Skip to Content

Educación física

Hockey no cole

O martes o alumnado de Primaria puido familiarizarse co hockey grazas a visita de varios xogadores e adestradores do Club Villar Ourense e do CSA Ourense.

Unha xornada moi amena na que experimentaron e coñeceron os materiais específicos e as normas máis básicas desta modalidade deportiva.

 

O ALUMNADO DO COLE BAILA COS DO IES O COUTO

O alumnado de primaria do CEIP VISTAHERMOSA, fai un cameo nesta gravación musical co IES O Couto.

A letra é do alumnado de 3º da ESO, a coordinación do proxecto e a montaxe do vídeo é de Olalla Núñez Deza, profesora de música do instituto. 

Resulta entrañable e motivador ver no vídeo a distintas xeracións bailando xuntxs.

Música: Cruisin' for a Bruisin' Ross Lynch, Jason Evigan, Grace Phipps

 

SAÍDA CASTRELO 5º

Hoxe o alumnado de 5º marchou de excursión de fin de curso a Castrelo de Miño.

Practicaron diferentes actividades acuáticas: Hidropedal, barco dragón, paddle surf.... comeron xuntos e desfrutaron con diferentes xogos.

Un día completo que esperamos que quede no recordo das rapazas e rapaces.

 

PIRAGÜISMO DRAGÓN

Onte as rapazas e rapaces de 6º de primaria desprazáronse ata Castrelo de Miño para desfrutar da actividade Piragüismo Dragón, ofertada pola Secretaría de Deportes, enmarcada no programa XOGADE.

Unha xornada onde descubriron unha nova modalidade deportiva e conviviron co alumnado de outros centros educativos.

TOCA NA IMAXE PARA REPRODUCIR.

Proxecto ENKI

Aquí un pequeno resumo das actividades realizadas a través do proxecto ENKI:

- Xornada de deporte e inclusión realizada o día 11 de marzo co alumnado de 5º e 6º de Primaria.

Dinamización e realización dun mural no patio do centro co alfabeto da lingua de signos no que participou todo o alumnado (22 de abril).

Experiencias que nos fan empatizar, coñecer, convivir, integrar e incluír.

#8M-Coas botas listas para bailar

Reinvidicamos a igualdade a través da música e a danza.

These Boots Are Made for Walkin' (1967) canta Nancy Sinatra.

Esta é a estrutura da canción A A A. E estes son os sete Pasos Feministas:

  1. Eres forte e brava.
  2. Avanza cara o Leste e Pinta o mundo con pinceis de cores.
  3. Camiña cara o Oeste e pinta.
  4. Se alguén se pon ao teu lado e non te deixa avanzar, marca as distancias.
  5. Avanza cara o Norte e cara o Sur: Ti podes conquistar o mundo!
  6. Se hai muros, podes derribalos.
  7. Confía en ti mesma! 

No vídeo bailan 1º, 2º e 5º curso de primaria (dálle ao play):

Coas botas para baile

Deseño de salial

XORNADAS DE DEPORTE ADAPTADO E INCLUSIÓN

O mércores 28 de febreiro o alumnado de 5º e 6º recibiu a visita de tres membros da Fundación ENKI para levar a cabo a primeira das XORNADAS DE DEPORTE E INCLUSIÓN.

Neste caso tratouse dunha charla con deportistas con diversidade funcional para dar a coñecer o deporte adaptado e inclusivo e a súa traxectoria deportiva e persoal respondendo a todas as dúbidas e curiosidades das nenas e nenos.

O vindeiro 11 de marzo asistiremos ao encontro provincial na Expourense, onde practicarán diferentes modalidades de deporte adaptado.

TOCADE NA IMAXE PARA AMPLIAR

 

XOGANDO CO ATLETISMO 2º

Hoxe tocoulle aos nenos e nenas de 2º de Primaria disfrutar das impresionantes instalacións da Pista Cuberta de Atletismo de Ourense, situada na Expourense.

Actividade promovida polo Servizo de Deportes da Xunta de Galicia e enmarcada no Programa Xogade.

As nosas e os nosos atletas practicaron varias probas: saltos, velocidade, lanzamentos, remudas, circuito de Grand Prix... Todo elo acompañados de outros moitos colexios da cidade que tamén participaron na xornada.

TOCADE NA IMAXE PARA AMPLIAR


   

OBRADOIRO DE XOGOS POPULARES

O luns as rapazas e rapaces de 6º puideron disfrutar do XIX Obradoiro de Xogos Populares e Tradicionais ofertado polo CCP Xaquín Lourenzo e a Deputación de Ourense.

Unha actividade na que xa imos participando dende hai anos e que nunca defrauda.

Este ano practicaron con aros, zancos, peóns e outros xogos tradicionais da cultura galega.

TOCA NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS

"Garavanciño come saniño"

O mércores 24 de xaneiro ás rapazas e rapaces de 1º de Primaria recibiron a visita da nutricionista do Centro de Saúde para realizar a actividade "Garavanciño come saniño".

Tratouse dunha charla e obradoiro de xogos didácticos nos que traballaron a pirámide dos alimentos e a dieta equilibrada.

Toca na imaxe para acceder á galería.

Distribuir contido


by Dr. Radut