Saltar navegación.
Inicio

Primaria, 1º de Primaria, 2º de Primaria, 3º de Primaria, 4º de Primaria, 5º de Primaria, 6º de Primaria

Tarxeta de Nadal de 6º de Primaria

6º A - 2012

 

23/12/2012

Presentamos a tarxeta audiovisual de Nadal elaborada polo noso compañeiro José Manuel Timiraos, con imaxes do alumnado e profesorado de 6º de Primaria.

Fotos de 4º A de Primaria durante o outono

Aldea Nova 2012

27/12/2012

A nosa compañeira María Manso enviounos fotos de actividades da súa clase (4º A de Primaria) durante o outono de 2012. Podes ver unha selección na nosa Galería:

Pedimos desculpas polo retraso na publicación (ultimamente houbo moito traballo na web). Grazas María!

Magosto 2010

O Magosto

18/11/2010

O pasado 12 de novembro celebramos no colexio o Magosto. A xornada como non podía ser doutra maneira iniciouse comendo castañas. Despois saímos ao patio a facer diferentes xogos populares: carreiras de sacos, lanzamentos de castañas, o pano etc.

Visitas ao Club de Golf Campomar de Narón

Golf 2010

José Manuel Timiraos e Juan Carlos Bedia, 11/06/2010

Hoxe venres 11 de xuño, finalizaron as visitas que @s nos@s alumn@s desde 1º a 5º de primaria, fixeron ao campo de golf do Club Campomar de Narón. Os alumn@s coñeceron os aspectos básicos deste deporte e deron os seus primeiros golpes.

Agradecer desde aquí ao Club Campomar e ao Concello de Narón, a súa invitación, esperando  voltar o vindeiro curso.

Marcha ciclista 2010

Marcha ciclista 2010
Fai clic para ver máis fotos

30/05/2010

O pasado venres 28 de maio, tivo lugar a terceira marcha ciclista organizada polo Concello para o alumnado de entre 3º e 6º de Primaria de Narón. Eva Mª Bouza entregounos varias fotos da saída do Feal.

Visita ao Pazo Libunca

Pazo Libunca

Yaiza Méndez Lago (6º B), 16/04/2010

O venres 9 de abril de 2010, fomos os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria ao Pazo Libunca, máis coñecido coma "Chalet de Cabezas". Alí unha rapaza do Concello explicounos que o Pazo Libunca era unha obra do século XX, construído coma pazo de recreo para unha familia galega, do ano 1920 ao 1922. Foi rehabilitado no ano 2002 para recuperar o estilo orixinal de principios de século.

Para iso conservaron as madeiras, vidrieiras, mármoles e materiales nobles. O pazo está rodeado con árbores de máis de 100 anos. Tamén había un estanque con peixes, aínda que a min o estanque non me gustou moito porque a auga estaba moi sucia.

Aprendendo cousas das abellas en Aldea Nova

Aprendendo cousas das abellas en Aldea Nova
Fai clic para ver máis fotos

26/11/2009

O pasado 19 de novembro, parte do noso alumnado de Primaria visitou Aldea Nova para aprender cousas das abellas. Pódese ver algunha foto máis na Galería, no álbum de "Aldea Nova 2009", que xa tiña outras fotos deste ano.

Esfolla 2009

Esfolla 2009
Fai clic para ver máis fotos

08/11/2009

O pasado 4 de novembro, o Concello de Narón organizou un pequeno obradoiro para que o noso alumnado de Primaria coñecera a esfolla do millo e decorara algunhas mazarocas. Hai máis fotos na Galería.

A Educación Vial continúa no Feal

Educación Viaria
Fai clic para ver máis fotos

08/11/2009

Estes días, a policía local de Narón volveu ao noso centro cos seus minicoches para  ensinar Educación Vial, aproveitando o circuito que se pintou no noso patio cuberto o curso pasado. Tes máis fotos na Galería.

Samaín 2009


Fai clic para ver máis fotos

Alfonso Dopico e Rebeca León, 01/11/2009

O venres 30 de outubro, os alumnos/as do 1º ciclo de Primaria fixeron un taller de cabazas axudados por uns monitores do Concello e os mestres; quedáronlles moi ben e pasarono en grande. Podes ver algunha imaxe máis na Galería.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido