Skip to Content

Educación física

DÍA DA PAZ 2023

Hoxe foi unha xornada chea de mensaxes de paz, pero as nosas nenas e nenos xa levan días preparando todo o necesario para esta conmemoración.

Unha morea de actividades coordinadas dende as diferentes áreas, etapas e a Biblioteca:

- Educación Infantil traballou e disfrutou co conto e canción de "A mellor sopa do mundo".

- As nenas e nenos de 1º fixeron as súas rimas con "A paz sábenos...", seguindo o conto "Ring Ring, ¿quién rima?"

http://asombradoerbedo.blogspot.com/2023/01/receitas-de-paz.html?m=1

- Contacontos de Anxo Moure para Educación Infantil, 1º,2º,3º e 4º.

- Elaboración e decoración de paraugas con cintas cheas de mensaxes de paz.

- Preparación de diferentes bailes: "Terra", "Que sorte de terte", "Madre Tierra", "Eu teño alguén"...

Final Comarcal Campo a Través

Onte desenvolveuse a Final Comarcal de Campo a Través no Complexo Deportivo de Monterrei.

Para esta cita o CEIP Vistahermosa contaba con catro clasificados, dos que, finalmente, só puideron aistir dous.

Enzo e Saúl (3º Primaria) foron os nosos representantes que participaron na categoría benxamín masculino. E non o puideron facer mellor. Nunha competición na que asisten os mellores da comarca (a maioría pertencentes a clubes que adestran esta modalidade semanalmente) os nosos campións fixeron unha estupenda carreira, entrando na meta nos postos 10 e 13 e clasificándose para o Campionato Provincial, que se desenvolverá o día 11 de febreiro na Rúa.

Noraboa rapaces!! e moitas grazas ás familias pola vosa colaboración.

Previa Campo a Través

O pasado xoves 15 de decembro algunhas rapazas e rapaces de 3º, 5º e de Primaria participaron na Fase Previa Escolar de Campo a Través que se desenvolveu en Ourense no Complexo Deportivo de Monterrei.

Unha xornada na que o que primaba era a participación, esforzo e convivencia, xa que á actividade asistiron outros catorce centros educativos da cidade.

Todos e todas as nosas deportistas demostraron ser uns campións tanto dentro coma fóra do circuito.

XOGANDO CO ATLETISMO

Hoxe as nenas e nenos de 4º foron á Expourense a disfrutar da actividade XOGANDO CO ATLETISMO, organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte coa colaboración da ADE As Burgas.

Pero non estiveron sós, tamén participaron os atletas dos colexios de A Ponte, Curros Enríquez, Divino Maestro, Guillelme Brown, Inmaculada, Irmáns Villar, Luis Vives, Manuel Sueiro, O Couto, San Pío X, Santo Ángel, Seixalbo e Virxe de Covadonga.

Unha xornada de convivencia, experimentación, esforzo e diversión, onde practicaron carreiras de relevos, lanzamentos, salto horizontal, salto lateral, carreira de obstáculos, etc

PREME NESTA ÚLTIMA

 

Carreira de San Martiño 2022.

O pasado domingo desenvolveuse a XLV CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO  e por suposto as nenas e nenos do colexio estiveron presentes.

O Concello premiou a todos os participantes cunha medalla.

Aquí están algúns dos nosos campións e campionas, aínda que houbo moitos máis aos que o catarro non lles deixou asisitir.

 

MAGOSTO 2022

Xoves de Magosto no cole:

- Manualidades

- Xogos populares : carreiras de sacos, soga tira, pato ganso, encestar castaña, comba, zancos, chave, bolos, pano e paracaídas.

- Danzas e bailes

- Comida típica: bolos preñados e castañas.

 

Unha mañá repleta de actividades.

 

 

ENTROIDO 2022

Semana intensa e animada no colexio

- Mandatos do Meco: co aniversario de Rosalía de Castro integrado.

- Desfile: seguindo o proxecto da biblioteca deste ano "ECOMUNDI", concienciándonos sobre o respecto e o coidado do noso planeta.

- Baile: preparación dunha coreografía para a canción "Madre Tierra" de Chayanne na que participou todo o alumnado do centro.

Aquí unha pequena mostra do acontecido.

Álbum de diapositivas O Entroido EcoMundi

NADAL 2021

E despois dun inicio de mes un tanto difícil, por fin chegou o Nadal!!!

Días cargados de emocións e actividades:

- Visita de Papá Noel con agasallos (xestionada pola ANPA).

- 3º Concurso de postais de Nadal organizado pola ANPA.

- Decoración do barrio (iniciativa da Asociación de veciños do barrio de Vistahermosa).

- Interpretación do baile e canción "Volver a casa por Nadal" Xababanda.

- Master class de alumnado de 6º e 4º de primaria para todo o cole cantando e bailando panxoliñas tradicionais.

- Decoración do centro.

Moitas grazas a toda a comunidade educativa polas vosas iniciativas e colaboración.

BOAS FESTAS!!!

Visita das nenas e nenos de 5º de Primaria ao Club Náutico de Castrelo de Miño.

Mañá chea de actividades: kayak, pedaletas, paddle surf e moitos chapuzóns!

Saída das nenas e nenos de 6º ao Pavillón dos Remedios para iniciarse na modalidade de escalada. Actividade coordinada a través do programa Xogade e Deporte Escolar de Ourense.

Xornada moi entretida na que todas e todos puidemos experimetar esta práctica deportiva, cada un ao seu nivel e ata onde o vértigo o permitía.

Grazas por esa magnífica organización, material e monitores pertencentertes a ASESOU ( Asociación de Escaladores Ourensáns).                                                   

 

Distribuir contido


by Dr. Radut