Animación á lectura

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

O alumnado de 1º e 2º de ESO recibiu onte a visita de Rocío Leira para facer unha actividade do Club de Lectura deste curso. O seu libro "Tres catorce dezaseis" foi lido por este alumnado no trimestre pasado , polo que xa tiveran un contacto previo co traballo da autora.

Tedes máis información no enlace a O Noso Eusebio ....

O NOSO EUSEBIO FACEBOOK

RENOVANDO A BIBLIOTECA

Despois de falar de novas  necesidades e coa colaboración e achegas de parte do alumnado, hoxe estivemos de obras, bueno, de redecoración. Ampliamos a zona dos peques, puxemos a andar os ordenadores, ...  Aínda queda traballo por facer pero a cousa vai collendo forma.

GALERÍA DE FOTOS

PRESENTACIÓN BANDA DESEÑADA

Benqueridas komiqueiras e komiqueiros:

Témosvos que anunciar unha nova sesión de sinaturas na nosa librería.  Será este vindeiro venres 15 de outubro, a partires das 18:00 horas, cando contaremos coa presenza de Manel Cráneo, un dos nomes máis relevantes da banda deseñada galega tanto na súa faceta de autor como na de editor, á fronte da impagable Demo Editorial.

Asinará exemplares da súa última obra, Corona-bios, unha compilación de viñetas sobre a pandemia realizadas precisamente durante o confinamento, e dunha máis antiga pero recentemente editada, Cousas de mortos.

Aquí podedes atopar máis información sobre estes dous títulos.

Agardamos contar coa vosa presenza, ata entón recibide unha grande aperta da nosa parte.


EXPOSICIÓN

Comezamos coa expo de libros relacionados co proxecto de centro para celebrar o Día da Ciencia en Galicia, na nosa casa de Rosalía!.


 

PRIMEIRA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA 21-22

 

O club de lectura Moondo Dodro (3º e 4º ESO do curso 20/21) reunirse para rematar a labor do pasado curso. Contamos con visita de Pablo Prado para falarnos do " Derradeiro libro de Emma Thomson"

Asistiron Alba, David, Javi e Manuel, alumnado, xa de bacharelato. Algúns del@s seguirán con nós, no noso Club de Lectura.......... e nós encantad@s!!!.
 
 

LETRAS GALEGAS 2021

Celebramos no noso centro a "Semana " das Letras Galegas con varias actividades moi interesantes.

O venres día 14 de maio realizamos un acto no que se escribiu o nome de "XELA" con ramas de estalotes e, arredor do mesmo, colocamos camisetas con versos da poeta homenaxeada. 

 


A actividade completa poderedes vela nos enlaces ao Facebook de O NOSO EUSEBIO:

CELEBRACIÓN NO CENTRO

PARTICIPACIÓN ALUMNADO DE 1º EP

PARTICIPACIÓN CENTRO DE DÍA

PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS

O alumnado de 6º tamén quixo aportar a esta celebración un par de traballos sobre a vida e obra de Xela Arias. Os traballos elaborados por Uxía Ríos e Aroa Boga  podedes velos no ENLACE.

 

 

 

GAÑADORES DO CONCURSO " Muller e nena na ciencia"



Dende Bibliotecas Escolares e aproveitando a celebración do Día do Libro, temos o pracer de mostrar, agora sí, as imaxes dos gañadores do concurso " Muller e Nena na ciencia". Os premios foron entregados onte aos gañadores. Alumnado de 3º de ESO foi o encargado de montar unha pequena exposición a carón da cal foron agasallados os gañadores.

Alumnado de 3º de ESO encargado da montaxe da exposición

 

Gañadores: Bruno Opólski Fernández de 3º de primaria e Daniela Brea Mene de 6º de primaria

Agradecemos a participación de todo o alumnado e familias de Educación Primaria e a colaboración dos voluntarios da biblioteca na elaboración da montaxe da exposición onde podedes ver o material traballado polo alumnado e algunhas recomendacións lectoras. Para máis detaie accedede á galería de fotos:

GALERÍA DE FOTOS

 

 

OS PEQUECHOS DO COLE VISITAN A BIBLIOTECA

Hoxe, o alumnado de 1º de primaria visitou a biblioteca. Previamente recibiron unha invitación personalizada....

Os seus compañeiros de 3º de ESO foron os encargados de elaborar o mural onde, unha vez realizada a visita, os pequenos expresarían as súas emocións ao respecto da mesma.

 

A experiencia foi moi positiva xa que aprenderon a realizar procuras de libros e as normas da nosa biblio.

Esperamos que, a partires de agora, utilicen moito o servizo da biblioteca e desfruten da grande variedade de títulos que nela temos!!

 

GALERÍA DE FOTOS

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Na nosa biblioteca podes solicitar o empréstito de películas que tratan temas sobre valores , diversidade...e ademais son moi entretidas.

Anímate!!

DÍA DA PAZ

Celebramos o Día da Non Violencia e da Paz compartindo vídeos  co alumnado do CRA e con 1º e 2º de Primaria. Os vídeos foron realizados polo alumnado de 3º de ESO.

Desexamos que vos gusten!!!

ENLACE AOS VÍDEOS

 

Powered by Drupal - Design by artinet