R. Carvalho Calero foi o primeiro profesor universitario de Lingüística e Literatura Galega na Universidade de Santiago de compostela. Coñece a vida e a obra do autor con esta presentación escrita por Uxía L. de 6º EP
Cómic realizado polo alumnado de 6º EP.
Proposta 1: transforma o conto "A pitas baixo a choiva" e R. Carballo Calero nun cómic.
Proposta 2: Debuxa unha historia ilustrada inspirándote na cancion "Alborada das pitas" de A banda das pitas.
Podcast sobre o medio ambiente, o cambio climático e a predición do tempo meteorolóxico con refráns populares a través da observación da natureza.
Con este podcast apostamos polo progreso, polo benestar, polo desenvolvemento sostible ao tempo que mantemos vivos os ditos e os refráns populares que fan referencia ao tempo meteorolóxico. Os refráns, aínda que non teñan base científica, transmiten valiosos mensaxes e forman parte da sabedoría popular.
Escaletaou guión das/os Alumnas/os de 5º de EP. Colaboración especial das rapazas e rapaces de E. Infantil de 5 anos
Esta é a nosa humilde homenaxe a Antón Fraguas, escritor, etnógrafo, historiador..., e tamén colaborador da Unión Radio Galicia que é recoñecido este 2019 no Día das Letras Galegas.
Coa información recollida elaboramos a escaleta ou guión.
Proxecto colaborativo enfocado a salientar a riqueza do patrimonio material e inmaterial do contorno: traballo de investigación sobre as termas e os personaxes máxicos que habitan os ríos.
Con este arquivo sonoro participamos na Convocatoria do I Concurso de Podcasts - Radio na biblio convocado pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos en colaboración coa Radio galega (CRTVG), no contexto do PLAN LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe).
O luns, 18 de febreiro, a escritora Iria Misa, recibiunos no Liceo de Ourense, para compartir a súa paixón pola literatura. Centrouse sobre todo no libro que acabamos de ler "Mamá quero ser Ziggy Stardust"
A temática do libro é promover a inclusión dos nenos e nenas transxénero. Conta a historia de Aine, un neno que vive a sua transición de nena a neno mentras cursa a educación primaria.
A autora emprega a música e o carisma de Ziggy Stardust, personaxe creado polo músico David Bowie, como fío condutor de todo o que lle ocorre a Aine. Grazas a música pode expresarse como quere, vestirse como quere e vivir como quere.
Quen é Ziggy Stardust? "É un cantante de rock que tocaba unha guitarra azul de doce cordas e que chegou do espazo. Tiña o pelo de cor laranxa, cun raio vermello que lle cruzaba o rostro. Ziggy era David Bowie na súa versión máis andróxina."
O 25 de novembro conmemórase o día contra a violencia de xénero e anosa escola únese á campaña "En negro contra a violencia machista".
O luns 26, celebraremos un acto para manifestar o noso compromiso firme para conseguir un mundo máis igualitario e xusto. Faremos un recitado de poemas e cantaremos a canción de Rozalén, "A porta violeta" acompañada de linguaxe de signos.
Este é só un ensaio dos alumnos/as de 6º de EP, que serán os encargados de abrir o acto.
Para protexernos dos monstros que vagan esta noite polos camiños, as rapazas e os rapaces de 5º prepararon unha beberaxe arrepiante, cuns ingredientes moi noxentos.
É a noite dos mortos
Pantasmas e esqueletos
andan todos soltos.
Peidos cheirentos,
entrañas fedorentas,
alento de gato e bigote de rato.
Mouchos, curuxas,
demos e bruxas
fuxide e liscade
marchade xa!
Serpes, bechos e cóbregas
sapos, morcegos e tebras
dentro da pota máxica
mesturarei na noite tráxica.
Samaín, Samaín
Prende o candil
e que os demos
non veñan por min.
Samaín. Editoria Anaya
1º Distribuírose en equipos as estrofas e aprenderon a letra. Ensaiaron para facer unha lectura ao unísono.
2º Acordaron que debuxos realizar para representar os ingredientes que compoñían a apócema e recortáronos.