Skip to Content

Festas tradicionais

Grazas a todas e a todos por facer posible que celebremos a Festa dos Maios 

Izan, Helena, Lía con seus pais fixeron este Maio Artístico con forma de carro

Iago de 4º canta as súas coplas con moito xeito. 

Coplas de Uxía  e Xiana xa queda menos para saír ao parque:  kisspng-youtube-play-button-computer-icons-clip-art-free-windows-clipart-5aad6f38421982.1769150715213156402708.jpg 

Velaquí o Maio e as Coplas de Kaili  de 4º

maio de Kaili

O Maio, poema de Manuel Curros Enríquez cantado polo profe Alonso : "Aí vén o maio de frores cuberto ... Puxéronse á porta cantándome os nenos; i os puchos furados pra min estendendo, pedíronme crocas dos meus castiñeiros..."

Álvaro de 2º  cántanos as novidades deste curso2Q== 

copla Álvaro

 

Aitor de 6º deséxanos uns Felices Maios

Coplas de Luís de 5º que se ve que ten moitas ganas de saír

Uxía e Aldara de 6º escribiron as súas coplas reuníndose por vídeochamada

play botón

 

Coplas de Sofía de 3º que xa queda menos 

 

Coplas de Lúa de 4º 

Coplas de Hugo de 4º, Emma de 1º 

oplas de  Candela de 6º

Coplas de Aroa de 1º 

Coplas de Vítor 5º

Este debuxo do maio e as Coplas son de Candela 3º

Este Maio artístico a base de pirixel e bonecos de play móbil  é obra de Adriel  de 4º e seu pai. 

Actividade proposta dende a Aula Virtual Música e LG:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/aulavirtual/course/view.php?id=23#section-2

https://cantademeunmaio.wordpress.com/maios2020/ceip-vistafermosa/

 

Este ano o tema do Entroido foi a pintura. Cada clase escolleu un pintor ou pintora, un estilo artístico ou un cadro para lucir o venres no desfile.

Ed Infantil-  César Prada e as súas Lupitas

1º EP - Sopa Campbell de Andy Warhol

2º EP- Pintoras e pintores

3º EP- Frida Kahlo

4º EP- Fantasía de Matisse

5º EP- Pop Art

6º EP- Carnaval no museo

As Lupitas de César Prada

    

Máis fotos na Galería

"Mamma mía" é unha canción da década dos 70 do grupo ABBA.

Esta é unha versión moi molona para estas datas de Nadal.

Cantan e bailan as alumnas e alumnos de 6º EP do CEIP Vistahermosa de Ourense.

Letra: Mamma mía

As rapazas e rapaces de 5º de EP botan un baile no festival de Nadal do cole. Primeiro bailan O Esparabán que é un baile agarrado e de seguido bailan A Carballesa, unha variante máis viva da muiñeira.

Un paseo pola música de galicia

O 20 de decembro celebramos o fin do trimestre cun feiticeiro festival de Nadal: Contos e cantos, danzas, teatro e moito máis. Na seguinte presentación podedes ver unha selección de imaxes entrañables.

Gracias por celebrar con nós e Feliz Aninovo!

Galería de fotos

Invitámosvos ao Festival de Nadal que terá lugar o próximo venres día 20 de decembro ás 11 da mañá.
 
Música, baile, teatro... emoción, ilusión e moitas ganas de facelo ben e sorprendervos. Gustaríanos que compartísedes con todos nós esta celebración, o programa é o seguinte: 
 
Educación Infantildesexos de nadal
3 anos: MasterClass para inaugurar o Nadal
4 anos: "Corre, corre cabaciña"
5 anos: "A cebra Camila"
Educación Primaria
1º e 2º: "Buscando unha estrela" do disco    "O Quiquiriqui"
"Romance das noitiñas de Nadal"
3º: A Bailar! Jingle Bells.
Carta aos Reis Magos.
Panxoliña: "O meu caraveliño"
4º: No teatro, "Unha consulta accidentada"
5º: Panxoliña instrumental: O tamborileiro.
6º: The First Noel.
                 

Xa está aquí a mellor festa do ano, O MAGOSTO. Compartir,  Xogar, comer castañas e bailar.

Galería de fotos

disfraces roald dahlFoi unha semana de celebración. De luns a xoves cumprimos cos mandados do meco. Como este ano estamos traballando no centro o proxecto documental integrado "Viaxamos ás Illas Británicas", todas as ordes ían dirixidas a converternos en verdadeiros/as turistas e viaxeiros/as do mundo.

O venres, 1 de marzo, celebramos desfile e baile de disfraces. Cada clase escolleu un conto e/ou novela da literatura inglesa ou personaxes británicos con relevancia na historia.

Personaxes de contos como Peter PanO Grúfalo, As viaxes de Gulliver, Robinson Crusoe, personaxes das novelas de Roald Dahl, Alicia no País das Marabillas, A Illa do Tesouro, Mary Poppins... Incluso houbo un grupo de rapaces e rapazas que inspirados trala lectura do libro de Iria Misa, "Mamá quero ser Ziggy Stardust", se decantaron por este personaxe creado por David Bowie.

Seguide disfrutando do Entroido! Guiño

Galería de imaxes

 

O MECO VIAXA A... 

O noso meco anda de turista

e o ancho mundo visita.

Di que para non desentoar,

 o luns aparezas

                             con algo vistoso na cabeza.

Na súa viaxe disparatada,

o martes o meco manda:

Engade á túa vestimenta

unha nova prenda.

Ups! Pode que a talla

non sexa a axeitada.

 

Viaxar é estresante

e o meco vai moi extravagante.

O mércores co despiste,

o meco confundiuse…

De toda a roupa que tes,

pon unha prenda do revés.

 

 

A viaxe case remata,

o xoves, a ver como vés,

pon algo raro nos pés.

E xa, se queres sorprender

gafas, bolso ou cámara podes traer.

Non hai máis que dicir,

coma un verdadeiro turista vas lucir!

Así rapearon os mandados as rapazas e rapaces de 4º

rapeando os mandados

 

Grazas por compartir con nós esta celebración, o seguinte vídeo recolle distintos momentos das actuacións:
EI- Representaron o conto “Un agasallo diferente”,  cantaron a panxoliña “O Nadal e o Boneco” e “Snowflake”.
1º- Seráns de baile tradicional: “Auga leva o regadinho” (danza portuguesa) e a canción xogo en inglés: Hocky Pocky
2º- Bailaron e cantaron a  panxoliña “Polo nadal turrón e mazapán!!”
3º- Cantan,  acompañan con lingua de signos e bailan a panxoliña “O pelo roxiño” 
4º- Interpretan con instrumentos de lámina “Jingle Bells” e bailan un "Twist de Nadal"
6º- Interpretan a canción tradicional Irlandesa “I saw three ships” coa frauta e versionan a canción “Ob La Di Ob La Da” dos Beatles
 
Distribuir contido


by Dr. Radut