Skip to Content

Biblioteca creativa

Taller de costura, patronaxe e moda

camisetas conmemorativas 25N

#25N Deseña a túa camiseta

O alumnado de 6º, por equipos de 2/ 3 alumnas/os, deseñaron unha camiseta conmemorativa do 25N,  Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

Acordaron un modelo de prenda, tendo en conta se é simétrica ou asimétrica, con mangas sen mangas. Respectando as medidas, escote, sisa, longo, mangas...

As camisetas debían lucir unha palabra significativa en relación a este día, debuxada e recortada con  papel de periódico. 

E crear un  ACRÓSTICO coas letras da palabra escollida.

 

Anímádevos a facer vós mesmas/os estes pratos que encherán de cor a vosa mesa

 

PDI: A cociñar!

Receitas extravagantes con castañas

O alumnado de 6º  mestura tecnoloxía e cociña. A actividade consistía en escribir unha receita graciosa e variopinta con algunhas condicións: tiña que levar castañas como ingrediente e debía ser escrita cunha orde lóxica de pasos.

Despois de publicar cada grupo a súa receita, debían comentar e valorar as receitas dos demais respectando sempre a Netiqueta.

Fai clic na imaxe e poderás ler todas as receitas.

Itinerario Digicraft>Programación>Algoritmos empanados

Samaín Creativo

Imprimimos coa impresora 3D estes moldes de galletarañas.

 moldes de galletas

O alumnado de Infantil, na aula  ABN, fabricou series de galletas segundo os encargos que recibían do dado. Outra posibilidade de xogo matemático é tirar o dado e fabricar as galletarañas que indique, ao tirar de novo, reaxustar  o número de galletarañas ... fabricar máis ou retirar?

fabrica de galletas

MENÚ DE SAMAÍN

Invitación para degustar o noso menú especial do samaín

O alumnado de 6º fixo cadanseu cartel de Samaín relacionado co Proxecto Documental Integrado do centro  A Cociñar! 

Con todos os debuxos montamos un gran collage (fai clic na imaxe)

menú de samaín

"ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR" A biblioteca escolar ofrece oportunidades de recursos para escribir e escribirnos: Arte que comunica, "alimenta" e arrepía :-#

OBRADOIRO DE ROBÓTICA E TECNOLOXÍA

Que é o primeiro que che ven a mente cando pensas nun robot?

Son máquinas, pódense programar, teñen sensores, poden ter mando, poden realizar diferentes traballos, poden ter forma humana, pódese xogar con eles...

Ás rapazas e rapaces de educación primaria desfrutaron deste obradoiro de robótica programando diferentes robots, algúns desde a botoneira e outros cunha linguaxe de programación por bloques.

Cos robots desenvolvemos as competencias STEAM: a resolución de problemas, o pensamento lóxico computacional, a creatividade e tamén contribúen ao desenrolo emocional como é  o caso do robot Codey Rocky.

cultura maker

Actividade impartida por Dreams to Space

PIANO CON SCRATCH E MAKEY MAKEY

Con Scratch programamos este piano conectado á placa Makey Makey.

Os 6 equipos recortaron o piano de cartón pintaron as teclas co lapis, fixeron as conexións e programaron con Scratch as notas  e tocaron a canción "Parabéns para ti"

makey
      Aitor         Nara            Hugo           Dariel         Kaili e Lúa       Gabriel

 

Coa placa Makey Makey convertemos calquer obxecto que sexa condutor nun pulsador. Creamos diferentes  circuítos eléctricos e descubrimos materiais condutores.

Pensar, deseñar, decorar, xogar... na Biblioteca Creativa

Taller de Xeometría

O alumnado de 4º de primaria constrúe diferentes xeoplanos con caixas de cartón e outros materiais de refugallo.

xeoplano

O xeoplano é un excelente recurso para representar figuras xeométricas, horas, ángulos..  utlizando gomas elásticas que se van enganchando nas chinchetas ou nos encuadernadores.

PDI " ECOmundi"

# 8 M VOCES BRAVAS

Día Internacional da Muller

- Quen e Quen? Mulleres relevantes na historia. Xogo para identificar ás mulleres polo seu legado na historia.
 
 - Algo que dicir. Realizamos pancartas con frases feministas e mensaxes reivindicativas sobre: Igualdade, dereitos, a paz, contra a violencia, liberdade...
 
 
- Algo que contar
"Monstro Rosa", Trata a diversidade e a liberdade  e "Monstro Azul",Trata o respecto, a convivencia e a empatía, de Olga de Dios.
 "Que lles pasa ás princesas?" de Felicia Redondo. ...Están fartas de facer sempre o mesmo. Xogo de atención, co escornabot, para buscar no taboleiro os príncipes ras iguais.
 
- Adaptación da letra da canción Ai Mamá de Rigoberta Bandini e interpretación durante a concentración no patio.
aimama pancarta 8m 

- Concentración pola Igualdade. Dedicada ás mulleres máis importantes da nosa vida.

 

 
 

Inauguración do Recuncho Creativo, un espazo anexo á Biblioteca para relaxarse lendo, xogar individualmente ou en grupo en diversos ambientes.

recuncho creativo

Distribuir contido


by Dr. Radut