Saltar navegación.
Inicio

Historia

Claustro 2016

Claustro 2016

03/07/2016

Aquí aparece todo o profesorado e persoal non docente que conseguimos reunir o pasado 23 de xuño. Aproveitamos para informar dun cambio no equipo directivo: Montse Lorenzo releva a María Anca (que cambia de centro) na xefatura de estudos de Secundaria. Moitas grazas e sorte ás dúas, e por suposto en xeral a todo o profesorado que deixa o noso centro.

Despedida da Promoción 2016

20/06/2016

Nunca fixeramos un vídeo de despedida tan viaxeiro: Vigo, Narón, París... Moitas grazas a toda a xente de 4º de ESO que colaborou con paciencia e alegría nas numerosas tomas (tamén ás profes!), e os nosos mellores desexos para a nosa atómica Promoción 2016. Un forte abrazo e que teñades moita sorte nos vosos novos camiños.

Veña, dalle ghas, María!!

Claustro 2015

26/6/2015

30/06/2015

Aquí aparece todo o profesorado e persoal non docente que conseguimos reunir o pasado 26 de xuño. Moita sorte a tod@s @s que deixan o noso centro.

Claustro 2014

Claustro 2014 do Feal

02/07/2014

Aquí aparece todo o profesorado e persoal non docente que conseguimos reunir o pasado 27 de xuño (máis un pequeno e adorable intruso chamado Fabián). Aproveitamos para informar dun cambio no equipo directivo: María Anca releva a Mar González na xefatura de estudos de Secundaria. Moitas grazas e sorte ás dúas e por suposto tamén a tod@s @s que deixan o noso centro.

Moita sorte!

Pura e Rosa

11/01/2014

 

Queridos compañeiros e compañeiras:

Inesquecible para min o día 20 de decembro de 2013. Rosa e mais eu sentimos, máis ca nunca, a vosa proximidade e o voso agarimo.

Despois de ler a modiño o que me escribistes no caderno, e saboreando todas e cada unha das palabras, teño que darvos outra vez as grazas por tantas cousas bonitas que me dicides, chegaron ao meu corazón e gardareinas alí sempre.

Para todos felicidade, saúde e sorte neste novo ano. Tamén para os nenos/as do Feal en especial para aqueles que foron alumnos/as meus, moito éxito nos estudos e sobre todo na vida.

Graciñas!!

Pura Martínez

 

Graciñas por todo o voso apoio e cariño. Por valorarme tanto. Por acompañarme e facerme sentir ben en momentos delicados da miña vida. Por aguantarme tantos anos! Que teñades moita sorte. Levareivos sempre no meu corazón. Biquiños

Rosa Cornide

A cuarta xubilación do ano!

Rosa Cornide 2013

20/09/2013

Despois de Alicia Trobajo, Manolo Corredoira e Pura Martínez, agora chega a cuarta xubilación (anticipada) de 2013 no Feal: a mestra de Infantil Rosa Cornide. A finais de 2012, nun dos nosos vídeos, contábannos os catro que estiveron traballando no Feal desde 1980... toda unha vida! Un forte abrazo para a nosa querida Rosa e queda pendente un xantar cos teus compañeiros!

Xubílome!!

Pura

10/09/2013

E non me xubilo cansada. Despois de corenta anos, podo dicir que a miña vida profesional foi moi gratificante, nela atopei alumnos e alumnas excelentes, entrañables compañeiros e compañeiras e ata os meus mellores amigos e amigas.

O Feal foi o meu primeiro destino definitivo no ano 1980 e trinta e tres anos despois xubílome no mesmo centro. Estase ben aquí! A todos os que quedades anímovos a seguir adiante con ilusión, traballando tan ben como vós sabedes facelo.

Non me gustan as despedidas (son tristes) pero quero darvos as grazas a todos: compañeiros/as, alumnos/as, pais e nais por facer que o meu traballo fose tan doado. Polo voso agarimo, pola vosa amizade por tantos bos momentos compartidos...

GRAZAS!!! 

Pura Martínez

Claustro 2013

Claustro 2013

08/07/2013

Aquí aparece todo o profesorado e persoal non docente que conseguimos reunir o pasado 28 de xuño. Moita sorte a tod@s @s que se van!!

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido