Saltar navegación.
Inicio

Novas da Biblioteca de Infantil e Primaria

As últimas actividades do curso no museo do Feal

27/06/2017

Neste vídeo montado por Paula Neira, podedes ver unha mostra das últimas actividades deste curso no museo da Biblioteca de Infantil e Primaria.

Veredes imaxes relacionadas cos seguintes cadros:

  • "Sereas" de Maruja Mallo
  • "O grito" de Edvard Munch
  • "O fillo do home" de Magritte
  • "O bico" de Klimt

Novas no Museo do Feal

Logo

23/03/2017

Durante os meses de marzo e abril o "Museo do Feal" cobra vida, os cadros percorrerán o centro tanto no interior como no fermoso exterior que o rodea.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

Comezamos con Frida Kahlo, pintora surrealista mexicana. Foron moitos os que contribuíron ao desenvolvemento do proxecto, tanto para aumentar os coñecementos sobre esta extraordinaria muller, como con pequenos traballiños ou converténdose durante uns minutos nun dos autorretratos da propia artista. O vídeo que abre este artigo amosa parte dos nosos traballos.

Esta semana estamos traballando o "Fillo do home" de Magritte. Se queredes acompañarnos nesta nova aventura, pasádevos pola Biblioteca de Primaria nos recreos.

Xogando con Arcimboldo

ArcimboldoFai clic para ampliar a foto

26/01/2017

O alumnado da aula de 5 anos de Educación Infantil, quixo participar no Museo do Feal que temos na Biblioteca. Mirade que fermosura de obras de arte inspiradas no Outono de Arcimboldo!!

Arcimboldo

A orixe dos cantos de Nadal

29/12/2016

Dentro das actividades organizadas pola Biblioteca de Infantil e Primaria, o alumnado de 2º de Primaria cóntanos a orixe dos cantos de Nadal, neste vídeo de Eva Pereira.

Nova exposición no Museo do Feal

Museo do Feal - Novembro 2016

Fai clic para ampliar a foto

26/11/2016

Xa podedes botar unha ollada á exposición de novembro no pequeno museo que está organizando a biblioteca de Infantil e Primaria durante este curso.

O museo do Feal

O museo do FealFai clic para ampliar a foto

23/10/2016

O museo do Feal abre as súas portas aproveitando que este ano a temática da Biblioteca de Infantil e Primaria será a arte en xeral. Cada mes, a exposición cambiará con obras novas, e ademais de aprender un pouco máis sobre elas, poderedes convertervos en auténtic@s artistas. Botade unha ollada á exposición do mes de outubro!!

Recomendacións da Biblioteca de Infantil e Primaria para Nadal

Libros para o Nadal 2014

05/12/2014

O Equipo da Biblioteca de Infantil e Primaria fixo unha pequena selección de libros que poderían ser un bo agasallo para este Nadal.

Libros para o Nadal 2014

Chegou a Candeloria! O tempo do amor

Paraugas corazón

Participa no concurso

de declaracións de amor: poemas, cartas, debuxos…

Consulta as bases do concurso nos taboleiros das bibliotecas

Visita de Helga Méndez

Helga Méndez

15/05/2013

Os rapaces de Infantil tiveron unha visita especial este mércores anterior ao Día das Letras. Unha contista chamada Helga Méndez, veciña de Ferrol, achegoulles fragmentos da peza teatral infantil de Roberto Vidal Bolaño titulada Touporroutou da lúa e do sol.

Esta polifácetica actriz que tamén se dedica ao debuxo, a cantar, a dirixir obradoiros de teatro... regresará ao noso centro para compartir os seus contos cos rapaces máis pequenos de Primaria a vindeira semana.

Maquetas de células

01/03/11

A semana pasada tivemos na biblioteca esta vistosa exposición sobre as partes da célula. Estas maquetas foron elaboradas polos alumnos de 1º de ESO en Ciencias Naturais.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido