DÍA DO LIBRO

 

O pasado día 23 de abril celebramos o Día do Libro realizando varias actividades. A elaboración de lemas relacionados con ilustracións e que falasen do gusto pola lectura e a recollida de "Libros sen Volta" na biblioteca foron as máis destacadas.

"Os libros son as portas que nos levan a topar outros camiños". Este foi un dos lemas que crearon as alumnas e alumnos de todos os cursos para acompañar as imaxes de animación á lectura coas que estiveron traballando. O 23 de abril, día do libro, expuxéronos diante dos seus compañeiros e creamos un mural con todos os traballos. A continuación,  puideron escoller un libro como agasallo na biblioteca.

  

"Descubrindo a biblioteca". Na semana do libro os cursos de 3º e 5º de Primaria e 1º e 2º de ESO acudiron á biblioteca a realizar a actividade: "O misterio dos libros agochados". Alí participaron nun xogo de pistas co fin de atopar varias obras na biblio. Pescudaron información a través de Internet, recitaron poesías, coñeceron novos autores e libros e aprenderon a consultar materiais nunha biblioteca. Agardámolos por aquí novamente!.

 

 

Tamén queremos dar as grazas ao alumnado de Secundaria que está a actuar de axudante nas actividades da biblioteca. Grazas rapaces!!!

 

No ENLACE podedes ver algunhas fotos.

Powered by Drupal - Design by artinet