MUSE 2024

I Sesión MUS-E 2024
O martes 19 de marzo regresaron as sesións MUS-E á escola e con elas a danza da man de Mercedes Prieto. Foron catro as sesións , neste caso dos cursos 1º , 3º , 4º e 5º, nas que Mercedes foi dando voz a diversos animais a través do movemento.
Para comezar as sesións houbo un intre para adentrármonos  no movemento.Cada crianza foi creando un xesto asociado ao seu nome e logo estes movementos foron acompañando os momentos de improvisación que foron xurdindo nas diferentes danzas.
As músicas empregadas foron quen de achegarnos a diversos animais , directamente relacionado co noso proxecto de centro Que animalada!:
-Ás formiguiñas co Fun ao Mercado de María Fumaça. 
-Ós cempés cunha danza de entroido El baile del ciempiés de Pesdelán.
-A historia de uma gaivota  de Música nos hospitais.
-A pulga e A pulga na palla de Pesdelán.
-Rui e as baleas de Maria Fumaça.
 
En todas estas danzas puidemos vivenciar o sentimento de manda , cooperando para chegarmos a bo porto.
 
Moitas grazas , Mercedes! Medre a danza, agardámoste á volta da Pascua con novas sesións!
 
A continuación podedes ver algunhas fotografías da xornada.
 
 

Powered by Drupal - Design by artinet