Saltar navegación.
Inicio

Novas da Biblioteca de Infantil e Primaria

Xornada de portas abertas na Biblioteca de Infantil e Primaria

Portas abertas 2022

19/10/2022

O próximo luns 24 de outubro, entre as 16:00 e as 18:00, as familias están invitadas a visitar a nosa Biblioteca de Infantil e Primaria. Esta xornada de portas abertas, organízase para celebrar o Día das Bibliotecas.

O "Decálogo do lector" feito por 2º B de Primaria

Decálogo do lector 2022Preme para ver o vídeo en genially

19/06/2022

Para rematar as actividades da Biblioteca de Infantil e Primaria por este curso, aquí tedes o simpático Decálogo do lector elaborado polo alumnado de 2º B de Primaria.

Despedida do curso 2021-2022 na Biblioteca de Infantil e Primaria

Gafas RD

26/05/2022

Para despedir o curso na biblio de Paco, organizouse unha xincana con gafas de realidade virtual. Cada grupo "entraba" en diversos libros famosos (Frankenstein, O gato con botas, Hansel e Gretel, Dr. Jekll e Mr. Hyde...), e o alumnado tiña que responder a preguntas relacionadas co que estaba vivindo. Podes ver varias fotos da actividade no álbum "Biblioteca 2022" da nosa Galería.

Gafas RD na biblioteca de Infantil e PrimariaPreme para ver máis fotos

Feira do Libro 2022

Feira do Libro 2022Preme para ver máis fotos

29/04/2022

Os pasados 28 e 29 de abril, o alumnado e o profesorado de Infantil e Primaria organizaron unha fantástica Feira do Libro no noso patio cuberto. Podedes ver algunhas fotos da feira no álbum "Biblioteca 2022" da nosa Galería.

Lerflix

LerflixPreme para ampliar a imaxe

29/03/2022

As cabezas pensantes da nosa Biblioteca de Infantil e Primaria non paran, e despois de inspirarse en YouTube para os seus booktubers, agora apuntan a Netflix e contraatacan co seu Lerflix. Na imaxe, podedes ver a nova cartelería da biblio para facer suxestións.

Día de Rosalía de Castro 2022

Rosalía de CastroPreme para ver a presentación

21/02/2022

Para celebrar o Día de Rosalía (23 de febreiro), o equipo da Biblioteca de Infantil e Primaria preparou unha presentación coa súa biografía, libros dispoñibles no Feal, poemas musicados e incluso xogos interactivos.

Lecturas para o Nadal

Lecturas para o Nadal

12/12/2021

Preme na imaxe para ver as suxestións da Biblioteca de Infantil e Primaria para ler no Nadal.

Premio do Concurso de relatos de medo 2021/2022

Amanda Rodríguez MacíasPreme para ampliar a foto

29/11/2021

Un ano máis, achegamos o traballo premiado no novo concurso de relatos de medo organizado pola Biblioteca de Infantil e Primaria e o Equipo de Dinamización lingüística. A gañadora é Amanda Rodríguez Macías, de 6º C de Primaria, co relato "O bosque encantado". Parabéns!

Inauguración da Biblioteca de Infantil e Primaria para o curso 2021-2022

Biblioteca de Infantil e Primaria 2021Preme para ver unha presentación

08/11/2021

O pasado domingo 24 de outubro, foi o Día das Bibliotecas Escolares. Por este motivo, celebramos a inauguración da biblioteca de Infantil e Primaria para este curso escolar... con contacontos, xincana e escape room!

Día do Libro 2021 no Feal

Feira do Libro 2021Preme para ver máis fotos

28/04/2021

Deixamos algunhas imaxes da nosa Feira do Libro do pasado 23 de abril no álbum "Biblioteca 2021" da nosa Galería, aínda que tamén podedes velas en forma de vídeo.

Seguindo coa nosa celebración do Día do Libro, a mascota da Biblioteca de Infantil e Primaria pedíulle ás nenas e aos nenos que mandasen unha foto "recreando" a portada do seu libro favorito. Neste outro vídeo, podedes ver todas as fotos que recibimos. Grazas a todas as familias pola súa colaboración.

Portadas recreadas 2021Preme para ver máis portadas recreadas

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido