Saltar navegación.
Inicio

Bioloxía e Xeoloxía

Día da Ciencia na Rúa - A Coruña

Día da Ciencia na Rúa 2016

Fai clic para ver máis fotos

09/05/2016

Publicamos algunhas imaxes do pasado sábado en A Coruña: un grupo de alumn@s da ESO (acompañados por María Varela) percorreu as actividades que se organizaron xunto á Casa das Ciencias para celebrar o Día da Ciencia na Rúa. Lembramos que tamén no Feal estamos preparando actividades científicas fóra das aulas para a próxima semana.

Nova visita de Primaria ao noso laboratorio

Laboratorio 201613/01/2016

Continuamos coas xa tradicionais xornadas nas que o noso alumnado de 3º de ESO amosa o laboratorio ao de Primaria. A imaxe corresponde á visita de hoxe de 6º A.

O noso alumnado de Secundaria volve a amosar o noso laboratorio ao de Primaria

3º de ESO

02/06/2015

Esta mañá, un pequeno equipo de 3º de ESO estivo axudando ao noso alumnado de 6º de Primaria a realizar algunhas actividades co microscopio, para que tivesen un primeiro contacto co noso laboratorio.

Os grupos de 6º de Primaria queren expresar aquí o seu agradecemento á profesora María Varela e aos seus alumnos/as.

Laboratorio do Feal

De paso, aproveitamos para publicar unha simpática imaxe de parte deste equipo da ESO que recollemos hai uns días:

28 de maio de 2015

Cousas de 3º B

4º de ESO traballando coa estrutura do ADN no noso laboratorio

30/06/2015

Primeiro dos catro retos da OlimpiADN: un proxecto destinado a mellorar o coñecemento da estrutura, funcionamento e aplicacións do ADN, organizado por educaBarrié, a iniciativa educativa da Fundación Barrié.

O noso alumnado da ESO amosa o laboratorio ao de Primaria

Laboratorio 2014Fai clic para ver máis fotos

18/12/2014

Durante esta mañá, varios grupos de Primaria estiveron realizando actividades no noso laboratorio co apoio dun grupo de alumn@s de 2º e  3º de ESO. Nas imaxes da nosa galería, podedes ver a disección de chipiróns e a súa observación co microscopio.

Exposición e charla sobre cogomelos

Charla de Luís CubaFai clic para ver máis fotos

11/11/2014

O alumnado de 6º de Primaria e o de 1º de ESO puido ampliar os seus coñecementos sobre os cogomelos máis habituais na nosa comarca. Para iso contamos coa presenza de Luís Cuba, un micólogo autodidacta que compartiu unhas horiñas connosco.

Tamén preparou unha interesante exposición cos diversos exemplares que xuntou. Os distintos grupos que non puideron estar nas charlas, poden visitala na compaña do profesorado de Ciencias ou dos respectivos titores e titoras antes de que esmorezan.

Charla de Luís CubaFai clic para ver máis fotos

Agora si: chegou o outono!

Cogomelos do Feal 2013

Fai clic para ver mellor os cogomelos do Feal

22/10/2013

O outono déixanos estas sorpresas espalladas polos recunchos do patio do Feal.

Un corzo no Feal

Versión en HD: http://youtu.be/qk4mB0zxazQ?hd=1

02/05/2013

Algúns de vós talvez lembredes a visita ao Feal dun buxato hai xa uns anos. Hoxe tivemos outro visitante especial: un corzo. Despois do alboroto que provocou a primeira hora (durante a entrada), o corzo estivo un tempo moi nervioso tratando de saír do recinto e feríndose nos numerosos choques contra o valado. Membros de Protección Civil e da Policía Local de Narón abriron unha saída neste valado, e finalmente conseguiron que abandonase o noso centro. Esperamos que a estas horas xa estea máis tranquilo e recuperándose das feridas.

A horta do Feal

A horta do FealFai clic para ver máis fotos

01/03/2013

Hoxe recibimos algunhas fotos da nova horta do Feal (fóra do invernadoiro). Nelas, vese como traballa duramente o alumnado de 4º de Diversificación, e tamén as profesoras Marisa Agulló e María José Campos. Grazas á nosa alumna Natalia Docurro polas fotos! Seguiremos con atención a evolución desta horta.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido