Con follas secas e diverso material de outono o alumnado de 6º de EP realizou diferentes carteis que mostran a importancia do respecto e da igualdade entre mulleres e homes promovendo a erradicación da violencia e poñendo o foco na detección precoz e na axuda ás persoas que a sufren. Non estades soas!
Conmemoramos o Día Internacional do Medio Ambiente (5 de xuño) partindo da obra de Malevich e creando as nosas SUPERHEROÍNAS 3R con materiais reciclados ou reutilizados.
Aquí están as vosas creacións
Actividade presentada na AV de Plástica e da Biblioteca
O alumnado do centro realizou estas manualidades, debuxos, collage... sobre Carvalho Calero, inspirándose nalgunha das súas obras, poemas, na súa vida.
Unímonos a proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega e traballamos co poema "Adiós ríos, adiós fontes" de Cantares Gallegos para tratar o tema das migracións,en todos os seus aspectos. #ErrantesPoloMundo_rdc_20
1-"Galería de arte de Rosalía errante" - En pequenos grupos, as alumnas e alumnos de 5º e 6º de EP, pintaron un cadro inspirado nunha estrofa do poema e que pretendía expresar sentimentos como a morriña, a dor, o abandono, a tristura, o medo... que se sofren ao ter que emigrar.
2- Recitado do poema, enfatizando no sentimento de tristura ao despedirse do fogar e da terra por ter que emigrar e coloquio na aula sobre a emigración, empatizando e comprendendo a situación de numerosas compañeiras e compañeiros.
Hoxe celébrase o bicentenario do Museo do Prado, abriu ao público o 19 de noviembre de 1819 con 311 pinturas, hoxe expón máis de 1700 cadros. A quen non lle gustaría visitalo? Se queres facer unha ronda polo museo pica no seguinte hipervínculo ->o Museo do Prado.
Os cadros son os protagonistas
No cole tamén temos unha exposición de pintura de Alfredo Labajjo Grandío, o chamado Picasso Galego. Esta é unha escolma das pinturas reproducidas polo alumnado de 5º e 6º na clase de Plástica