Saltar navegación.
Inicio
Narón (A Coruña)

Turismo

De turismo polas Rías Baixas

Montse Lorenzo, 27/11/2008 

Esta fin de semana descubrín un hotel rural con moito encanto que me gustaría recomendarvos. Está situado en Meaño,  na comarca do Salnés-Rias Baixas. É un hotel pequerrecho (só ten catorce habitacións), moi acolledor, cunha decoración que mistura o rústico e o moderno, moi lograda. Chámase Cova de Areas e dispón tamén dunha piscina interior de hidromasaxe e tratamentos de SPA.

O persoal é do máis atento e a relación calidade-prezo é bastante boa tendo en conta que todos os hoteis que están próximos a Sanxenxo son carísimos. Ademais, conta coa vantaxe de que está cerca da costa e á vez nunha paraxe natural estupenda, posto que  a pé de hotel atópase a chamada "ruta dos muíños", unha ruta de senderismo curtiña que se fai moi ben con nenos. Son muíños de auga, algúns deles restaurados, que se atopan bordeando o río da Chanca.

No pobo de Meaño hai algúns sitios moi bos para comer ou cear como a Taberna Rural (nun antigo pazo restaurado) e, sobre todo, a Taberna de Cancela, cunhas táboas de embutidos boísimas, e moito ambiente as noites dos venres e sábados. Para xantar hai un sitio tamén moi bo, pero non en Meaño senón en Cambados, que se chama O Tropezón e é moi coñecido pola sá pescada á galega, exquisita e moi ben de prezo. O sitio é moi modesto, case "cutre" pero limpo, e ten moitísima xente, tanta que as fins de semana, normalmente hai que esperar para coller mesa. Eu, dende que o descubrín, se me achego a esa zona fago parada obrigada e non me vou sen probar a pescada do Tropezón, que xa  temos institucionalizada no meu grupo de amigos.

Se vos achegades nalgunha ocasión a Cova de Areas xa me comentaredes qué vos pareceu. Eu a única pega que lle atopei foi o cátering do almorzo que vai incluído no prezo da habitación, que aínda que está ben, podería ter maior variedade e algún produto típico da gastronomía local. 

Aquí tendes unha foto do hotel, aínda que o realmente encantador é o interior  e o entorno natural no que se ubica.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.es
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido