Skip to Content

Exposición "Leonardo da Vinci: Os rostros do xenio"

Leonardo da Vinci, os rostros do xenio no Pazo das Alfaias en Madrid

Exposición conmemorativa do V centenario do seu falecemento.

De visita cultural:  O martes, día 14 de maio, os rapaces e rapazas de 6º, tiñamos unha cita con Leonardo; unha oportunidade para coñecer ao pintor, escultor, inventor, en definitiva, un home adiantado ao seu tempo.

A parte das súas obras máis coñecidas como son  os cadros de A Adoración dos Magos, Mona Lisa, A Última Cea..., ou O Home de Vitruvio, un estudo sobre a proporción humana;  sorprendéronnos os seus cadernos, cheos de investigacións sobre mecánica, anatomía (debuxos que semellan radiografías do corpo humano), enxeñería militar, topografía, hidráulica...

As páxinas están escritas de dereita a esquerda e en espello "escritura especular",  cheas de debuxos e notas  nas que se aprecia o seu esforzo por entender o funcionamento da natureza e do corpo humano.

Tamén ideou unha serie de inventos como máquinas voadoras (o ornitóptero), o paracaídas, o primeiro traxe de buzo, a hélice, un tambor mecánico... 

No noso percorrido polas distintas salas, atopámonos con Christian Gálvez, comisario da exposición e membro do Leonardo DNA Project como experto mundial na figura de Leonardo da Vinci

Esta actividade pecha o proxecto Viaxamos a Italia, desenvolvido dende a biblioteca do centro durante o 1º trimestre.


page | by Dr. Radut