Saltar navegación.
Inicio

Novas da Biblioteca de Secundaria

Mochilas Viaxeiras

Mochilas viaxeiras

10/02/2011

Estas que vedes aquí son as mochilas viaxeiras da Biblioteca de Secundaria. De feito, xa iniciaron a súa viaxe e andan polas casas dun par de alumnos do centro. Van cheíñas de libros interesantes para toda a familia e ademais recollerán as impresións, opinións e demais ideas de calquera usuario ao que lle apeteza escribir algo.
¡¡BOA VIAXE!!

Novas revistas na Biblioteca de Secundaria

 

14/12/2010

Na Biblioteca temos xa á disposición de todas e todos as novas revistas EL MUNDO DEL CABALLO e o MUY INTERESANTE JUNIOR.

Achégate nun recreo e pregunta por elas!

Novas revistas na Biblioteca de Secundaria

14/10/2010

Na Biblioteca de Secundaria estamos pensando en cambiar algunha das subscricións que temos. Pensamos que unha revista de animais tería moi boa acollida entre todos, pero estamos dubidando entre unha sobre cans e outra sobre cabalos... ti  que pensas? Cal preferirías ti? Vota nesta enquisa e axúdanos a elixir!!

Cal destas dúas revistas preferirías ter na Biblioteca de Secundaria?

Todo perros
47% (18 votos)
El mundo del caballo
53% (20 votos)
Total de votos: 38

A Biblioteca saíu ao recreo

22/06/2010

Seguro que xa sabedes de que falamos. Hai uns días compartimos un recreo diferente e moi agradable coa biblioteca fóra das súas paredes. Agradecemos unha vez máis a colaboración de todo o alumnado nesta actividade.

Agardamos repetir a experiencia o vindeiro curso... pero  OLLO!!

HABERÁ NOVIDADES!!

Alumnas/os colaboradores da Biblioteca de Secundaria

03/06/2010

Este é o noso equipo de alumnos que colaboran na Biblioteca nos recreos. Xa sabedes que podedes consultarlles dúbidas se buscades algo que non atopades, para usar os ordenadores ou para facer suxestións. A todos eles, moitas grazas por participar desinteresadamente nesta actividade!

Música galega na Biblioteca 4

27/05/2009

Dios que te Crew é un grupo de hip-hop de Ordes (A Coruña) formado en 2003 da fusión dos grupos 5Talegos e Ghamberros. Hoxe en día forman un colectivo de grafiteiros, break dance, rap e DJs, e nas súas actuacións en directo é habitual ver grafiteiros pintando no fondo do escenario e actuacións de break dance. De feito o nome da banda é un xogo de palabras xa que Crew en inglés significa “cuadrilla”.

O seu primeiro disco, Xénese, é do 2006 e foi no seu momento o primeiro disco de hip-hop editado integramente en lingua galega. Neste disco destacan temas como “Dios ke te Crew”, “Herdeiros da ditadura” ou “Apagha a tele”. Algúns deles serviron como banda sonora para varias curtametraxes como “Mártires” e “O derradeiro”.

Esperamos que disfrutedes deste hip-hop con mensaxe!!

Música galega na Biblioteca 3

Marful

19/05/2009

Marful é un grupo de música galega formado por Ugía Pedreira, Marcos Teira, Pedro Pascual e Pablo Pascual. Todos eles proceden do mundo da música clásica de do jazz e ademais de en Marful, cada un deles participa tamén en moitos outros proxectos musicais en Galicia.

A súa música está inspirada nos salóns de baile e nos cafés cantantes dos anos 30 e 40, na introdución das primeiras jazz-band en Galicia e na súa fusión coa música folque.

Combinan ritmos americanos e europeos: twist, tangos, habaneras, pasodobres, fox… creando unha música elegante e unhas letras persoais e irónicas.

O seu primeiro disco, que se titula Marful, é do ano 2006 e  actualmente están a traballar no 2º. Hoxe presentámosvos a primeira canción do seu álbum, esperemos que vos guste!

 

Música galega na Biblioteca 2

Ruxe-Ruxe

12/05/2009

Esta semana presentamos a Ruxe-Ruxe, unha das bandas de rock máis importantes de Galicia, formada en Aríns (Compostela) no ano 1996.

Mezclan o rock coa música tradicional galega e unha actitude descaradamente punk. Hoxe en día están considerados como unha das propostas de rock en galego máis serias e con mellor directo. O seu último disco chámase “Xigantes” e está grabado nos estudios de Casa de Tolos coa produción de Segundo Grandío.

Esperamos que vos guste!

E ti que les?

E ti que les?

07/05/2009

Durante uns días contamos cunha interesante exposición de paneis na zona de Secundaria. Trátase dun proxecto nacido na Biblioteca do IES de Sabón (A Coruña) co obxectivo de animarnos á lectura. A idea era que voces coñecidas nos falasen dalgún libro que nos engaiolase. O resultado: 47 persoeiros que pertencen ao mundo da cultura, da comunicación, do deporte e do espectáculo, cederon a súa voz e a súa imaxe desinteresadamente para recomendar un libro ou un autor que os teña emocionado. Con isto, coñeceremos un pouco mellor a estas persoas, a través das súas suxestións e á vez achegarémonos a futuras lecturas apaixonantes.

No reprodutor de YouTube que aparece ao final deste artigo, podes ver a oito dos persoeiros:

  • Xaquín Marín (o debuxante do noso logo!)
  • Yolanda Castaño (escritora e presentadora)
  • Luis Piedrahita (actor)
  • Manuel Pablo (futbolista)
  • Miguel de Lira (actor)
  • Gayoso (presentador)
  • Paco Lodeiro (profesor e presentador)
  • Xurxo Souto (locutor e músico)

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido