QUINTA SESIÓN MUS-E

No día de hoxe convidamos ás familias a compartir connosco as vivencias MUS-E. Na súa compaña continuamos explorando o fondo submariño, remamos e despregamos velas co Amaren xango, fixemos un exercicio de co-creación utilizando diferentes áreas artísticas. Establecemos confianza e comunicación coa outra persoa sen xulgar as accións.

A partir dun exercicio de relaxación escoitamos de forma activa unha música de Bach que despois representamos con cores nun papel. Este debuxo serviunos para guiar a traxectoria dos movementos que fixemos con varias partes do corpo.

O proceso traballa a solidariedade colectiva.

 

Máis fotos no seguinte enlace:

Powered by Drupal - Design by artinet