Skip to Content

Exposicións

Leonardo da Vinci, os rostros do xenio no Pazo das Alfaias en Madrid

Exposición conmemorativa do V centenario do seu falecemento.

De visita cultural:  O martes, día 14 de maio, os rapaces e rapazas de 6º, tiñamos unha cita con Leonardo; unha oportunidade para coñecer ao pintor, escultor, inventor, en definitiva, un home adiantado ao seu tempo.

A parte das súas obras máis coñecidas como son  os cadros de A Adoración dos Magos, Mona Lisa, A Última Cea..., ou O Home de Vitruvio, un estudo sobre a proporción humana;  sorprendéronnos os seus cadernos, cheos de investigacións sobre mecánica, anatomía (debuxos que semellan radiografías do corpo humano), enxeñería militar, topografía, hidráulica...

As páxinas están escritas de dereita a esquerda e en espello "escritura especular",  cheas de debuxos e notas  nas que se aprecia o seu esforzo por entender o funcionamento da natureza e do corpo humano.

Tamén ideou unha serie de inventos como máquinas voadoras (o ornitóptero), o paracaídas, o primeiro traxe de buzo, a hélice, un tambor mecánico... 

No noso percorrido polas distintas salas, atopámonos con Christian Gálvez, comisario da exposición e membro do Leonardo DNA Project como experto mundial na figura de Leonardo da Vinci

Esta actividade pecha o proxecto Viaxamos a Italia, desenvolvido dende a biblioteca do centro durante o 1º trimestre.

A Real  Academia de Belas Artes homenaxea a Luís Seoane, artista multidisciplinar e gran impulsor da cultura galega.

Imos a achegarnos á súa obra coñecendo algunha das súas facetas máis creativas.  

Como escritor e defensor da lingua galega.

Poemas para ilustrar a obra "o Gaiteiro"

poemas o gaiteiro

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Reescribindo a Luís Seoane
 
Na súa faceta das artes plásticas

- Interpretación da obra "Bodegón de Peixes", con diferentes técnicas plásticas.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Curso na Aula Virtual : Obradoiro de Plástica. Días das Artes Galegas  (Para acceder, entra como convidado/a)

retrato esguello o gaiteiro
Collage sobre o retrato de Esguello O Gaiteiro
Un gran defensor da música tradicional como se pode apreciar na temática de numerosos cadros e xilografías
Os Fiadeiros: Música tradicional e baile con instrumentos tradicionais: A gaita, a pandeireta e o pandeiro. 
  "Baile"
 
Aproveitamos para coñecer de preto a gaita e algúns, animáronse  a botar algunha peciña.

día de rosalíaNa entrada do colexio temos unha exposición que vai medrando cada día: 
As rapazas e rapaces de E. Infantil expuxeron carteis onde demostraron as súas dotes plásticas e creativas.

En primaria, crearon cómics e ilustraron poemas inspirándose nas obras da autora.
Nas clases de robótica, alumnas/os de 6º, deseñaron unha infografía robótica --> Rosalía ReBOTada.
Na infografía aparecen os datos máis significativos da biografía e obras da poeta cun circuíto, para os mBots, cos lugares onde viviu. Cada robot portaba unha pancarta con mensaxes que xurdiron da lectura dos versos de Rosalía e asociados a situacións de inxustizas sociais que afectan as mulleres. #LibreOMeuPensamento_rdc_19 (AELG)
Programamos un piano virtual, para tocar cos robots cancións dedicadas a Rosalía como "Adios ríos, adios fontes" e "Parabéns para ti"

A celebración continúa, xa que acordamos desenvolver esta data conxuntamente co #8M día Internacional da Muller. Unirémonos á proposta da AELG "Do XIX ao XXI: Libre o meu pensamento!" participando nunha mani-FESTA-acción con pancartas elaboradas en cadansúa clase que reivindiquen os dereitos das mulleres ou que denuncien a inxustiza social que seguen a sufrir en pleno século XXI

Ver vídeo da actividade: Rosalía, unha feminista do S. XIX

mes da ciencia"Observar é máis que mirar e ver"

O ovo é un alimento saudable e nutritivo que forma parte da nosa dieta.

Para saber máis:

1º-  Examinamos o seu envase e comprobamos a data de caducidade e o valor nutritivo do alimento.

2º- Cascamos o ovo e describimos a xema e a clara.

3º- Cocemos ovos, quitámoslle a casca e recoñecemos a súa membrana exterior e a cámara de aire.

 4º- Disfrutamos dunha degustación de ovos cocidos.

5º- Fixemos fotos, vídeos e documentamos todo o proceso:

PRACTICA...

Que lle pasa ao ovo cando o somerxes no vinagre?

Introduce un ovo nun tarro con vinagre e vai anotando o que observas

Día 1- Ao somerxer o ovo en vinagre, ten lugar unha reacción química. O vinagre que é un ácido (ácido acético) reacciona coa casca que está composta por carbono e calcio (carbonato cálcico.) O ácido disolve a casca e nese proceso libera dióxido de carbono que son as burbullas que rodean o ovo. O olor que desprende é un tanto desagradable, polo que é unha boa idea ter o tarro tapado.

Día 3- Unha vez “destruída” a casca, verás a membrana que o envolve. Esta, permite a entrada do vinagre no interior do ovo e por iso dicimos que  o ovo engordou (aumentou de tamaño). O vinagre que entra reacciona coa clara, dándolle unha consistencia gomosa, agora o ovo ten aspecto de pelota saltarina. Ollo que pode romper!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut