Durante a semana de Entroido, estivemos percorrendo a provincia cos escornabots e cos personaxes típicos de cada vila.
Co libro guía "Os Bolechas, o Entroido ourensán 2021" e con este xogo aprendemos a recoñecer cada máscara, traxe e tradición á vez que mantemos vivo o espírito desta entrañable festa nestas datas tan excepcionais.
Material para xogar: un taboleiro co mapa de ourense, máscaras, escornabots e o libro dos Bolechas.
Moitas emocións no último día de cole antes das vacacións de Nadal: premios do concurso de postais, visita e agasallo de Papá Noel e espectáculo sorpresa.
Moitas grazas á ANPA, ao xurado e a todas as persoas que fixeron posible esta xornada tan especial.