Skip to Content

Enquisa de diagnose de convivencia

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal. No marco desta estratexia realizáronse no 2015 e no 2019 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos.

Transcorrida esta etapa é necesario elaborar unha nova estratexia de convivencia para o período 2021-2025. Neste contexto, faise necesario a realización dunha nova enquisa de diagnose de convivencia de carácter censal e que terá unha periodicidade bianual.

A convivencia escolar é unha preocupación de primeira liña na que se está a traballar arreo nos últimos anos, na procura dunha mellora continuada do clima escolar. No senso de seguir avanzando, dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade pomos en marcha a realización dunha nova enquisa que permita analizar o estado da convivencia e das novas formas nas que se está a desenvolver, como consecuencia do impacto da COVID-19 na comunidade educativa.

Esta sondaxe de carácter censual “Enquisa de diagnose da convivencia 2021” ten por finalidade coñecer a opinión dos distintos colectivos (directores e directoras, profesorado, alumnado, persoal non docente e familias) e permitirá, a través do análise das respostas obtidas, a introdución de avances e melloras neste ámbito dun xeito global e integrador.

A participación da comunidade educativa nesta enquisa é fundamental e por iso necesitamos do esforzo e da implicación dos distintos colectivos e da súa imprescindible colaboración e involucración no proceso de realización. En definitiva, búscase favorecer o seu desenvolvemento e a súa difusión entre todos os membros dos colectivos participantes co fin de garantir uns óptimos resultados.

A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo.  

Destinatario

1.- Alumnado de 5º e 6º de primaria. Todo o alumnado do centro que curse 5º e 6º de Educación Primaria, deberá cubrir a enquisa, salvo negativa expresa dos seus pais, nais ou titores legais.  Acceso desde https://www.edu.xunta.gal/convobrig

2.- Profesorado do centro. Acceso desde https://www.edu.xunta.gal/convdoce

3.- Persoal de Administración e Servizos. Acceso desde https://www.edu.xunta.gal/convpas

4.- Familias. Acceso desde https://www.edu.xunta.gal/convfamil

Prazo:  A enquisa estará operativa desde o 12 de abril ao 29 de abril de 2021 (ambos dous días incluídos).

Claves de acceso:

A cada alumno/a, persoal docente e non docente e familias de alumnado, proporcionaráselle unha clave de acceso con indicacións precisas sobre como actuar para cumplimentar o cuestionario. O mércores 14 proporcionaranse as claves de acceso a todas as familias.

 

Axudas libros e comedores Curso 2021/2022

Estimadas familias:

Onte publicáronse no BOP as axudas de libros e comedores para o vindeiro ano académico 2021/2022.

Premendo no enlace accédese ao documento, a información atópase na páxina 6.

 

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=81&fecha=20210412

 

Procedemento para solicitar as axudas

 

Electrónicamente

Para presentar a solicitude de maneira electrónica, vostede deberá:

  • Cubrir a instancia normalizada (Anexo II).
  • Recompilar o resto de documentación que queira a aportar.
  • Asinar electrónicamente todos os documentos (instancia e demáis documentos) a engadir coa súa solicitude. A Sede Electrónica municipal non está habilitada para a sinatura electrónica de documentación, así que os documentos deben ser asinados electrónicamente no seu equipo. No caso de necesitar información sobre como asinar electrónicamente un documento no seu equipo, pode consultar o documento "Guía para realizar a sinatura electrónica de documentos PDF"
  • Identificarse na Sede.
  • Acceder ao "Rexistro electrónico" e tramitar unha solicitude do tipo "Axudas para adquisición de libros de texto e material escolar e para comedor escolar".
  • Engadir a documentación asinada electrónicamente.
  • Enviar a solicitude.

Feito o envío obterá xustificante de rexistro de entrada no Concello.

Presencialmente

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

  • Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Teléfono: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luís Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Teléfono: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
 
Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro.
 

 
Documentación(Modelos a cubrir)

Documentación requerida para presentar as solicitudes:

A documentación preceptiva a presentar, según a situación da unidade familiar, é a seguinte:

  • Modelo normalizado de solicitude completamente cuberto (anexo I), no que se especificará o nome do(s)/da(s) neno(s)/a(s), o centro escolar e o curso para o que se solicita a bolsa, asinado pola persoa solicitante
  • Declaración responsable segundo anexo II
  • Fotocopia dos DNI (maiores de 14 anos)/NIE/pasaporte (en vigor) de todos os membros da unidade de convivencia e do(s) libro(s) de familia completo (ou, no seu defecto, documentación que o substitúa)
  • Fotocopia da declaración do IRPF (ou, no seu caso, documentación fiscal e laboral acreditativa dos rendementos netos) do exercicio anterior ao da convocatoria correspondente, de cada un dos membros computables da unidade de convivencia. Aqueles que estean estudando e sexan maiores de 16 anos, certificado do centro de estudos no que se faga constar esta situación. As persoas perceptoras de pensións deberán presentar obrigatoriamente o certificado de pensión. En caso de non estar obrigado a presentar a declaración do IRPF deberá achegar a seguinte documentación de cada un dos membros da unidade familiar maiores de 16 anos: Certificado de empresa de todas as empresas nas que traballou no exercicio fiscal anterior, se hai máis dunha, ou outros documentos que acrediten os ingresos obtidos nese ano; certificado do SEPE do cobro ou non de prestacións durante o exercicio anterior, cando proceda; xustificante de pensión do exercicio anterior, de ser pensionista (xubilación, invalidez, viuvez, orfandade, favor familia, ...).
  • Impreso de autorización para a obtención de datos que corresponda, de todas as persoas empadroadas no mesmo domicilio e que formen parte da unidade de convivencia (anexo II) As persoas non obrigadas a declarar presentarán igualmente esta autorización. É obriga e responsabilidade das familias estar ao día nos seus datos fiscais ante a Axencia Tributaria. Non se tomarán en conta os datos fiscais das familias sobre as que Facenda non certifique o peche do ano fiscal correspondente ou non estean dados de alta na AEAT
  • Informe de vida laboral completo e actualizado da Tesourería da Seguridade Social, de todos os membros computables maiores de 16 anos. En caso de telo solicitado, presentarase a copia do resgardo da solicitude e o informe axuntarase á solicitude en canto sexa emitido e recibido. As persoas que teñan a condición de empregados da administración pública ou profesionais, e a súa vida laboral se rexa por entidades distintas á Seguridade Social (MUFACE, ISFAS, MUNPAL, MUTUALIDADE XERAL DA ABOGACÍA, etcétera), deberán presentar certificación que substitúa á da vida laboral
  • Xustificante de ingresos da prestación de RISGA, no caso de tere sido beneficiario no ano anterior ao da convocatoria
  • No caso de separación ou divorcio legal, copia da sentenza e do convenio regulador, así como xustificantes bancarios das achegas económicas establecidas na sentenza. En situacións de impago, copia da solicitude de execución de setenza presentada ante o xulgado ou xustificante de inicio das actuacións.
  • En caso de unións de feito nas que non exista convivencia, sentenza de garda, custodia e alimentos, así como xustificante das achegas económicas establecidas na dita sentenza. En situacións de impago, copia da solicitude de execución da sentenza presentada diante do xulgado ou xustificante do inicio das actuacións
  • No caso de que as/os menores estean en situación de acollemento por resolución administrativa ou auto xudicial, deberase acreditar mediante copia do certificado do organismo competente e, de ser o caso, a contía da remuneración.

Admisión Alumnado para o vindeiro curso 2021/2022

 

 

SOLICITUDE DE PRAZA CURSO 2021 / 2022  

Desde o día 1 de marzo e ata 22 o  do mesmo mes, está aberto o prazo de solicitude de praza no noso centro para novo alumnado ou alumnado procedente doutros centros educativos (a partir do día 20 de marzo a Sede Electrónica non admitirá a presentación de solicitudes para este procedemento). 

O procedemento está regulado polo Decreto 254/2012 Orde  do 12 de marzo de 2013 que o desenvolve e a Orde do 25 de xaneiro de 2017 que a modifica.

 

DOCUMENTOS DESCARGA
Solicitude de praza no centro do 1 de marzo ao 22 de marzo. ANEXO II.

Solicitude en liña na web da consellería.

ACCESO

Resultado do sorteo de letras de prioridade.

1º Apelido(W,S)

2º Apelido(B,F)

Vacantes ofertadas no CEIP Vistahermosa
Tríptico informativo dos servizos do centro

 

  • O día 23 de abril publicarase a listaxe provisional de admitidos e non admitidos.
    • Listaxe provisional de admitidos e non admitidos.(23/04/2021). 
  • Haberá unha semana de prazo para atender reclamacións.
  • O día 14 de maio publicarase a listaxe definitiva de admitidos. 
    • Listaxe definitiva de admitidos e non admitidos.(14/05/2021)

 

Documentación

Deberá presentarse a seguinte documentación na secretaría do centro:

 1.- Fotocopia do DNI do alumno/a. De non ter DNI, presentarase unha fotocopia da folla do libro de familia onde figure a alumna/o.

 2.- ANEXO II debidamente cumprimentado.(Non se admiten erros,tachaduras,borróns,tipexx…)

 3.- Certificado de matrícula expedido polo centro no que cursa estudos actualmente (só no caso de cambio de centro).

MOI IMPORTANTE: SÓ SE PODE PRESENTAR SOLICITUDE NUN ÚNICO CENTRO. A presentación de solicitudes en máis dun centro dará lugar á anulación de todas as solicitudes.

 


 

 

MATRÍCULA CURSO 2021/2022  


O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula entre o 20 e 30 de xuño. Poden adiantar a súa formalización ao 1 de xuño na secretaría do centro.

DOCUMENTOS DESCARGA
Formalización de matrícula. Do 20 ao 30 de xuño. Requisitos necesarios.

Solicitude de praza fora do prazo ordinario de matrícula.(Na xefatura territorial)

Documentación que acompañará á matrícula.

Solicitude de lingua materna en Ed. infantil

Autorización para usar as imaxes do alumnado con fins educativos.

Alumnado de 5º e 6º, venres 26 de marzo.

Contamos con Hadriana Ordóñez, psicóloga sanitaria, que nos guiou nesta sesión coa axuda do conto "Sola en el bosque"  de María Magela Demarco.

Identificámonos coa protagonista do conto e sentimos, o seu sufrimento silencioso, a súa petición de auxilio con sinais mudos e a imperiosa necesidade de ser protexida, escoitada e coidada. Unha chamada para que todas e todos abramos os ollos, falemos, preguntemos e venzamos o silencio. Un camiño para levantarnos, coidarnos e descubrir que non estamos sós.

Soa no bosque

Mantente alerta porque hai lobos que logran ocultarse dentro dalgunhas casas e que as transforman en bosques tenebrosos para quen as habita.

No documento adxunto compartimos os comentarios do alumnado trala charla.

Día da Muller 2021

En 6º curso pintamos estas pancartas con lemas e debuxos que poñen en valor a loita pola igualdade e a participación da muller en todos os ámbitos da sociedade.

8M día da Muller en Ceip Vistahermosa

pancarta grupo 1 pancarta grupo 1
pancarta 2 pancarta grupo 2
pancarta grupo 3 pancarta grupo 4

O alumnado de Educación Infantil participou nun Acto simbólico 8M

acto simbólico 8M

AGARDÁMOSTE! VEN A VISTAHERMOSA!

Pins de Rosalía en 3D

1- O alumnado completou o retrato de Rosalía e pintouno con diferentes técnicas e estilos.

2- Imprimimos en 3D un pin de Rosalía para cada clase e tamén 3 mouchos.

3- Pintamos as Rosalías con pintura acrílica.

4- Os mouchos pintámolos con rotulador permanente.

5- En cada clase votouse polo mellor debuxo.

6- As caras escollidas pegámolas no Pin de Rosalía.

Biblioteca Creativa, ENDL e AAEE

Rosalía de Castro. Teus doces cantares

O 24 de febreiro é o aniversario de Rosalía de Castro e queremos homenaxeala con estes vídeos e presentacións que iremos publicando segundo os vaiamos gravando. 

A actividade une a música, a literatura e a tecnoloxía e podedes atopala detallada en Música> Rosalía desconfinada

Hecho con Padlet

Iniciativa da Asociación de Escritores de Lingua Galega

 

"Xeografías Lectoras na Biblioteca Escolar"

Actividade interdisciplinar de lectura e investigación, ciencia, cartografía e robótica.

1. Co fin de recoñecer o papel que desenvolveron as mulleres na ciencia e promover as vocacións científicas entre as nenas, publicouse no Blog da Biblioteca escolar esta presentación con vídeos sobre referentes científicos femininos.

2. Xogo  xeográfico e científico con escornabots. Tras ver a presentación, cada xogadora ou xogador ten que programar o escornabot ata o país de orixe de cada investigadora. Material necesario: un planisferio, taboleiro, 4 escornabots situados nos puntos cardinais e tarxetas de científicas.

 

Para ler máis: A sombra do érbedo, Blog da Biblioteca escolar

Biblioteca Creativa

Imos de ruada cos escornabots 

Durante a semana de Entroido,  estivemos percorrendo a provincia cos escornabots e cos personaxes típicos de cada vila.

Co libro guía  "Os Bolechas, o Entroido ourensán 2021" e con este xogo aprendemos a recoñecer cada máscara, traxe e tradición á vez que mantemos vivo o espíritu desta entrañable festa nestas datas tan excepcionais. 

Material para xogar: un taboleiro co mapa de ourense, máscaras, escornabots e o libro dos Bolechas.

Biblioteca creativa

Distribuir contido


by Dr. Radut