Animación á lectura

SAMAGOSTO

O día 29 de outubro celebraremos o SAMAGOSTO coa actuación de Raquel Queizás " O eco das pedras" e o noso desfile-concurso de carteis " Eu peno (que non fou pena) por:....", no que  alumnado e profesorado, disfrazados de Santa Compaña, terá que confesar por que pena segundo o modelo da foto....

Tamén haberá degustación de castañas asadas por cortesía da ANPA de Dodro.

Publicaremos fotos e os gañadores do concurso.

Ánimo e a darlle ao coco!!

 

Tamén a nosa biblioteca se viste de terror  con títulos realmente espeluznantes que o alumnado pode levar para casa e desfrutar pasando medo!!


APADRIÑAMENTO LECTOR

Iníciase no mes de maio unha nova actividade para a mellora da competencia lingüística consistente en que o alumnado de 4º de ESO realizará, dende o primeiro de maio ata final de curso,  labores de guiado da lectura, vocabulario e dúbidas sobre o contido dos relatos escollidos co grupo de 6º de primaria. Traballarase en pequenos grupos (2 alumnos de 4º guiarán a lectura de 2 ou 3 alumnos de 6º) coa supervisión do profesorado.

Ao comezo do vindeiro curso, será o alumnado de 6º o que se encargue de guiar as lecturas do alumnado de 1º de primaria.

DÍA DO LIBRO

O día 23 de abril celebramos o Día do Libro cunha actividade que coinsistiu en que o alumnado de toda a ESO e de 6º de primaria recomendara libros de lectura aos seus compañeiros máis pequenos. Levaron libros que foron no seu momento especiais para eles, leron uns fragmentos dos mesmos e explicaron o por que desa recomendación ao alumnado de 1º, 2º, 3º , 4º e 5º de primaria.

Tamén, con motivo desta conmemoración, o alumnado de 1º e 2º de primaria realizou unha actividade na que nenos e nenas de 2º escribiron pequenas curtametraxes que lles relataron na biblioteca aos seus compañeiros de 1º.

GALERÍA DE FOTOS

GALERÍA DE FOTOS ACTIVIDADE DE 1º e 2º

 

CHARLA CARLOS NEGRO

 

O luns 8 de abril recibimos a visita no Club de Lectura do poeta  Carlos Negro, quen, coma sempre, deleitounos coas súas explicacións e algún que outro poema.
A xuntanza foi moi especial ax que Carlos Negro é un antigo profesor do noso centro e achegouse ao noso clube de lectura "Moondo Dodro" para falar do seu último libro Aplicación instantánea (Premio Jules Verne 2018) e tamén de Penúltimas tendencias (Premio da AELG á mellor obra de literatura xuvenil do 2014).

Pero todo isto fois despois de degustar unhas deliciosas pizzas.

Despois da pizza, comezou Carlos Negro falando de que é poesía. Para que serve? Reflexionamos en grupo e saíron ideas interesantes. Falounos de Lupe Gómez, de Olga Novo, do Leo.......a xuntanza deixou moitas máis experiencias que podedes ler no enlace accedendo ao Blog Moon Dodro...

GALERÍA DE FOTOS

CONTACONTOS EN PRIMARIA

Hoxe visitáronnos Álex e Sara,por cortesía da editorial Kalandraka, para deleitarnos cun contacontos fantástico. O alumnado de 1°, 2° e 3° de Primaria quedou encantado...e as profes tamén o disfrutamos moito. Aquí quedan unhas fotos deste momento:

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS E PELÍCULAS PARA O NADAL

 

No enlace podedes consultar as nosas recomendacións de libros e películas para desfrutar neste Nadal.

ENLACE

ALUMNADO DO CRA NO COLE

O pasado xoves o alumnado e profesorado do CRA de Dodro achegouse a visitar a nosa biblioteca. Compartimos con eles os diversos espazos cos que contamos e desfrutaron de varios obradoiros: contacontos, creación de marcapáxinas, poesía para nenas e nenos... Ademais, os nosos artistas de 2º de primaria representaron para eles un conto de medo! Foi un pracer comprobar como os máis pequenos o pasan así de ben nunha biblioteca.


DÍA DAS BIBLIOTECAS

Esta semana celebramos o día das bibliotecas, polo que aproveitamos para que as nosas rapazas e rapaces de 3º e 5º de primaria coñecesen a nosa máis a fondo. Ademais de realizar unha visita guiada, participaron nun xogo de pistas no que remexeron entre os libros, levaron a cabo buscas de información, leron poesía e, sobre todo, se divertiron! Como agasallo, todos recibiron un marcapáxinas e unha guía da biblioteca.


 

CONVITE AOS VOLUNTARIOS DA BIBLIOTECA

O 26 de outubro convidamos a un chocolate quente e unhas pastas ao alumnado voluntario da biblioteca. Axudarán durante todo o curso escolar a organizar a biblioteca, a explicarlle ás súas compañeiras e compañeiros máis novos o funcionamento da mesma.

Recibirán ademais un diploma homologado da Xunta. Bo traballo rapaces!!!

 

VISITA Á BIBLIO

Onte o alumnado novo de primeiro desfrutou dunha visita á biblioteca na que ademais de coñecer os libros, películas, xogos e ordenadores cos que contamos, aprenderon as normas e o funcionamento da nosa biblio. Recibiron tamén os seus carnés de usuarios cos que xa poden levar materiais para casa. Seguro que os veremos moitas veces por aquí!

Powered by Drupal - Design by artinet