Animación á lectura

DÍA DA PAZ

Celebramos o Día da Non Violencia e da Paz compartindo vídeos  co alumnado do CRA e con 1º e 2º de Primaria. Os vídeos foron realizados polo alumnado de 3º de ESO.

Desexamos que vos gusten!!!

ENLACE AOS VÍDEOS

 

ALGUNHAS LECTURAS PARA NADAL, OU PARA CANDO QUEIRADES!

Dende a Biblioteca Escolar queremos achegarvos algunhas suxestións de lectura para estas vacacións, e para o 2021. É só unha pequena mostra de lecturas para peques, mediamos e grandes, lecturas que se poden compartir, que se poden comentar, ...

Desexamos que as desfrutedes.

 

ENLACE

LIBROS PARA SALVAR O PLANETA

 No mes da ciencia nas bibliotecas queremos presentarvos as recomendacions lectoras de Galix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil):

EMERXENCIA LITERARIA. LIBROS PARA SALVAR O PLANETA

Vivimos tempos de alarma, de emerxencia climática, un estado de cousas que derivan do maltrato á natureza, de vivir de costas a ela.

É salientable a fazaña de Greta Thunberg, a rapaza que comezou unha folga escolar polo clima cando tiña quince anos e foi recoñecida mundialmente. Isto fainos pensar que a rapazada vai ter que seguir asumindo responsabilidades pois, se as cousas non cambian, será a mocidade quen teña que converterse en activista na defensa do medio ambiente.

Necesitarán, para poder levalo a cabo, libros nos que apoiarse, historias que lles axuden a espertar, a decatarse de que é necesario actuar para que ninguén acabe co seu mundo.

Os libros están aquí, veñen dereitiños a atender a urxencia, porque tamén eles queren salvar o planeta.

No enlace podedes acceder á páxina de "O Salón" onde podedes descargar a bibliografía, unha chea de títulos que seguro van ser atractivos para vós:

ENLACE

O PAPAGAIO

Nos enlaces adxuntos podedes acceder aos números de maio e xuño da revista O PAPAGAIO.

O PAPAGAIO (MAIO)

O PAPAGAIO (XUÑO)

 

DÍA DO LIBRO PROFES E ALUMN@S

 

No enlace adxunto poderedes ver vídeos de profesorado e alumnado compartindo con todos vós breves lecturas para conmemorar o Día do Libro.

Esperamos que vos gusten e que vos anime a continuar cos bos hábitos de lectura......lembrade que lendo compártese... e tamén se viaxa!!

ENLACE AOS VÍDEOS

UN VÍDEO MÁIS

5º E 6º NO DÍA DO LIBRO

Do 20 ao 24 de abril celébrase a Semana do libro e hoxe, día do libro, o alumnado de 6° e 5° de Primaria compartimos con vós estes traballos que fixemos estes días na casa, desde as áreas de Lingua Galega e tamén en Valores Sociais e Cívicos. Seguiremos gozando da lectura.

ENLACE AO TRABALLO DO ALUMNADO ( Galería de fotos)

DÍA DO LIBRO

O día 23 de abril celébrase o Día do Libro.

Tendo en conta as circunstancias, para conmemorar este día, o Equipo da Biblioteca ofrece a posibilidade de participar nunha actividade dende a casa que consisitirá en ler un anaco dun libro que vos guste e gravar un pequeno vídeo e envialo  a mariaef@cpidodro.net.

Podes ler e gravar en familia, cos teus irmáns e irmás , pais, avós...ou ti só ou soa.
Publicaremos os vídeos na web do cole.

Anímate a participar!!!!

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA DÍA DA MULLER

ATENCIÓN RAPACES E RAPAZAS!!!. Na biblio tedes durante este mes de marzo unha pequena exposición de libros e cine co motivo da celebración do 8 de marzo  Día da Muller.


VISITA DO CRA

O luns, 2 de novembro, as nenas e nenos do C.R.A., xunto as súas mestras, visitaron a nosa biblioteca e fixeron varias actividades. Esperamos que o pasaran estupendamente e queden con ganas de volver.



 

VOLUNTARIADO

Os voluntários da biblioteca no curso 18-19 disfrutaron dunha merenda no recreo do xoves 7 de novembro e, algúns deles, confirmaron a súa continuidade no equipo.

Powered by Drupal - Design by artinet