Saltar navegación.
Inicio

O pop dos 00

 

Ángel Carrera, 25/02/2010

Nalgún momento do século XX, alguén decidiu que a música ía por décadas. Os sesenta, os oitenta...  todo ía ben ata que chegou a primeira década do século XXI... os 00?, os 2000?, non hai un nome en condicións. Tampouco tivo moita personalidade. Parece que xa está case todo inventado no pop e cada vez é máis difícil que xurdan novos subxéneros. Aínda así, entre 2000 e 2009 non faltou a boa música. Non pretendo facer aquí un resumo da década, porque a produción foi infinita e para gustos hai cores, pero polo menos deixo unha pequena lista de cancións dalgúns artistas que eu destacaría no pop do inicio de século que eu coñezo. Hainas ruidosas, suaviñas, descoñecidas, populares... un pouco de todo.

Pódense ver 16 vídeos encadeados no reproductor de YouTube (despois de arrancalo, aparecen miniaturas con enlaces directos a todos os vídeos) e as suás correspondentes explicacións a continuación...

  • Olsen Olsen (Sigur Rós): Será posible que unha década máis, a música máis especial que escoitei viñera de Islandia? Nos 90 foi Björk e agora Sigur Rós. Esta actuación está nun DVD chamado "Heima" que percorre diversos recunchos de Islandia e que non ten prezo. Abstéñanse os/as que non soporten as voces demasiado agudas.
  • Yellow (Coldplay): A súa carreira foi sempre en ascenso e finalmente chegaron a ser o grupo máis popular do planeta nos 00. Eu quédome coa canción coa que se deron a coñecer en 2000.
  • Love is a losing game (Amy Winehouse): A pobre Amy ía para estrela total, pero as sustancias tóxicas acabaron coa súa carreira.
  • So here you are (Bloc Party): Un grupo con moi boas intencións que aínda pode dar máis de si nos próximos anos.
  • Take me out (Franz Ferdinand): Rock escocés para a pista de baile.
  • De haberlo sabido (Quique González):  Primeiro deixounos Enrique Urquijo e despois Antonio Vega, pero chegou Quique González. Nesta actuación, está acompañado por unha voz extraordinaria: a de Rebeca Jiménez.
  • Valiente (Vetusta Morla): Só gravaron un álbum en toda a década, pero está cheo de boas cancións. Diso se trata.
  • Colegio vacío (Fon Román): Foi unha mágoa que o grupo vigués Los Piratas desaparecera a principios da década, pero algúns dos seus membros seguiron facendo discos excelentes. No caso de Fon Román, non tivo o recoñecemento que merecía.
  • Corrientes circulares en el tiempo (Los Planetas): Os discos e os concertos de Los Planetas caracterízanse por ser irregulares, supoñemos que algo terá que ver a mala vida, pero sen eles non se pode entender o pop español independente da última década.
  • Rincón exquisito (Second): Aínda non están maduros, pero prometen para os próximos anos. O seu último álbum foi producido por un ferrolán fundamental no pop español desta década: Carlos Jean.
  • Te necesito (Amaral): Na miña opinión, cos anos perderon interese, pero non se lles pode negar a súa autenticidade, a súa calidade interpretativa e o título do grupo español máis popular da década en cuestión.
  • Say it right (Nelly Furtado): Toda a carreira desta luso-canadiense é interesante, aínda que o álbum cun sonido máis espectacular e con máis repercusión foi o de 2006.
  • You only live once (The Strokes): Algúns dos membros deste recoñecido grupo neoiorquino teñen ascendencia española.
  • Seven nation army (The White Stripes): Rock de toda a vida, pero con actitude e personalidade. Teñen varios vídeos fantásticos.
  • Pounding (Doves): Non tiveron tanto éxito coma Coldplay, tal vez por non ter tanta "imaxe", pero eu prefíroos.
  • Somewhere only we know (Keane): Nos seus dous primeiros álbumes parecían unha fonte inagotable de melodías. Agora están un pouco perdidos.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com