Novas da Biblioteca de Secundaria
Xa podes baixar A Tribo 2013 dixital, e tamén participar no concurso do décimo aniversario da nosa revista escolar
19/09/2013
Un ano máis temos que dar as grazas a toda a xente que colaborou no novo número d'A Tribo. E moi especialmente a Sonia Álvarez, que este ano o tivo un pouco máis complicado para rematar a maquetación. A versión dixital xa está por fin dispoñible no apartado Revista escolar deste espazo web, con diversos erros corrixidos respecto á versión impresa de xuño.
A tribo cumpre dez anos, e parece que foi onte cando se foi artellando a primeira delas... ao principio nin sequera tiña nome! Decidimos chamala así por un lema africano que vén a dicir que para educar a un neno fai falta a tribo enteira.
Na Biblioteca de Secundaria, tedes expostos os dez números que levamos, e tamén podedes participar nun concurso que argallamos para festexar o décimo aniversario. Enchendo un cuestionario con 10 preguntas que acharán resposta en cadanseu número d'A Tribo, poderedes conseguir algún agasallo. Animádevos!!
A Biblioteca volveu ao recreo
Fai clic para ver todo o álbum da Biblioteca de 2013
07/06/2013
Continuamos este curso coa tradición de sacar un día a Biblioteca de Secundaria ao recreo. Foi unha gran satisfacción ver o entusiasmo co que case todos e todas saían pola porta e se achegaban ás mesas cheas de libros (claro que as lambonadas que había de agasallo axudaron un pouco!). Moitos cubristes o cuestionario que preparamos para a ocasión... e xa temos o gañador elixido pola man inocente de Sara entre os acertantes:
Michelle de Gregorio Otero (1º A ESO)
Noraboa!
Farémoslle entrega dun agasallo no recreo do xoves da vindeira semana na Biblioteca.
Ah! E moitísimas grazas aos nosos colaboradores que aportaron o seu esforzo e amosaron unha enorme ilusión coa actividade!
Paula Merlán achegouse ao Feal para falarnos do seu primeiro libro
26/04/2013
Tivemos este pasado venres (26 de abril) unha visita ben agradable: unha veciña e nova escritora dedicada ao público infantil. Trátase de Paula Merlán, unha avogada metida ao labor de crear fantasías para os pequenos en forma de relatos. Acaba de publicar a súa primeira obra, ¡Esto no es una fábrica de sonrisas!, e diso nos veu falar ao Feal. Explicounos como é o traballo de creación dun libro coma o seu dende o principio, centrándose bastante tamén no labor de Susana Rosique, a ilustradora coa que compartiu a tarefa creativa deste álbum. Estivo cos alumnos de 1º de ESO, e tamén cos de 5º e 6º de Primaria, que puideron facerlle un montón de preguntas.
Volveunos visitar o día 2 de maio para encher de sorrisos algunhas das paredes dos nosos corredores coa axuda dos rapaces e rapazas de 3º e 4º de Primaria.
Conversa con Antonio Yáñez Casal
26/04/2013
Este xoves, 25 de abril, contamos na Biblioteca de Secundaria do Feal co escritor Antonio Yáñez Casal.
O autor ferrolán achegouse ao noso centro para manter un interesante coloquio cos alumnos de 3º e 4º da ESO sobre o seu libro Vento galerno.
Algunhas das cuestións que nos aclarou xiraron arredor da elección do título do libro, a inspiración na vila de Cariño (terra da súa familia) á hora de ambientar a súa historia ou sobre a súa identificación con todas as personaxes da novela en maior ou menor medida... unha charla ben aproveitada que rematou - non podía ser doutro xeito - coa cola que se formou para que asinase os libros dos alumnos que llo pediron.
Novo concurso de Declaracións de Amor
DECLÁRATE!
Participa no concurso
de declaracións de amor: poemas, cartas, debuxos…
Consulta a
s bases do concurso nos taboleiros das biblioteca sCartas de inverno e A casiña de Chocolate
23/01/2013
Nova versión en banda deseñada de Cartas de inverno
Xa temos na Biblioteca de Secundaria este libro tan coñecido polos nosos alumnos (e seguro que admirado por moitos).
Agora, unha nova versión, en banda deseñada, feita polo ilustrador aresán Antonio Seijas.
Fixádevos na dedicatoria que nos fixo!
E tamén nos dedicou A casiña de chocolate, ilustrada tamén por el, para a Biblioteca de Primaria e Infantil.
As mochilas viaxeiras xa partiron!
10/01/2013
Na Biblioteca de Secundaria botamos de novo a andar as mochilas viaxeiras.
Agardamos para elas unha nova e fermosa viaxe polas vosas casas.
GRAZAS POR RECIBILAS CON ILUSIÓN!
Que regalo no Nadal??
02/12/2012
Por se na túa contorna hai algúns destes "seres" e aínda non sabes que comprarlles.
Exposición na Biblioteca de Secundaria
20/10/2011
Estas semanas temos na Biblioteca unha exposición sobre a Grecia antiga. Seguramente vos traerán as profesoras que a montaron. Se non vos traen podedes vir nos recreos de mércores e venres nos que se fará unha visita guiada.
A Biblioteca sae ao recreo
06/06/2011
O pasado xoves día 26 a Biblioteca de Secundaria saíu ao recreo. Foi unha festa!
Había bastante intriga, e iso que xa o fixeramos o curso pasado!
Este ano houbo unha novidade: un concurso. Entre todos os acertantes sorteouse un premio que gañou Marta Trigo de 2º B. NORABOA, MARTA!!
Hai que felicitar a todo o alumnado pola súa participación na festa (as lambetadas axudaron algo!) e, en especial, aos alumnos e alumnas de 3º de ESO que colaboraron moi activamente na organización e no desenvolvemento da actividade. GRAZAS A TODOS!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com