Skip to Content

Língua galega

Día Internacional da Muller -  Proxecto Pintura-

Infografía realizada polo alumnado de 6º de EP sobre a Xeración feminista do 27 

 A xeración do 27

#20 N, DÍA MUNDIAL DA INFANCIA

 

As Alumnas/os de 6º de primaria, distribuíronse en grupos para lerlles o discurso de Malala Yousafzai ás nenas/os de primaria. 

Que as aulas baleiras, a infancia perdida ou o potencial desperdiciado, se acaben connosco.

Que sexa a última vez que unha nena ou un neno pase a súa nenez nunha fábrica.

Que sexa a última vez que unha nena se vexa forzada a un matrimonio temperán.

Que sexa a última vez que unha nena/o inocente perda a vida nunha guerra.

Que sexa a última vez que unha aula quede baleira.

Que sexa a última vez que se lle diga a unha nena que a educación é un delito e non un dereito.

Malala Yousafzai

No vídeo,  Uxía, Zoe, Aarón e Héctor, lenlles  ás rapazas e rapaces de 1º EP.  “Un neno/a, un mestre/a, unha pluma e un libro, poden cambiar o mundo”.  

Discurso de Malala Yousafzai 

PETICIÓN DE SOCORRO AOS HABITANTES DA TERRA

As rapazas e rapaces de 6º lennos esta carta, enviada pola Terra, pedindo a nosa axuda para recuperar a saúde.

Carta da Terra: Petición SOS 

#27S Mobilizacións polo Clima

gravación podcast natureza

Podcast sobre o medio ambiente, o cambio climático e a predición do tempo meteorolóxico con refráns populares a través da observación da natureza.

Con este podcast apostamos polo progreso, polo benestar, polo desenvolvemento sostible ao tempo que mantemos vivos os ditos e os refráns populares que fan referencia ao tempo meteorolóxico. Os refráns, aínda que non teñan base científica, transmiten valiosos mensaxes e forman parte da sabedoría popular.

Escaleta ou guión das/os Alumnas/os de 5º de EP. Colaboración especial das rapazas e rapaces de E. Infantil de 5 anos

Podcast dedicado a Antonio Fraguas

durante a gravación

bibliotecas escolares - radio na biblioEsta é a nosa humilde homenaxe a Antón Fraguasescritor, etnógrafo, historiador..., e tamén colaborador da Unión Radio Galicia que é recoñecido este 2019 no Día das Letras Galegas.

Os alumnos/as de 5º EP realizaron un traballo de investigación sobre os Tesouros ocultos de Ourense en relación á auga, ditos, lendas e personaxes máxicos que as habitan.

Coa información recollida elaboramos a escaleta ou guión.

Proxecto colaborativo enfocado a salientar a riqueza do patrimonio material e inmaterial do contorno: traballo de investigación sobre as termas e os personaxes máxicos que habitan os ríos.

Con este arquivo sonoro participamos na Convocatoria do I Concurso de Podcasts - Radio na biblio convocado pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos en colaboración coa Radio galega (CRTVG), no contexto do PLAN LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe).

Escoita tamén o Podcast sobre NATUREZA E CAMBIO CLIMÁTICO

Fontes consultadas:

http://primaveradasletras.gal/category/fichas-didacticas/

mama quero ser ziggy stardustO luns, 18 de febreiro, a escritora Iria Misa, recibiunos no Liceo de Ourense, para compartir a súa paixón pola literatura. Centrouse sobre todo no libro que acabamos de ler "Mamá quero ser Ziggy Stardust" 

A temática do libro é promover a inclusión dos nenos e nenas transxénero. Conta a historia de Aine, un neno que vive a sua transición de nena a neno mentras cursa a educación primaria. 

A autora emprega a música  e o carisma de Ziggy Stardust, personaxe creado polo músico David Bowie, como fío condutor de todo o que lle ocorre a Aine. Grazas a música pode expresarse como quere, vestirse como quere e vivir como quere. 

Quen é Ziggy Stardust? "É un cantante de rock que tocaba unha guitarra azul de doce cordas e que chegou do espazo. Tiña o pelo de cor laranxa,  cun raio vermello que lle cruzaba o rostro. Ziggy era David Bowie na súa versión máis andróxina."

Los Andes podcast

O 25 de novembro conmemórase o día contra a violencia de xénero e a nosa escola únese á campaña "En negro contra a violencia machista".

vh en negro

O luns 26, celebraremos un acto para manifestar o noso compromiso firme para conseguir un mundo máis igualitario e xusto. Faremos un recitado de poemas e cantaremos a canción de Rozalén, "A porta violeta" acompañada de linguaxe de signos. 

Este é só un ensaio dos alumnos/as de 6º de EP, que serán os encargados de abrir o acto.

NOITE DE SAMAÍN

Para protexernos dos monstros que vagan esta noite polos camiños, as rapazas e os rapaces de 5º prepararon unha beberaxe arrepiante, cuns ingredientes moi noxentos.

É a noite dos mortos

Pantasmas e esqueletos

andan todos soltos.

 

Peidos cheirentos,

entrañas fedorentas,

alento de gato e bigote de rato.

 

Mouchos, curuxas,

demos e bruxas

fuxide e liscade

       marchade xa!       

 

Serpes, bechos e cóbregas

sapos, morcegos e tebras

dentro da pota máxica

mesturarei na noite tráxica.

 

Samaín, Samaín

Prende o candil

e que os demos 

non veñan por min.

Samaín. Editoria Anaya

1º Distribuírose en equipos as estrofas e aprenderon a letra. Ensaiaron para facer unha lectura ao unísono.

2º Acordaron que debuxos realizar para representar os ingredientes que compoñían a apócema e recortáronos. 

3º Recitaron con entoación terrorífica. 

Para celebrar esta data tan especial, o equipo de biblioteca propuxo as seguintes actividades que se foron realizando ao longo da segunda quincena do mes de abril. Podes acceder á descrición máis detallada no blog A sombra do Érbedo

1. Marcapáxinas de Lemundi, a mascota da biblio, o noso punto de libro personalizado.

marcapáxinas lemundi

2.- Principiño por sorpresa. Con motivo do recente 75 aniversario da publicación de "Le petit prince", de Antoine de Saint-Exupéry, os mestres/as Mª Carmen, Alonso, Isa e Miguel, agasalláronnos entrando nas aulas por sorpresa e compartindo con nós un capítulo deste entrañable libro.

3. O Apadriñamento lector. Xa ven sendo unha tradición, madriñas e padriños lectores escollen libros na biblioteca para lerlles aos máis pequenos. Ler para soñar!

libros feitos por nóss

4. As nosas edicións. Unha exposición de libros feitos por nós de distintas temáticas, entre os que destacan os libros e os cómics que se editaron dentro do proxecto interdisciplinar: Unha niñada de pitos no cole .

- Os alumnos/as de 2º escribiron un libro nun formato moi divertido sobre o "Desenvolvemento dos poliños" dende a fecundación ata que saen do ovo.

- En 6º, aproveitamos a lectura de "A historia da gaivota e do gato que a ensinou a voar " de Luís Sepúlveda para crear cómics. Deixámosvos esta mostra onde queda patente as dotes dos alumnos/as para debuxar e seleccionar as accións máis destacadas desta historia de amizade e afán de superación.

Cómic de Vera Gutiérrez

Hoxe, día  Escolar da Paz e da Non violencia, reunímonos todos/as para darlle Voz á Paz. 

Dálle VOZ á Paz from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

Este é o Manifesto que escribiron os rapaces e rapazas de 6º no Obradoiro de escritura creativa en Lingua Galega. 

Distribuir contido


by Dr. Radut