulto dirixiuse ó establecemento asignado onde tiñamos que mercar os ingredientes necesarios para elaborar o seguinte menú para 25 comensais ( as cantidades xa as calcularamos anteriormente ):

1º prato............ ensalada de pasta

2º prato............. peitugas con ensalada mixta

Sobremesa........ amorodos con nata

Rematada a compra xuntámonos todos no Xardín Botánico para merendar. A continuación dirixímonos á praza de abastos para observar e conversar sobre os produtos que alí se venden coas/cos vendedoras/vendedores.

Xa cansas e cansos, pero moi contentas e contentos coa experiencia vivida , coa atención e trato prestado nos diferentes establecementos, regresamos para o centro no transporte escolar.

 

Ó día seguinte outro grupo de pais acudiron o centro para axudarnos  a elaborar os menús. Por fin chegou a hora de degustalos, estaban boíiiiiiiiiiiisimos.

Moitas grazas a todos por facer posible esta experiencia didáctica.

Máis fotos no ENLACE

Powered by Drupal - Design by artinet