Skip to Content

Educación en valores

Nós salvaremos o planeta

Manifestación contra o Cambio Climático

#27S Mobilización de toda a escola polo Clima: Parón no recreo cos cartaces.

Con estas mensaxes o alumnado manifesta a súa preocupación pola saúde do planeta e reclama cambios para que a situación mellore: "Di NON ao plástico dun só uso", "Sen árbores non hai vida",  "Agora tócache a ti. CÓIDAA!, "Non malgastes auga", "Salvemos o planeta antes de que sexa tarde" ...

mobilización clima

Tamén en http://asombradoerbedo.blogspot.com/

Palabras que abrazan a paz

Celebramos o día Escolar da Paz e da Non Violencia con orixinais e divertidas actividades que fomos desenvolvendo ao longo destas semanas.

- Deseño e elaboración colaborativa dun mural con palabras máxicas para decorar o centro.

mural paz

- Movamos o mundo. Inspirámonos nunha das cancións máis coñecidas de Queen, "We will rock you", para reescribir o noso himno pacifista e interprétamolo ao unísono todo o centro (Proxecto viaxamos ás Illas Británicas)

- Decoramos os chanzos das escaleiras cos versos do poema "O Reino" do libro "Longa noite de pedra" de Celso Emilio Ferreiro .

Palabras máxicas para abrazar a paz by Slidely Photo Gallery

- Recibimos mensaxes en botellas mentres cantabamos "Message in a bottle" The Police.

- Regalamos lecturas: contos, cantigas e poemas  que levaron ás clases mensaxes de paz, de respecto aos dereitos humanos, de tolerancia, colaboración e convivencia. 

 Para ler máis visita o blog da biblio: A sombra do érbedo

Receita do benquerer

#25N Día contra a violencia de xénero.

Rapazas e rapaces de 1º de EP preparan esta receita do botrato con amor. Recoméndase tomala varias veces ao día e en boa compañía.

Bo proveito!

#25N Día internacional contra a violencia de xénero

ceip vistahermosa contra a violencia

O centro tinguiuse de negro en contra da violencia: cantamos, lemos poemas, haikus, rapeamos e ata creamos unha receita do benquerer a favor da igualdade, da liberdade e en contra dos estereotipos e de calquera tipo de violencia. Entre actuación e actuación cantamos en galego e con lingua de signos o retrouso da canción "A porta violeta" de Rozalén.

O acto rematou coa lectura do poema "Fortuna" de Ida Vitale  (premio Cervantes 2018)

debuxa unha porta violeta

Poema 6º EP - "En negro contra a violencia"

Rap 5º EP - Batallando contra os estereotipos

Dentro dos actos conmemorativos do 25N, expuxemos os carteis elaborados polas alumnas/os de 5º EP coa temática: Batallando contra os estereotipos

 Agradecer as achegas de :

- Jose Bailón, profe de AL, que nos ensinou a signar o retrouso da canción

- Belén Forneiro, encargada do comedor, que realizou o cartel contra a violencia

Mulleres

Mulleres brillantes

Mural con biografías e retratos dalgunhas mulleres que teñen e/ou tiveron un papel relevante nas artes, na ciencia, nos medios, no deporte...  

Os alumnos/as de 6º de EP realizaron esta actividade de xeito interdisciplinar nas áreas de CCNN, LG, Música e Plástica con motivo do día da 0 discriminación (1 de marzo) e do día Internacional da muller (8 de marzo)

Colaboracións->  Equipo Biblioteca e alumnos/as de 4º e de 2º EP

Debuxo portada: Belén Forneiro

Blog da biblioteca escolar - A SOMBRA DO ERBEDO - Día Internacional da Muller

Fontes consultadas:

A Voz de Galicia. As 100 mulleres galegas que deberías coñecer

Huffpost. Tendencias. Nove inventos que non sabías que eran de mulleres. Cuns debuxos moi interesantes.

ENTREGA DE LIBROS DEL II CONCURSO DE POESÍA

O pasado sábado día 13, tivo lugar o acto de presentación do libro "SAN LUIS DE POTOSÍ E OURENSE CO DEPORTE E OS SEUS VALORES" . Tratase dun libro recompilatorio dos traballos gañadores do II Concurso de Poesía para alumnos e alumnas de primaria da cidade de Ourense, organizado polo Círculo Poético Ourensano. 

Os alumnos gañadores do CEIP Vistahermosa foron: Daniel Peña Puga, Paula Díaz Barreiro e Marcos Vila Ferreiro.

 

¡¡¡¡NORABOA AOS GAÑADORES!!!! 

 

A OMIC na Escola

Con motivo da celebración, o vindeiro día 15 de marzo, do Día Mundial do Consumidor, a Oficina Municipal de Información ao Consumidor do Concello de Ourense achegouse ata o noso colexio para informar a todos os nenos e nenas dos nosos dereitos como consumidores.

Poidemos disfrutar así da obra de teatro "Un agasallo para papá", representada polo grupo Trécola Teatro.

Se queres saber máis sobre os teus dereitos como consumidor podes visitar a seguinte ligazón: Organización de consumidores e usuarios.

Sendo diferentes, sexamos iguais

Saberías dicirme por que a cor rosa é de nenas e a azul é de nenos?

Sabes por que hai xoguetes de nenas e de nenos?

Non sabes….verdade? Sabes por que non o sabes? Porque é mentira….non hai cores de nenas e cores de nenos como tampouco existen os xoguetes de nenas e de nenos, nin as tarefas son de homes ou de mulleres…¡¡NON É VERDADE!!

¡Lémbrao ben! As cores son cores…. os xoguetes son xoguetes… e as tarefas son tarefas         ¡¡¡¡¡SEN MÁIS!!!!!   

Isto foi o que nos ensinou María hoxe pola mañá. Os nenos e nenas de primeiro e segundo xa sabemos que aínda que sexamos moi diferentes somos iguais….tan iguais…tan iguais…coma dúas pingas de auga.

 

 

 

Enquisa: 

Día da Paz e non violencia 2013

Na conmemoración do Día Escolar da Paz e Non Violencia 2013 fixemos no colexio dúas representacions teatrais: "O Cazo de Lorenzo" e "O homiño de papel".

 

Distribuir contido


by Dr. Radut