Skip to Content

Espazo familias

MENÚ ESCOLAR DO CURSO 2023-2024

Fai clic en cada menú para ver a imaxe ampliada

 SETEMBRO E OUTUBRO

setembro vegetables outubro menu                         

 Remata a Educación Primaria para os maiores do cole!

Durante estes anos medrastes en coñecementos e valores, estamos orgullosos de todos vós e publicamos este vídeo de momentos únicos do voso paso por infantil e primaria. Desexámosvos o mellor!promoción 6º

E non esquezades que este será sempre o voso cole.

ENQUISA DE DIAGNOSE DA CONVIVENCIA ESCOLAR 2023

 

Estimadas familias e demáis membros da comunidade educativa:

A Consellería de Educación, dentro do marco da estratexia de convivencia para o período 2021-2025 elaborou un cuestionario co obxectivo de recoller datos que permitan analizar o estado da Convivencia Escolar nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galiza. O cuestionario está dirixido a todos os membros da nosa comunidade educativa.

COLECTIVOS PARTICIPANTES:

  • Alumnado: todo o alumnado a partir de 5º de Educación Primaria (5º e 6º de Primaria, ESO, FP Básica, Bacharelato, Formación Profesional, Ensinanzas de Persoas Adultas, Ensinanzas de Réxime Especial, etc).
  • Profesorado: todo aquel que imparte docencia no centro educativo durante o curso académico completo.
  • Persoal non docente: todo o persoal non docente do centro educativo.
  • Familias: todas as familias responsables de alumnado con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos, cubrindo un cuestionario por familia e centro educativo.

Poderán  acceder á aplicación ConvivenciaXestion e cumprimentar os cuestionarios en liña nas seguintes ligazóns. As claves de acceso seranlle facilitadas polo centro educativo, mañá mercores, día 10 de maio.

"Recollida de datos para o alumnado de Educación Primaria"

https://edu.xunta.gal/convpri

"Recollida de datos para o alumnado que require asistencia e fai uso do cuestionario pictográfico"

https://edu.xunta.gal/convee

"Recollida de datos para o profesorado"

https://edu.xunta.gal/convdoce

"Recollida de datos para o persoal de administración e servizos"

https://edu.xunta.gal/convpas

"Recollida de datos para as familias"

https://edu.xunta.gal/convfamil

O prazo para cubrir o cuestionario remata o día 22 de maio de 2023.

Recomendámoslle a lectura da seguinte guía para responder a enquisa antes de entrar na aplicación.

Por último, para calquera dúbida ou aclaración poden poñerse en contacto coa dirección do centro.

 

 

Solicitude de praza para o vindeiro curso 2023/2024

TODAS AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN FORON CONCEDIDAS

(Admisión Definitiva)

 

Desde o día 1 de marzo, e ata o 20  do mesmo mes, está aberto o prazo de solicitude de praza no noso centro para novo alumnado ou alumnado procedente doutros centros educativos (a partir do día 20 de marzo a Sede Electrónica non admitirá a presentación de solicitudes para este procedemento). Por mor da previsión de matrícula, para o próximo curso, non deixen a solicitude de praza para última hora. 

O procedemento está regulado polo Decreto 13/2022 , a Orde do 21 de outubro de 2022 que o desenvolve.

 

DOCUMENTOS DESCARGA
Solicitude de praza no centro do 1 de marzo ao 20 de marzo. ANEXO II.

Solicitude en liña na web da consellería.

ACCESO
Vacantes ofertadas no CEIP Vistahermosa
Solicitude admisión en prazo extaordinario
Tríptico informativo dos servizos do centro

 


  • Listado de vacantes para o curso 2023/2024.
  • Lista provisional de admitidos e non admitidos. (Todas as solicitudes de admisión foron concedidas)
  • Lista definitiva de admitidos. (Todas as solicitudes de admisión foron concedidas)

 

Xornada de Portas Abertas

O luns día 13 de febreiro e o martes día 14 de febreiro estaremos agardando as vosas visitas ao noso centro.

Somos o colexio que andabas a buscar, non o dubides e VEN A VISITARNOS!

 

FAI CLIC NA LIGAZÓN E ACCEDE A TODA A INFORMACIÓN

 

TRÍPTICO INFORMATIVO

AMPLIAMOS O PRAZO!

                                                        

Dende a ANPA comunicannos que se amplía o prazo para a inscrición nas extraescolares para o curso 22-23 ate o próximo venres 23 de setembro. Polo de agora non hai nenos/as abondo para formar grupo en ningunha actividade. Os interesados poden solicitar as follas de inscrición en Conserxería e depositalos no buzón da ANPA ou na propia Conserxería".

Reunións de titoría de inicio de curso.

Estimadas familias:

       O vindeiro martes, día 7 de setembro, terán lugar nas instalacións exteriores do colexio as reunións de titoría coa seguinte distribución horaria:

          10:00 horas........................1º de Educación Primaria. (Patio cuberto posterior). Titora: Cler.

          10:30 horas........................6º de Educación Primaria. (Polideportivo). Titor: J. Manuel Alonso.

          11:00 horas........................Educación Infantil. (Patio cuberto posterior).

          12:00 horas........................5º de Educación Primaria. (Polideportivo) Titor: Juan Carlos.

Prégase puntualidade e, de ser posible, non acudir co alumnado.

*Os grupos de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria ao continuar cos mesmos titores e titoras non precisan ter reunión inicial. Os titores e titoras destes grupos estarán dispoñibles durante esa mañá para recibir, se fora preciso, a calquera familia de xeito individual.

Desexamos que teñades un fantástico curso 2021-2022 cheo de proxectos e bos momentos.

Enquisa de diagnose de convivencia

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal. No marco desta estratexia realizáronse no 2015 e no 2019 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos.

Transcorrida esta etapa é necesario elaborar unha nova estratexia de convivencia para o período 2021-2025. Neste contexto, faise necesario a realización dunha nova enquisa de diagnose de convivencia de carácter censal e que terá unha periodicidade bianual.

A convivencia escolar é unha preocupación de primeira liña na que se está a traballar arreo nos últimos anos, na procura dunha mellora continuada do clima escolar. No senso de seguir avanzando, dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade pomos en marcha a realización dunha nova enquisa que permita analizar o estado da convivencia e das novas formas nas que se está a desenvolver, como consecuencia do impacto da COVID-19 na comunidade educativa.

Esta sondaxe de carácter censual “Enquisa de diagnose da convivencia 2021” ten por finalidade coñecer a opinión dos distintos colectivos (directores e directoras, profesorado, alumnado, persoal non docente e familias) e permitirá, a través do análise das respostas obtidas, a introdución de avances e melloras neste ámbito dun xeito global e integrador.

A participación da comunidade educativa nesta enquisa é fundamental e por iso necesitamos do esforzo e da implicación dos distintos colectivos e da súa imprescindible colaboración e involucración no proceso de realización. En definitiva, búscase favorecer o seu desenvolvemento e a súa difusión entre todos os membros dos colectivos participantes co fin de garantir uns óptimos resultados.

A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo.  

Destinatario

1.- Alumnado de 5º e 6º de primaria. Todo o alumnado do centro que curse 5º e 6º de Educación Primaria, deberá cubrir a enquisa, salvo negativa expresa dos seus pais, nais ou titores legais.  Acceso desde https://www.edu.xunta.gal/convobrig

2.- Profesorado do centro. Acceso desde https://www.edu.xunta.gal/convdoce

3.- Persoal de Administración e Servizos. Acceso desde https://www.edu.xunta.gal/convpas

4.- Familias. Acceso desde https://www.edu.xunta.gal/convfamil

Prazo:  A enquisa estará operativa desde o 12 de abril ao 29 de abril de 2021 (ambos dous días incluídos).

Claves de acceso:

A cada alumno/a, persoal docente e non docente e familias de alumnado, proporcionaráselle unha clave de acceso con indicacións precisas sobre como actuar para cumplimentar o cuestionario. O mércores 14 proporcionaranse as claves de acceso a todas as familias.

 

Información Coronavirus

Con calma e sen alarmar, fala cos nenos e nenas sobre o coronavirus e lémbralle estas pautas sinxelas de hixiene:

  • Lavar as mans frecuentemente con xabón.
  • Cubrir a boca e o nariz ao toser co antebrazo.
  • Empregar panos desechables.


Se precisas máis información acode ás canles oficiais.

https://www.mscbs.gob.es/

https://www.sergas.es/

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut