Saltar navegación.
Inicio

Novas da Biblioteca de Infantil e Primaria

Agradecemento ao alumnado de Primaria que colaborou na Biblioteca

Axudantes da Biblio 2018Fai clic para ampliar a foto

15/06/2018

@s axudantes da Biblioteca de Infantil e Primaria recibiron hoxe un diploma e un pequeno agasallo pola súa colaboración ao longo do curso 2017-2018.

Despedímonos do alumnado de 6º e contamos co de 5º para o vindeiro curso. Moitísimas grazas.

O Equipo da Biblioteca

Premios do concurso "Que é para ti o amor"

Premios de PrimariaFai clic para ampliar a foto

13/03/2018

No recreo desta mañá, entregáronse os premios do concurso "Que é para ti o amor", na Biblioteca de Infantil e Primaria.

As gañadoras de Primaria foron as seguintes:

  • 1º e 2º de EP: Noa García Armero (2º A)
  • 3º e 4º de EP: Sara Cagiao Teijeiro (3º A)
  • 5º e 6º de EP: Inés Pereira Couce (6º B)

No caso de Infantil, o premio foi para todo o conxunto, e na foto inferior só aparece unha pequena representación.

Premios de InfantilFai clic para ampliar a foto

 Parabéns!!

Que é para ti o amor?

Corazón de pedras

19/02/2018

Seguro que podes responder a esta pregunta, nonsí? E se ademais o fas dun xeito orixinal, convidámoste a participar no concurso que convocamos desde a Biblioteca de Infantil e Primaria.

Bases:

  1. Recolle a plantilla na Biblioteca (no horario habitual ata o 23 de febreiro).
  2. Escribe o que para ti quere dicir o amor (en xeral, en todos os aspectos). En galego, con boa letra, e sen faltas.
  3. Decórao como ti queiras.
  4. Indica nome, apelidos e grupo por detrás.
  5. Introdúceo na urna que atoparás na mesma Biblioteca.

"Cocorocó" de Raquel Queizás para Infantil

Visita de Raquel Queizás

22/12/2017

O pasado martes os nenos e nenas de Infantil do Feal e Freixeiro riron, cantaron, xogaron e bailaron nunha sesión de contacontos protagonizada por Raquel Queizás na Biblioteca de Secundaria e organizada pola área de Ensino do Concello de Narón.

Podedes ver algunha foto máis nas últimas subidas do álbum "Biblioteca 2017" da nosa Galería.

Premios do concurso de debuxos e historias de medo

Concurso de medo 2017

Fai clic para ver máis fotos

10/11/2017

Aquí tedes a lista (e algunhas fotos) dos premiad@s no primeiro concurso de debuxos e historias de medo que facemos na nosa Biblioteca de Infantil e Primaria.

Debuxos:

  • Lucía Albite López (Infantil 3 anos)
  • Aroa Díaz Padín (Infantil 4 anos)
  • Antón Feal Carneiro (Infantil 5 anos)
  • Pedro Suárez Pazos (1º de Primaria C)
  • Inés González Tojeiro (2º de Primaria A)

Historias:

  • Daniel Santos Lago (3º de Primaria C)
  • Ariadna Martínez Pérez (4º de Primaria B)
  • Alba Souto Durán (5º de Primaria C)
  • Catuxa Corral Mosquera (6º de Primaria A)

Parabéns aos premiad@s e moitas grazas a todo o mundo por participar!

Concurso de medo 2017

Fai clic para ampliar a foto

I Concurso de historias e debuxos de medo

Concurso de MedoFai clic para ampliar a imaxe

26/10/2017

Dende a Biblioteca de Infantil e Primaria, convidámosvos a participar no I Concurso de historias e debuxos de medo. Lembrade que o alumnado de Infantil e o de 1º e 2º de Primaria pode presentar un debuxo, mentres que o de 3º, 4º, 5º e 6º unha historia de medo (acompañada ou non de ilustracións).

Animádevos a participar !!!! Atrevédevos !!!!

As últimas actividades do curso no museo do Feal

27/06/2017

Neste vídeo montado por Paula Neira, podedes ver unha mostra das últimas actividades deste curso no museo da Biblioteca de Infantil e Primaria.

Veredes imaxes relacionadas cos seguintes cadros:

  • "Sereas" de Maruja Mallo
  • "O grito" de Edvard Munch
  • "O fillo do home" de Magritte
  • "O bico" de Klimt

Novas no Museo do Feal

Logo

23/03/2017

Durante os meses de marzo e abril o "Museo do Feal" cobra vida, os cadros percorrerán o centro tanto no interior como no fermoso exterior que o rodea.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

Comezamos con Frida Kahlo, pintora surrealista mexicana. Foron moitos os que contribuíron ao desenvolvemento do proxecto, tanto para aumentar os coñecementos sobre esta extraordinaria muller, como con pequenos traballiños ou converténdose durante uns minutos nun dos autorretratos da propia artista. O vídeo que abre este artigo amosa parte dos nosos traballos.

Esta semana estamos traballando o "Fillo do home" de Magritte. Se queredes acompañarnos nesta nova aventura, pasádevos pola Biblioteca de Primaria nos recreos.

Xogando con Arcimboldo

ArcimboldoFai clic para ampliar a foto

26/01/2017

O alumnado da aula de 5 anos de Educación Infantil, quixo participar no Museo do Feal que temos na Biblioteca. Mirade que fermosura de obras de arte inspiradas no Outono de Arcimboldo!!

Arcimboldo

A orixe dos cantos de Nadal

29/12/2016

Dentro das actividades organizadas pola Biblioteca de Infantil e Primaria, o alumnado de 2º de Primaria cóntanos a orixe dos cantos de Nadal, neste vídeo de Eva Pereira.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido