Skip to Content

Actividades

Actividades Vacacións de Nadal

Información das actividades que se realizarán durante as vacacións de Nadal e que van dirixidas a nenos e nenas de 4 a 12 anos.

Hora do Código

O vindeiro venres pola tarde, día 11 de decembro, a Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo (ESEI) e o Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia (CPEIG) organizan dentro da semana da Educación en Informática un conxunto de actividades e talleres dirixidos a nenas e nenos de entre 6 e 17 anos co obxectivo de achegarlles dunha forma lúdica e divertida á programación, á tecnoloxía de impresión en 3D e á programación de pequenos dispositivos. As actividades, que son totalmente gratuítas, desenvolveranse nas aulas da Escola Superior de Enxeñería Informática do Campus de Ourense segundo o programa que se adxunta.

Toda a información sobre o evento está dispoñible na páxina web da ESEI (http://www.esei.uvigo.es) e na de "A Hora do Código" (http://www.horadocodigo.gal).
 
A inscripción pode realizarse a través da web: horadocodigo.eventbrite.es
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut