Skip to Content

Saídas

Base contraincendios de Toén

Visita á base de helicópteros 

Bo día familias, déixovos por aquí un pequeno resumo dos bos momentos que vivimos na saída do venres.

Vistahermosa visita a Base Helicópteros

 Un día xenial

Podedes descargar a presentación no ficheiro adxunto

TEATRO "HUGO"

Hoxe o alumnado de 3º e 4º asistiu á obra de teatro "Hugo" no Auditorio.

Hugo é diferente. Gústanlle moito os avión e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día. A Laia gústanlle falar e as plantas. Hugo ten TEA, trastorno do espectro autista. HUGO fala da empatía, da necesidade de comunicarnos e da beleza da diferencia. Ser diferentes fainos grandes.

Excursión final de curso 6º

O alumnado de 6º de Primaria non podía quedar sen saída de fin de etapa. Tres días no camping "Os Fieitás" onde disfrutaron de excursións ao monte, parque multiaventura, xogos na praia, intermareal, kayak, veladas nocturnas...

Xornadas de convivencia entre rapaces e rapazas que levan toda a vida xuntos. Unha experiencia inolvidable.

Preme na imaxe para acceder á galería

CASA DO PATRÓN 1º E 2º

E tamén as nenas e nenos de 1º e 2º marcharon a Lalín, á Casa do Patrón, onde visitaron o museo, fixeron papel, elaboraron queixo, comeron todos xuntos e xogaron un motón.

Unha gran xornada de convivencia e aprendizaxe.

Premede na imaxe para ver máis

 

SAÍDA TRENCIÑO EI

Hoxe as nenas e nenos de Educación Infantil marcharon de viaxe no Trenciño.

Subiron na estación da Praza Maior chegando á estación de Outariz.

Alí disfrutaron do entorno natural, fixeron taller de maquillaxe, construíron cabanas con paus, pedras....buscaron o tesouro, pasearon a carón do río, etc.

Premede na imaxe para ver máis.

 

SAÍDA "ACOUGO" 4º

Hoxe as nenas e nenos de 4º de Primaria marcharon a Villamarín, ao centro de ocio na natureza "Acougo".

Foron moitas as actividades realizadas:  tiráronse pola tirolina, construíron cabañas, pasearon en barca por un lago cun "crocodilo", alimentaron e viron animais, comeron todos xuntos, disfrutaron de divertidos xogos...

Unha xornada de convivencia inolvidable.

Premede na imaxe para ver máis

 

Saída Parque Náutico Castrelo de Miño

Hoxe as nenas e nenos de 5º de Primaria experimentaron diversas actividades acuáticas no Parque Náutico de Castrelo de Miño.

Paseo en veleiro, kayak, paddle surf, pedaletas e moitos chapuzóns. Unha mañá moi divertida da que viñemos encantados e agotados!!!

Premede na imaxe para ver máis.

Piragüismo Dragón

Onte as rapazas e rapaces de 6º puideron disfrutar da actividade de Piragüismo Dragón no entorno do Club Náutico de Castrelo de Miño. Xornada organizada polo servizo de deportes e integrada no programa XOGADE.

Unha nova experiencia na que nos familiarizamos e iniciamos nos deportes de auga á vez que traballamos en equipo e nos divertimos.

Pinchade na imaxe para ver máis fotos.

 

Previa Campo a Través

O pasado xoves 15 de decembro algunhas rapazas e rapaces de 3º, 5º e de Primaria participaron na Fase Previa Escolar de Campo a Través que se desenvolveu en Ourense no Complexo Deportivo de Monterrei.

Unha xornada na que o que primaba era a participación, esforzo e convivencia, xa que á actividade asistiron outros catorce centros educativos da cidade.

Todos e todas as nosas deportistas demostraron ser uns campións tanto dentro coma fóra do circuito.

SAÍDA AUDITORIO 1º E 2º

O alumnado de 1º e 2º de Primaria desprazouse hoxe ata o Auditorio para asistir á representación "SÓ".

Este espectáculo, gañador do Premio do Público Festival Malabharía2020, 2º Premio Panomara Circada 2019, Premio Festival MadnCircus, Premio Zircozaurre, entre outros, fala da constancia no traballo a través dunha personaxe meticulosa, e cuadriculada rodeada de case 100 caixas que só en aparencia son iguais, e coas que vai dando forma aun mundo imaxinario.

Actividade ofertada por Afundación (ABANCA).

Aínda que a mañá estivo pasada por auga as nosas nenas e nenos non deixaron de disfrutar da xornada.

Distribuir contido


by Dr. Radut