Saltar navegación.
Inicio

Bioloxía e Xeoloxía

As células do Feal

22/11/2018

O alumnado de 3º da ESO fixo unhas maquetas dalgúns tipos de células humanas, como parte do desenvolvemento do seu traballo na materia de Bioloxía. Podedes velas no vídeo que abre este artigo.

Votacións para o concurso de fotos da Natureza de Secundaria

06/11/2018

Cal destas fotos é a que máis che gusta? Míraas ben e queda co número da foto que prefiras. Despois vota para decidir entre todos cal é a mellor.

Para votar hai que entrar na aula virtual e ir a “Concurso fotos da Natureza”, entrar no sitio da votación, e escoller o número da foto que máis che gustou. O prazo para votar é desde o 7 ao 22 de novembro.

Como alternativa ao vídeo que abre este artigo, as fotos están expostas na entrada do centro. Grazas pola túa colaboración.

Fotos da Natureza 2018

 

Blog de Ciencia

08/10/2018

O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía está a lanzar un blog para traballar co alumnado da ESO. Presentará actividades levadas a cabo polo alumnado, e divulgará novas sobre ciencia, concursos, etc. O seu nome é “Aprendiendo con/ciencia” e o seu enderezo escienciaparatodos.blogspot.com (que queda engadido no bloque "Blogs do Feal" da nosa web oficial). Moitas grazas aos alumnos Noa Filgueira e Mario Mouriz (de 4ª A) pola grande implicación neste proxecto.

Para incentivar a participación, abrimos este blog publicando nel as bases dun concurso de noticias científicas ("A mellor nova de ciencia"):

O concurso será trimestral, de xeito que en cada avaliación escollerase a mellor nova. O concurso consiste en recompilar noticias científicas, resumilas e subilas ao blog. Acompañando este resumo, deben aparecer as seguintes partes:

  1. Título para a noticia
  2. Nome e curso do alumno e materia na que se fixo o traballo
  3. Medios de comunicación dos que se recolle a noticia (xornal, xornal científico ou sitio web)

Anímate e participa.

Concurso “Fotografías da Natureza” curso 2018/19

Praia de Doniños

Praia de Doniños

05/10/2018

Un ano máis, convócase ao alumnado da ESO do Feal a participar no Concurso de fotos da Natureza, cun premio de dúas entradas de cine. Achegamos as bases do concurso.

Ademais da foto vencedora en 2017 (feita por Sara Caro) que abre este artigo, deixamos a continuación algunha máis das que se presentaran o ano pasado:

Acantilados

Acantilados

 

Canóns do río Sil

Canóns do río Sil

 

O bosque

O bosque

Brais e Mario falan pola radio

Brais e MarioFai clic para escoitar a entrevista

05/05/2018

Todos os anos, a profesora de Bioloxía (María Varela) propón aos seus alumnos participar cun proxecto de investigación que se poida presentar a un concurso. Algún ano non se anima ninguén; noutros hai moitos, pero ningún seleccionado a concurso. Este ano presentamos dous proxectos ao concurso de Galiciencia, os dous igual de interesantes, pero só un foi seleccionado, o presentado por Brais Rodeiro e Mario Pereira, de 1º ESO B.

Por tal motivo Mario e Brais, xunto coa súa profesora, foron entrevistados por RadioVoz o mércores 2 de maio. Nesa entrevista, explicaron que foron capaces de producir electricidade con patacas e acender pequenos aparatos como LEDs,  calculadoras e reloxos dixitais. Tamén que se van 3 días a Ourense a presentar ese proxecto, e que se gañan o concurso no que participan, irán a outra feira-concurso a Barcelona, Bilbao ou A Coruña.

Engadimos un enlace a un artigo publicado no Diario de Ferrol do 5/5/2018 sobre o mesmo asunto.

Parabéns a estes novos científicos e sorte no concurso!

Concurso "Ciencia, Mulleres e Entroido"

Día Internacional das Mulleres e Nenas na Ciencia

05/02/2018

Para conmemorar o Día das Mulleres e Nenas na Ciencia, o 11 de febreiro, e posto que ese día é domingo de Entroido, dende o departamento de Bioloxía e Xeoloxía proponse un concurso de fotos e disfraces onde as mulleres de ciencia son as protagonistas. O concurso está dirixido ao alumnado de Secundaria. Aquí tedes as bases e os carteis que vos invitan a participar.

A gañadora do concurso de fotos de natureza

Sara Caro

29/11/2017

Xa temos foto gañadora do concurso de fotos da natureza! É a titulada “Praia de Doniños”, feita pola alumna Sara Caro de 2º de ESO A. Parabéns, Sara!

Grazas a tod@s os alumn@s paraticipantes: Adrián Garrote, Tania Vilela, Raquel Villar, Sara Caro, Antón González, Irene Mas, Mónica Meizoso, Jenifer Fernández, Noa Filgueira, Estefanía Silva, Cristina Camacho e Nerea Muíño. Grazas tamén a todo o alumnado e profesorado que participou na votación.

Os resultados poden verse na aula virtual, no sitio do concurso de fotos. As fotos estarán expostas ata Nadal na entrada do centro, co nome de cada autor/a.

Praia de DoniñosFai clic para ampliar a foto

Vota no noso concurso de fotografía de natureza

14/11/2017

Lembra que podes votar á túa foto de natureza favorita, de entre as presentadas ao noso concurso, na nosa Aula Virtual ata o 22 de novembro.

Concurso de Fotografía da Natureza

A lúa entre nubes

25/10/2017

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía convoca un concurso de Fotografía da Natureza para o alumnado de Secundaria. A participación é a través da nosa Aula Virtual, e o prazo remata o 31 de outubro. O premio para os gañadores/as será de dúas entradas de cine.

Obradoiro de cociñas solares

Verduriñas ao sol

25/10/2017

Estes días de prórroga de verán, o alumnado de 1º de ESO está participando nun obradoiro de cociñas solares organizado polo Concello de Narón (en colaboración co noso departamento de Bioloxía e Xeoloxía). Na foto, podedes ver unhas verduriñas en proceso de cocción.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido