Skip to Content

Proxecto tic

Flores en 3D con versos de Xela Arias

Comezamos deseñando e  imprimindo 160 unidades de flores en 3D 

flores en 3D Tinkercad Flores en 3D

Cada flor serviu de anel/soporte dun rolo de papel con versos de Xela Arias

flores e versos

As flores foron entregadas ao alumnado de cada clase por repartidores e repartidoras que empregaron os mBots con remolques feitos con distinto material de reciclaxe

 remolque mbot  remolques
 Rubén e Luís en plena construción  Nadia, Aitana, Carla e Martina dando os útlimos retoques

O alumnado de 6º foi o encargado das entregas, para iso tiña que cubrir un recibo de entrega e a súa vez a clase tiña que asinar a conformidade co produto entregado.

 Tamén imprimimos as letras do nome de Xela Arias en 3D que luciron cos retratos expostos nos corredores do centro.

letras

 Actividade realizada polo equipo Biblioteca creativa, ENDL e AAEE

"Xeografías Lectoras na Biblioteca Escolar"

Actividade interdisciplinar de lectura e investigación, ciencia, cartografía e robótica.

1. Co fin de recoñecer o papel que desenvolveron as mulleres na ciencia e promover as vocacións científicas entre as nenas, publicouse no Blog da Biblioteca escolar esta presentación con vídeos sobre referentes científicos femininos.

2. Xogo  xeográfico e científico con escornabots. Tras ver a presentación, cada xogadora ou xogador ten que programar o escornabot ata o país de orixe de cada investigadora. Material necesario: un planisferio, taboleiro, 4 escornabots situados nos puntos cardinais e tarxetas de científicas.

 

Para ler máis: A sombra do érbedo, Blog da Biblioteca escolar

Biblioteca Creativa

Imos de ruada cos escornabots 

Durante a semana de Entroido,  estivemos percorrendo a provincia cos escornabots e cos personaxes típicos de cada vila.

Co libro guía  "Os Bolechas, o Entroido ourensán 2021" e con este xogo aprendemos a recoñecer cada máscara, traxe e tradición á vez que mantemos vivo o espírito desta entrañable festa nestas datas tan excepcionais. 

Material para xogar: un taboleiro co mapa de ourense, máscaras, escornabots e o libro dos Bolechas.

Biblioteca creativa

Rosalía de Castro. Teus doces cantares

O 24 de febreiro é o aniversario de Rosalía de Castro e queremos homenaxeala realizando a seguinte actividade: 

Gravade e achegade un vídeo curto con música a partir dun poema de Rosalía. Podedes cantar, movervos libremente cunha das cancións, ler con ritmo un poema, facer a vosa propia versión, crear un Stop-Motion, unha presentación de diapositivas… Debido á situación que estamos a vivir, propoñémosvos realizala nesta semana dende os fogares e animámosvos a que participedes todas/os.  Esperamos os vosos vídeos!

Proposta da Asociación de Escritores de Lingua Galega

Podedes achegar as gravacións picando no seguinte enlace:

 Rosalía Desconfinada

  1. Accede a través dunha conta de correo 

  2. Grava o vídeo pulsando Record a response 

  3. Ao picar na frecha verde subirá automáticamente.

  4. Se usas o móbil, descarga a APP Flipgrid e escribe o código da actividade: https://flipgrid.com/4af3942e

#rdc_2021 #TeusDocesCantares   #CoaForzadeRosalía

Deseño e impresión de símbolos da paz en 3D

Con motivo da celebración do "Día Internacional da Paz e Non Violencia", dende o Equipo de Biblioteca e AAEE propuxéronse diversas actividades coa mensaxe de A PAZ É A SOLUCIÓN

- Exposición na entrada do centro das Pombas mensaxeiras da paz.

- Concurso de Banda deseñada e Escape Book dirixido a todo o alumnado.

- Bailando pola Paz:  Cancións e bailes que preparamos nas aulas de música, EF e psicomotricidade. 

- Deseño e impresión en 3D de símbolos de Paz. Na seguinte presentación podedes ver as pezas que imprimimos durante este mes.

 

Coa Guía rápida para pasar unha imaxe 2D a 3D, empregando os programas InkScape e FreeCAD, ambos software libre,  transformamos debuxos en pezas en 3D. 

Recursos: Tinkercad, FreeCad, InkScape, Thingiverse, Impresión 3D+Makers

Bibliotecas creativas e Escornabots

Durante o 2º trimestre o alumnado de 6º de EP participou activamente na cadea de montaxe de 3 escornabots. 

Organizamos a clase en 3 grupos para ir rotando por 3 obradoiros que se estaban desenvolvendo de xeito simultáneo:

Obradoiro 1. Ensamblaxe dos escornabots e conexións eléctricas. En grupos de 8 alumnas/os e de xeito colaborativo foron montando e conectando os robots seguindo as instrucións. Un/nha alumno/a de cada grupo encargábase de facer as fotos das distintas fases da cadea de montaxe coas que se editou o seguinte vídeo.

Obradoiro 2. Debuxos para novos taboleiros e redacción da dinámica de xogos.

Obradoiro 3. Xogo con escornabots: taboleiros de ciencias, medio ambiente "Quiz eco-sostible", entroido escornabótico, ...

 

Instrucións para a montaxe e conexións dos Escornabots 

O 20 de decembro celebramos o fin do trimestre cun feiticeiro festival de Nadal: Contos e cantos, danzas, teatro e moito máis. Na seguinte presentación podedes ver unha selección de imaxes entrañables.

Gracias por celebrar con nós e Feliz Aninovo!

Galería de fotos


Invitámosvos ao Festival de Nadal que terá lugar o próximo venres día 20 de decembro ás 11 da mañá.
 
Música, baile, teatro... emoción, ilusión e moitas ganas de facelo ben e sorprendervos. Gustaríanos que compartísedes con todos nós esta celebración, o programa é o seguinte: 
 
Educación Infantildesexos de nadal
3 anos: MasterClass para inaugurar o Nadal
4 anos: "Corre, corre cabaciña"
5 anos: "A cebra Camila"
Educación Primaria
1º e 2º: "Buscando unha estrela" do disco    "O Quiquiriqui"
"Romance das noitiñas de Nadal"
3º: A Bailar! Jingle Bells.
Carta aos Reis Magos.
Panxoliña: "O meu caraveliño"
4º: No teatro, "Unha consulta accidentada"
5º: Panxoliña instrumental: O tamborileiro.
6º: The First Noel.
                 

 

 

Atopamos que o uso das novas Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) é cada día máis empregado dentro da aula.Isto conleva cambios en  actividades realizadas e a realizar e os seus efectos maniféstanse na aprendizaxe do alumnado de forma moi especial nas s das diversas materias do curriculum,nas  lúdicas , de relación social…

Propóñenese múltiples posibilidades que proporcionan as TIC de cara a integrar as aportacións no proceso de ensino-aprendizaxe, entre as que atopamos:

- A motivación, xa que os novos medios son máis atractivos para o alumnado e conséguese aumentar a súa motivación, que constitúe un dos motores da aprendizaxe.

- Unha maior interacción, xa que permanecen máis activos o interactuar co ordenador. 

- Aprendizaxe cooperativa, xa que se facilita o traballo en grupo, o intercambio de ideas,axuda e a participación.

- Supón un acceso a múltiples recursos educativos(páxinas webs) e entorno de aprendizaxe, poñendo o seu alcance todo tipo de información a través dos medios dixitais e internet.

- Atención á diversidade, pódense personalizar os procesos de ensinanza-aprendizaxe ó existir múltiples materiais e recursos educativos que permiten achegar a cada alumno os máis axeitados ao seu plan de aprendizaxe e as súas circunstancias persoais.

No CEIP de Vistahermosa de OURENSE incorporamos  as TIC,gradualamente, á práctica docente. Propuxémonos nunha primeira fase, reflexionar sobre as TIC como fonte de información e provedor de recursos didácticos para integralos de forma progresiva e paulatina  e nunha segunda fase(PROXECTO ABALAR) aprender coas TIC.(5º e 6º de E.P.)

 

 

CENTRO ADSCRITO Á REDE ABALAR NO CURSO 2011-12 QUE ESTE CURSO ACADÉMICO INCORPORA UNHA NOVA AULA.

Máis información referinte ao PROXECTO ABALR na páxina 

 https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/ 

SEGUIMOS  TENDO EN CONTA DE QUE existe entre os mestres do noso Centro una conciencia clara de que  se presentan novas vías para o desenvolvemento e adquisición das competencias básicas e as TIC constitúen una ferramenta extraordinariamente potente como elemento para desenvolver os procedementos para acadar tales competencias. Existe tamén entre nós o convencemento de que esta ferramenta está ó noso alcance e que o esforzo invertido na súa aprendizaxe terá unha alta rendibilidade práctica que reverterá nunha mellora da calidade educativa dos alumnos do noso Centro.

Coordinador TIC .J.M.ALONSO

Distribuir contido


by Dr. Radut