Saltar navegación.
Inicio

Bioloxía e Xeoloxía

Corazón de porco

3º A con Dolores
Fai clic para ver máis fotos

01/06/2010

O alumnado de 3º de ESO pasou polo laboratorio con Mª Dolores Vizoso o pasado 28 de maio para diseccionar un corazón de porco. Parece que actividade causou sensación, moi especialmente entre os amantes do gore, que identificaredes con facilidade nas fotos que nos entregou Verónica Fraga e que subimos ao álbum "Ciencias Naturais 2010".

3º B
Fai clic para ver máis fotos

O capudre

Capudre

 

Ángel Carrera, 17/01/2010

Como sabedes, o calendario 2010 do Feal está dedicado ás árbores galegas e o debuxo de xaneiro, que fixo Lara Castro de 1º de ESO A, é un capudre. Estes días hai moita xente que pregunta que é un capudre; a ver se coa foto de arriba o recoñecedes. En castelán chámase igual e para os amantes do trilingüismo, aclaramos que en inglés chámase "rowan" (pronunciado /'rəʊ.ən/). É moi resistente ao frío polo que pode atoparse en altitudes altas e o seu froito é similar á cereixa (de feito, nalgunhas zonas de Galicia chámanlle "cancereixo"). Hala, xa sabedes algo máis.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido