Skip to Content

Ed. Infantil

Un mundo de letras

 Dedicado á Promoción 2017-2020 -  Con moito agarimo, a profe Ángeles

"VIALÍN, AUTOESCOLA PARA PEQUES"

Unha maneira divertida de aprender seguridade vial, dirixida, neste caso, ás alumnas e alumnos de 5º e 6º de Educación Infantil.

Esta actividade está dentro do programa de actividades ofertado polo Concello de Ourense para este curso.

GRADUACIÓN 6º DE INFANTIL

Familias... Queremos compartir con vós este pequeno acto de graduación tan importante e emotivo.

 A profe Tere e as demáis profes que estamos en infantil desexámosvos moita sorte en PRIMARIA.

VISITA: "HORTO URBÁN"

Os alumnos/as de 6º de infantil visitaron o "Horto Urbán", para participar na actividade programada polo concello de Ourense: Cultivando alimentos.

Este horto está ubicado na zona de Mariñamansa,  onde cultivan os veciños/as. Estivemos moi atentos/as ás explicacións da monitora sobre: Plantas mediciñais, como se traballa un horto e que plantar no horto. Despois realizamos un taller de plantación.

Pasamos unha maña divertida en faena agrícola. 

                              

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O alumnado de Educación Infantil, xunto coas súas profes, foron de excursión a esta granxa escola situada en Fornelos de Montes (Pontevedra). Co fin de fomentar o contacto coa natureza, disfrutar das actividades programadas como o acercamento aos animais, visita ó horto , plantación de sementes, taller de cociña para facer galletas e xantar nun entorno natural moi agradable

 

Distribuir contido


by Dr. Radut