Actividade interdisciplinar de lectura e investigación, ciencia, cartografía e robótica.
1. Co fin de recoñecero papel que desenvolveron as mulleres na ciencia e promover as vocacións científicas entre as nenas, publicouse no Blog da Biblioteca escolar esta presentación con vídeos sobre referentes científicos femininos.
2.Xogo xeográfico e científico con escornabots. Tras ver a presentación, cada xogadora ou xogador ten que programar o escornabot ata o país de orixe de cada investigadora. Material necesario: un planisferio, taboleiro, 4 escornabots situados nos puntos cardinais e tarxetas de científicas.
Durante a semana de Entroido, estivemos percorrendo a provincia cos escornabots e cos personaxes típicos de cada vila.
Co libro guía "Os Bolechas, o Entroido ourensán 2021" e con este xogo aprendemos a recoñecer cada máscara, traxe e tradición á vez que mantemos vivo o espíritu desta entrañable festa nestas datas tan excepcionais.
Material para xogar: un taboleiro co mapa de ourense, máscaras, escornabots e o libro dos Bolechas.
Con motivo da celebración do "Día Internacional da Paz e Non Violencia", dende o Equipo de Biblioteca e AAEE propuxéronse diversas actividades coa mensaxe de A PAZ É A SOLUCIÓN.
Durante esta semana inauguramos os Xogos de Nadal: escorrnabot, Set, Quiddle...
-Xogo do acendido da árbore con escornabots. É un xogo de estratexia. Pódese xogar en equipo ou individualmente. Repártense as bólas coas luces e cada xogadora ou xogador debe programar o escornabot para ir acendendo as luces da árbore tratando de non cortar o camiño do robot. Gaña quen coloque primeiro todas as luces.
-Bólas personalizadas de Nadal. Tamén imprimimos uns aros coa impresora 3D, despois engadimos acetado de cores cos nomes do alumnado e dos profes, por grupo-clase e coas bólas adornamos a biblioteca.
Música: Voces- alumnado de 6º. Letra de Luís F.
Foto e Decoración de Nadal da entrada do cole: Belén Forneiro
Actividade escornabótica inspirada na carreira do San Martiño.
É un xogo con cartas, cada carta ten distintas preguntiñas: de completar, bailar, historia... por un lado e, polo outro, ten unha imaxe igual que as que aparecen no taboleiro.
Pódese xogar individualmente ou por equipos. Cada equipo escolle as cartas, e xa ten o seu percorrido, Ollo! hai algunhas celas prohibidas polas que o robot non pode pasar.
Modificamos o desprazamento dos robots de 10 a 15 cm para que o robot percorrese máis espazo, como nunha carreira.
Aínda que o xogo ten moitas posibilidades, estas son algunhas das dináminas de xogo que realizamos nós:
E. Infantil.
1. ROBÓTICA E ABN. Cada xogador/a tira o dado, establece o percorrido segundo o nº que lle saíu para chegar a unha tarxeta e contestar á pregunta.
E. Primaria:
2. A carta que se escolle marca a cela á que ten que programar o robot, o percorrido escólleo cada xogador/a, é necesario responder á pregunta para seguir xogando.
Protocolo covid: Xogamos no Salón de Actos, un lugar amplio con ventilación natural permanente; uso de máscara; desinfección de mans tras xogar, dos escornabots, das cartas e todas as superficies con 70% alchohol en spray. Un grupo/clase cada sesión e desinfección por parte do persoal de limpeza entre grupo e grupo.
Debuxos realizados polos rapaces de 5º e 6º e as preguntas están inspiradas na canción que cantamos "Vive o Magosto" de J. Manuel López Cabana
Durante o 2º trimestre o alumnado de 6º de EP participou activamente na cadea de montaxe de 3 escornabots.
Organizamos a clase en 3 grupos para ir rotando por 3 obradoiros que se estaban desenvolvendo de xeito simultáneo:
Obradoiro 1. Ensamblaxe dos escornabots e conexións eléctricas. En grupos de 8 alumnas/os e de xeito colaborativo foron montando e conectando os robots seguindo as instrucións. Un/nha alumno/a de cada grupo encargábase de facer as fotos das distintas fases da cadea de montaxe coas que se editou o seguinte vídeo.
Obradoiro 2. Debuxos para novos taboleiros e redacción da dinámica de xogos.
Obradoiro 3. Xogo con escornabots: taboleiros de ciencias, medio ambiente "Quiz eco-sostible", entroido escornabótico, ...