O 24 de febreiro é o aniversario de Rosalía de Castroe queremos homenaxeala realizando a seguinte actividade:
Gravade e achegade un vídeo curto con música a partir dun poema de Rosalía. Podedes cantar, movervos libremente cunha das cancións, ler con ritmo un poema, facer a vosa propia versión, crear un Stop-Motion, unha presentación de diapositivas… Debido á situación que estamos a vivir, propoñémosvos realizala nesta semana dende os fogares e animámosvos a que participedes todas/os. Esperamos os vosos vídeos!
En música versionamos a "Alborada das Pitas" by A Banda das Pitas. Canción creada pola coordinadora de Equipos de Normalización Lingüistica de Ferrolterra.
R. Carvalho Calero foi o primeiro profesor universitario de Lingüística e Literatura Galega na Universidade de Santiago de compostela. Coñece a vida e a obra do autor con esta presentación escrita por Uxía L. de 6º EP
Cómic realizado polo alumnado de 6º EP.
Proposta 1: transforma o conto "A pitas baixo a choiva" e R. Carballo Calero nun cómic.
Proposta 2: Debuxa unha historia ilustrada inspirándote na cancion "Alborada das pitas" de A banda das pitas.
Unímonos a proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega e traballamos co poema "Adiós ríos, adiós fontes" de Cantares Gallegos para tratar o tema das migracións,en todos os seus aspectos. #ErrantesPoloMundo_rdc_20
1-"Galería de arte de Rosalía errante" - En pequenos grupos, as alumnas e alumnos de 5º e 6º de EP, pintaron un cadro inspirado nunha estrofa do poema e que pretendía expresar sentimentos como a morriña, a dor, o abandono, a tristura, o medo... que se sofren ao ter que emigrar.
2- Recitado do poema, enfatizando no sentimento de tristura ao despedirse do fogar e da terra por ter que emigrar e coloquio na aula sobre a emigración, empatizando e comprendendo a situación de numerosas compañeiras e compañeiros.
-> Sempre é un pracer comezar o día con alegría: As Alumnas/os de 5º e 6º sorprenderon aos compañeiros/as, interpretando a melodía "Oda á alegría" da 9ª Sinfonía de Beethoven á hora de entrar. Así dá gusto!
->Contacontos pola PAZ. Rapazas e rapaces de 6º prepararon varios contos para contar, dramatizar nas distintas aulas dende infantil ata 5º de primaria. Relación de contos
->Construíndo a PAZ con moita arte(Actividade encadrada dentro do proxecto dos pintores). Cada clase buscou unha obra de arte con temática inclusiva, solidaria, pacifista... para facer un crebacabezas para logo agasallar ás outras clases.
-> Acto conxunto no patio:
-Percusión corporal e canción: "O mundo é grande" de Mamá Cabra ("O reloxo sincopado" de Leroy Anderson)