Skip to Content

Ciencias da Natureza

mes da ciencia

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

Vemos peixes na peixería, no prato, no mar e no río, nos acuario, nas páxinas dos libros, en internet... Pero poucas veces temos a oportunidade de coñecer de preto a súa anatomía. Hoxe na clase de CCNN de 6º de primaria descubrimos con todo detalle unha dourada. 

A dourada é un peixe con esqueleto interno formado por óso, pertence ao grupo de peixes óseos.

En 6º traballamos estes contidos e hoxe ímolos reforzar diseccionando un peixe. 

A Dourada é prateada pero ten unha unha franxa dourada na parte superior dos ollos, de aí o nome.

 Fotos: Aitana F.

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

A AVESPA AUTÓCTONA

wikipedia

As avespas son, posiblemente, un dos insectos máis temidos polos seus zunidos furiosos e polas picaduras que nos dán cando se sinten ameazadas. Imos coñecelas mellor para ter unha idea máis real da importancia destes insectos que poden vivir de xeito solitario ou en sociedades. 

  • Constrúen os niños mastigando fibras de madeira que mesturadas coa saliva converten nunha pasta de celulosa, como o papel maché.

  • As avespas poden picar repetidas veces. Só as femias teñen aguillón, que son en realidade órganos de ovulación modificados. 
  • Xogan un papel importantísimo como controladoras de plagas, son un insecticida ecolóxico, sobre todo para protexer os cultivos.
  • Poden cazar durante o voo ou en reposo.
  • Son un elemento esencial na cadea alimentaria do ecosistema, xa que serven de alimento a outras especies e son polinizadoras.

A AVESPA ASIÁTICA

A avespa asiática, é unha das especies máis invasoras do mundo, chegou a España no 2010 e estase a converter nunha plaga que supón unha ameaza para a biodiversidade, a saúde e a apicultura. 

 niño velutinaNIÑO DE AVESPA ASIÁTICA NO CEIP VISTAHERMOSA

O venres, Aitana trouxo un niño retirado da zona do Seminario en moi bo estado. Puidemos ver o traballo de enxeñería destes insectos, á vez que descubriamos información relevante sobre esta especie invasora.

Buscamos información na internet, elaboramos unha ficha con datos relevantes e realizamos traballos de investigación sobre este insecto: características físicas, reprodución, dieta, perigosidade, depredadores...

Traballos presentados polo alumnado de 6º EP:

niño de velutina

Fontes consultadas

https://www.nationalgeographic.es/animales/avispas

mes da cienciaNOVEMBRO, MES DA CIENCIA

Na clase de 5º estudamos a clasificación de seres vivos en 5 reinos. Observamos seres unicelulares que viven nunha gota de auga encharcada protozoos e algas.

E Tamén os fungos, vivimos rodeados de fungos, seres vivos descompoñedores. Usámolos na fabricación de alimentos, como alimento, na preparación de antibióticos. Hainos parasitos, velenosos ou que provocan enfermidades ou destrución de colleitas.

Ante tanta variedade fixémonos unha idea da importancia dos fungos nas nosas vidas e na biosfera e o alumnado trouxo á clase mofos, liques... para observalos.

Delia R. sorprendeunos co seu mofo. Trouxo queixo azul, un alimento que está feito cun tipo de fungo. Moitos rapaces non o coñecían nin o uliran e varios non o probaran nunca.

Despois de asegurarnos que non había alerxias alimentarias, fixemos unha cata de queixo. Puxemos todos os nosos sentidos a proba. Non todos quixeron probar, pero si cheirar e ver a cor e a textura. As  fotos mostran o éxito da experiencia...

Delia trouxo tamén unhas rebandas de pan para facer uns pinchiños ben saborosos.cata de queixo azul

Investigamos e descubrimos que o queixo azul faise grazas ao mofo Penicillium roqueforti que pertence a unha variedade de mofo, do que se obtén o antibiótico penicilina. 

A diferenza doutros mofos este non é perigoso para o ser humano, a industria alimentaria emprégao dende hai varios séculos para producir queixos azuis, sendo o responsable da súa cor, olor e sabor. 

hora de lerO mércores, mentres liamos a prensa na hora de ler, chamounos a atención a noticia da morte do pintor lucense Alfredo Labajjo Grandío, "O Picasso Galego"

 

Tras ler este tráxico suceso, xurdiunos o  interese por saber como actuar ante un desvaecemento ou ante a perda do pulso cardíaco. Pica na imaxe Guiño

Que facer cando alguén sofre un desmaioA aplicación dunha RCP pode salvarlle a vida a unha persoa que sufriu unha parada cardio respiratoria.

 Aproveitamos para Facer UN PASEO POLA OBRA DO PINTOR Labajjo Grandío (publicado por José María Carricoba)

Actividade do "Proxecto de pintura" programado no Plan Lector

Durante a semana do 23 ao 27 de setembro levaremos a cabo unha mobilización polo Clima. 

"A mocidade polo clima espertou, e chama ás nosas portas para que nos unamos a este movemento imparable que vai cambiar a historia"
Só xuntos poderemos dar solución á actual e dramática crise climática. 
Accións previstas 
Horas de ler da semana: Libros de temática ambiental, sostible, ... lectura imprescindible para entender o mundo no que vivimos.

LUNS 23/09 – “UN MINUTO DE SILENCIO POLA TERRA”

MARTES 24/09“VESTIR CON ALGUNHA PRENDA DE COR VERDE” A cor verde representa a cor da esperanza para poder afrontar o futuro e conseguir que a situación cambie.

MÉRCORES 25/09 – “VIDEO-FORUM":

E.Infantil: cadernoverde.gal

OxfamIntermón: Sete impactantes vídeos sobre medio ambiente

Antes Que Sexa Tarde (Before The Flood) | Documental

COWspiracy o segredo da sostibilidade

Greenpeace.org: Así foi a loita polo medio ambiente no 2018

Para ler: https://es.greenpeace.org/es/noticias/asi-ha-sido-la-lucha-por-el-medio-ambiente-en-2018/

XOVES 26/09 – “CARTACES POLO CLIMA” Imos plasmar as nosas propostas para coidar o Planeta. Reusade cartóns reciclados para reducir o consumo de papel.

VENRES 27/09 -  “PARÓN NO RECREO COS CARTACES” cos que amosaremos a nosa preocupación polo Planeta e cantaremos a canción: Canta polo clima en Inglés e en galego

Música - CD Operación can (Tedes o cd na aula de música)  proxecto musical da UPAFGA para concienciar da necesidade de coidar o entorno e o medio ambiente. 

E o 27 de setembro podes sumarte  á mobilización participando na Manifestación Mundial polo clima. En Ourenes, será na Praza Maior ás 20.00 h.

 http://amigosdaterra.net/info/160415_adt/2019/09/20/folga-mundial-polo-clima-27s/

Plataformas convocantes: Movemento galego polo Clima, Mestras polo futuro, Amigos da terra, Fridays for future, Greenpeace...

Aprender facendo

Tras rematar a unidade didáctica da Electricidade e aprender uns conceptos básicos sobre carga eléctrica e  corrente eléctrica, compoñentes dun circuíto e os tipos de materiais condutores/illantes, propúxenlle aos rapaces e rapazas de 5º EP que aplicasen estes coñecementos para montar cadanseu circuíto eléctrico.

Levounos dúas sesións de 25 minutos. Na primeira só un grupo conseguiu que a corrente circulase polo circuíto e acendese a lámpada.

Na segunda sesión comezamos de cero, repasamos o procedemento, e en cada grupo, repartíronse as tarefas. Pelar cables non lles resultou doado ao principio, pero o máis difícil era facer as conexións da lámpada.

circuito electrico

Esforzáronse, compartiron coñecementos e decidiron entre eles como encarar o reto. E superárono con éxito! Un equipo conseguiu unha conexión en serie de 3 lámpadas.

Observación, estudo e clasificación de invertebrados

bibliotecas mes cienciaOBXECTIVO: identificar e clasificar os principais grupos de invertebrados baseándonos nas súas características morfoloxicas. Para iso fixámonos...
  • Como é o seu corpo: distínguense tronco e extremidades ou masa visceral, pé, cunchas.
  • O Nº de patas que teñen
  • Na presenza de ás, como son
  • Se teñen antenas,  palpos
  • Ollos compostos, simples
  • Diferentes tipos de aparato bucal: mastigador, picador chupador, chupador con trompa...
Material necesario:

bichos

Coleccion de invertebrados

Agulla, pinzasLupas binoculares

Algún invertebrado que traian os alumnos/as (moscas, avespas, escornabois, escarabellos, caracois...)

As observación irán compañadas con debuxos dos invertebrados observados

Nivel educativo: 6º EP

Xa para rematar deseñamos estas preguntas tipo test sobre OS INVERTEBRADOS. Reflexionando e organizando todo o aprendido os alumnos/as formulan as preguntas para comprobar se logramos o noso propósito de aprendizaxe. Os rapaces volven sobre o percorrido e recapitulan sobre o que aprenderon e sobre o que lles falta por aprender.

mes da ciencia"Observar é máis que mirar e ver"

O ovo é un alimento saudable e nutritivo que forma parte da nosa dieta.

Para saber máis:

1º-  Examinamos o seu envase e comprobamos a data de caducidade e o valor nutritivo do alimento.

2º- Cascamos o ovo e describimos a xema e a clara.

3º- Cocemos ovos, quitámoslle a casca e recoñecemos a súa membrana exterior e a cámara de aire.

 4º- Disfrutamos dunha degustación de ovos cocidos.

5º- Fixemos fotos, vídeos e documentamos todo o proceso:

PRACTICA...

Que lle pasa ao ovo cando o somerxes no vinagre?

Introduce un ovo nun tarro con vinagre e vai anotando o que observas

Día 1- Ao somerxer o ovo en vinagre, ten lugar unha reacción química. O vinagre que é un ácido (ácido acético) reacciona coa casca que está composta por carbono e calcio (carbonato cálcico.) O ácido disolve a casca e nese proceso libera dióxido de carbono que son as burbullas que rodean o ovo. O olor que desprende é un tanto desagradable, polo que é unha boa idea ter o tarro tapado.

Día 3- Unha vez “destruída” a casca, verás a membrana que o envolve. Esta, permite a entrada do vinagre no interior do ovo e por iso dicimos que  o ovo engordou (aumentou de tamaño). O vinagre que entra reacciona coa clara, dándolle unha consistencia gomosa, agora o ovo ten aspecto de pelota saltarina. Ollo que pode romper!

 

COMO  FUNCIONA  A  LINGUA   DAS   RAS?

Os anfibios teñen un xeito moi orixinal de atrapar ás súas presas. Ciencia plus: "Unha saliva reversible é a arma secreta das ras"

 

-> A lingua das ras  é suave, elástica e flexible.

-> Cando a lingua impacta contra o insecto, a saliva compórtase coma a auga e empápao. 

-> Pero cando a ra tira da lingua cara atrás, a saliva vólvese un fluído viscoso e denso (fluído non-newtoniano), que inmobiliza ao insecto.

-> Cando a lingua volve a entrar na boca  reláxase, e  a saliva volve a ser un fluído acuoso.

EXPLICACIÓN CIENTÍFICA: Líquidos que ás veces se comportan coma sólidos: 

OS FLUÍDOS NON-NEWTONIANOS

No século XVIII Isaac Newton identificou as propiedades dos fluídos: viscosidade, densidade e fluidez que diferencian unhas substancias doutras. A auga e o aire,  por exemplo  teñen unhas propiedades que os identifican e dise que son fluídos newtonianos. Pola contra, a saliva da ra é un fluído non-newtoniano porque as súas propiedades non son constantes, a viscosidade depende da presión.

QUERES COMPROBAR COMO SE COMPORTA UN FLUÍDO NON NEWTONIANO?

Imos a mesturar auga con maicena

Necesitarás:  

Auga e fariña de millo ou maicena, unha relación aprox. dunha parte de auga por 2 de fariña.

Bota 1º a fariña nun bol e vai engadindo a auga, á vez que remexes coas mans.A substancia obtida é un fluído non - newtoniano, que actúa coma un líquido espeso cando está en repouso, pero se o golpeamos vólvese duro cun comportamento similar á saliva da ra, no momento de tirar da lingua cara a boca, inmobiliza á súa presa quedando atrapada.

CIENCIA CON SABOR!
Novembro, mes da ciencia en galego
Obxectivo: Desterrar a información errónea do mapa de sabores. O mapa da lingua ou mapasabores gustativo, que afirma que cada unha das distintas seccións da lingua só detecta un tipo de sabor (doces, salgados, acedos, amargos e umami*) é inexacta.
Temos receptores do sabor na lingua, no padal e na garganta.  As sensacións gustativas proveñen de todas as rexións da lingua, aínda que unhas zonas son máis sensibles a determinados sabores que outras.
 
*O Umami (delicioso en xaponés) considérase o quinto sabor básico. É un sabor como á carne xugosa, tomate maduro, setas...
  
OBSERVACIÓN DAS PAPILAS GUSTATIVAS. En busca de supercatadores.  
 
MATERIAL
- Colorante alimentario azul    
- Papel de cociña
- Algodón
- Lanterna
- Espello
- lupa
PROCEDEMENTO    
1. Bota unhas gotas de colorante azul no algodón e pinta a lingua de xeito uniforme           
2. Pide a un compañeiro/a que ilumine lingua cunha lanterna, un móbil... verás vultiños de cor rosa, sobresaíndo do fondo azul. 
Cada un deses vultiños é unha papila gustativa que contén células receptoras do gusto.
observación papilaspapilas
 
EXPLICACIÓN CIENTÍFICA:
 
QUE SUCEDE?
 
1- Cando comes, o alimento triturado mestúrase coa saliva (bolo alimentario) e entra en contacto coas papilas gustativas
2- Estas envían sinais nerviosos polo nervio gustativo ata o cerebro que che di se estás comendo algo saboroso ou non.

papilas

 
 
 
 
 
 
P.E. As papilas fungiformes, son sensibles ao sabor amargo. Se tes moitas destas papilas serás moi sensible a este sabor.
 
1º Experimentos de ciencias- Patricia Barciela. Museo Domus (A Coruña)
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut