Skip to Content

Actividades

Día de Rosalía de Castro 2022

O 23 de febreiro celebramos o aniversario de Rosalía co cole cheo de flores e poemas.

O Mércores día de Rosalía é, unha flor e un poema deberás poñer. Aquí vos deixamos unha pequena mostra das actividades realizadas. 

día de Rosalía

#SementadePensamentos cunha exposición,  na entrada do cole, de retratos de Rosalía decorados con pétalos de pensamentos, a flor favorita da autora.

sementadeprensamentos
Gravación de videoclips con poemas de Rosalía- O alumnado de 6º, encargouse do guión, interpetación, gravación e edición dos vídeos. Estes son os gañadores por categorías:
 
 
 
 

Feliz día Mundial da Radio

O trece de febreiro é o Día Mundial da Radio. Celebramos este día publicando a entrevista realizada polo alumnado de 5º de EP á escritora galega Andrea Maceiras. 

Non hai fronteiras. Día da Paz 2022

Cantamos e bailamos coas Tanxugueiras esta canción que reivindica a diversidade, a integración, pero tamén a diversión por medio do canto e do baile. Esta canción pon en valor o idioma, as tradicións e a nosa cultura en xeral.

Neste vídeo recollemos os ensaios e a actuación do Día da Paz: Aprendemos a signar "Non hai fronteiras" en lingua de signos, e a dicilo en éuscaro, en catalán ou en bable.

día da Paz

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tamén podes ver:

Ensaios Coreo Tanxugueiras "Terra" E. Infantil

Titoriais do propio alumnado para ensinar os pasos a través da Aula Virtual

- 1º e 2º primaria

- 4º a 6º Primaria 

Letra da canción

A Terra tamén quere Paz

Botellas cheas de amor ao planeta

Na celebración do Dia da Paz, tamén pensamos en como agasallar á Terra. Sabemos que o uso excesivo de plásticos, ameaza con contaminar o planeta e sobretodo os mares e non queremos permitilo. O noso desafío, con esta proposta é reducir o uso de plásticos e contribuír á separación correcta de residuos.

botellas cheas de amor

botella

Enchemos as botellas con plásticos (sobretodo dos envoltorios das  merendas) para diminuír o volume de residuos que xeramos no cole. Estas botellas convertiranse en materia prima coas que se producirán novos produtos.

Esta proposta ambiental pretende formentar bos hábitos entre os máis cativos e visualizar un dos principais problemas medioambientais do noso tempo.

Para ler máis: Á SOMBRA DO ÉRBEDO - Blog da biblioteca

 

O luns e martes, organizáronse xogos ambientados no medievo para dar por concluído o Proxecto Didáctico Interdisciplinar: "A Idade Media" e así despedir este curso da maneira que máis nos gusta: XOGANDO.

Repartimos os patios por recantos e actuamos en grupos burbulla no seguinte circuito de xogos:

  • Obradoiro indiaca.
  • Torneo cooperativo.
  • Bolos
  • Carcassone ( Xogo de mesa)
  • Encesta no castelo.
  • Xadrez  (Cabalos e reis).
  • Busca na area o cabalo-cabaleiro-escudo. Ollo co dragón ! (Xogo de tacto).
  • Pinta o dragón con pataca en equipo.
  • Ponlle coroa, ollos e barba ao rei, ás ordes dos teus compañeiros  (Xogo de orientación).
  • Carreira de rás.
  • Tiro con arco.

Unha recompilación destas xornadas lúdicas.

Retratos de Xela Arias

Ao entrar un retrato de Xela cos portarretratos feitos polo alumnado usando material reciclado coas fotos da súa etapa de bebés.

Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti. 

retratos xela

Tamén deseñamos e imprimimos as letras do seu nome en 3D 

retrato nome xela en 3D

Xela Arias encheu de cor e tenrura a entrada e os corredores do centro.

retratos Xela Arias

Rosalía de Castro. Teus doces cantares

O 24 de febreiro é o aniversario de Rosalía de Castro e queremos homenaxeala realizando a seguinte actividade: 

Gravade e achegade un vídeo curto con música a partir dun poema de Rosalía. Podedes cantar, movervos libremente cunha das cancións, ler con ritmo un poema, facer a vosa propia versión, crear un Stop-Motion, unha presentación de diapositivas… Debido á situación que estamos a vivir, propoñémosvos realizala nesta semana dende os fogares e animámosvos a que participedes todas/os.  Esperamos os vosos vídeos!

Rosalía

Proposta da Asociación de Escritores de Lingua Galega

Podedes achegar as gravacións picando no seguinte enlace:

 Rosalía Desconfinada

  1. Accede a través dunha conta de correo 

  2. Grava o vídeo pulsando Record a response 

  3. Ao picar na frecha verde subirá automáticamente.

  4. Se usas o móbil, descarga a APP Flipgrid e escribe o código da actividade: https://flipgrid.com/4af3942e

#rdc_2021 #TeusDocesCantares   #CoaForzadeRosalía

O tema do Entroido deste ano será a Idade Media. Fai click na imaxe para vela ampliada

Mandados meco 2021

E por se vos interesa a información

unha lembranza vos imos dar:

O do luns, do martes e do mércores

Teredes que acumular.

Organiza Biblioteca, ENDL e AAEE. Proxecto da Idade Media

LETRAS GALEGAS 2020

Coreografía da canción "As pitas baixo a choiva" A banda das pitas.

Só necesitades un paraugas e moito ritmo

Grazas a tod@s @s nen@s e compañeir@s pola vosa axuda! 

 

Actividade interdisciplinar de Educación Física, Música e Biblioteca.

Letras Galegas 2020

En música versionamos a  "Alborada das Pitas" by A Banda das Pitas. Canción creada pola coordinadora de Equipos de Normalización Lingüistica de Ferrolterra.

Teleaprendizaxe Música na Aula Virtual

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/aulavirtual/course/view.php?id=23

Distribuir contido


by Dr. Radut