Skip to Content

Outras actividades

Pins de Rosalía en 3D

1- O alumnado completou o retrato de Rosalía e pintouno con diferentes técnicas e estilos.

2- Imprimimos en 3D un pin de Rosalía para cada clase e tamén 3 mouchos.

3- Pintamos as Rosalías con pintura acrílica.

4- Os mouchos pintámolos con rotulador permanente.

5- En cada clase votouse polo mellor debuxo.

6- As caras escollidas pegámolas no Pin de Rosalía.

Biblioteca Creativa, ENDL e AAEE

"Xeografías Lectoras na Biblioteca Escolar"

Actividade interdisciplinar de lectura e investigación, ciencia, cartografía e robótica.

1. Co fin de recoñecer o papel que desenvolveron as mulleres na ciencia e promover as vocacións científicas entre as nenas, publicouse no Blog da Biblioteca escolar esta presentación con vídeos sobre referentes científicos femininos.

2. Xogo  xeográfico e científico con escornabots. Tras ver a presentación, cada xogadora ou xogador ten que programar o escornabot ata o país de orixe de cada investigadora. Material necesario: un planisferio, taboleiro, 4 escornabots situados nos puntos cardinais e tarxetas de científicas.

 

Para ler máis: A sombra do érbedo, Blog da Biblioteca escolar

Biblioteca Creativa

Imos de ruada cos escornabots 

Durante a semana de Entroido,  estivemos percorrendo a provincia cos escornabots e cos personaxes típicos de cada vila.

Co libro guía  "Os Bolechas, o Entroido ourensán 2021" e con este xogo aprendemos a recoñecer cada máscara, traxe e tradición á vez que mantemos vivo o espíritu desta entrañable festa nestas datas tan excepcionais. 

Material para xogar: un taboleiro co mapa de ourense, máscaras, escornabots e o libro dos Bolechas.

Biblioteca creativa

Semana de Entroido no colexio. Comezamos cos mandados do Meco e rematamos cun desfile medieval.

Aquí unha mostra do acontecido.

O tema do Entroido deste ano será a Idade Media. Fai click na imaxe para vela ampliada

Mandados meco 2021

E por se vos interesa a información

unha lembranza vos imos dar:

O do luns, do martes e do mércores

Teredes que acumular.

Organiza Biblioteca, ENDL e AAEE. Proxecto da Idade Media

Que mellor maneira de conmemorar o Día da Paz que cantando e bailando.

As nenas e nenos de  Educación Infantil xa levaban días preparando a canción "Eu teño alguén", de Sonárbore. Así de estupendo lles quedou coas súas voces e acompañando con linguaxe de signos.

Pola súa banda as rapazas  e rapaces de 5º e 6º de Primaria crearon unha coreografía para a versión "Que sorte de terte" da TVG, ao máis puro estilo TikTok.  Aquí deixamos un anaquiño da actuación de onte de toda Primaria.

.

 

Deseño e impresión de símbolos da paz en 3D

Con motivo da celebración do "Día Internacional da Paz e Non Violencia", dende o Equipo de Biblioteca e AAEE propuxéronse diversas actividades coa mensaxe de A PAZ É A SOLUCIÓN

- Exposición na entrada do centro das Pombas mensaxeiras da paz.

- Concurso de Banda deseñada e Escape Book dirixido a todo o alumnado.

- Bailando pola Paz:  Cancións e bailes que preparamos nas aulas de música, EF e psicomotricidade. 

- Deseño e impresión en 3D de símbolos de Paz. Na seguinte presentación podedes ver as pezas que imprimimos durante este mes.

 

Coa Guía rápida para pasar unha imaxe 2D a 3D, empregando os programas InkScape e FreeCAD, ambos software libre,  transformamos debuxos en pezas en 3D. 

Recursos: Tinkercad, FreeCad, InkScape, Thingiverse, Impresión 3D+Makers

OBRADOIROS:

Arte

O alumnado de 3º participou nun Taller de robótica básica. De cando o pincel e o lapis se enfadaron e non quixeron compartir cadro.

Trala audición e comentario do conto, construíron robots con distintos tipos de pincel cos que pintaron un cadro.

 

Natureza

Nas clases de 4º, 5º e 6º  realizouse un Taller de eléctrónica básica e programación con microbit: Programando o Universo.

obradoiro Steam A FUNDACIÓN

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Actividade impartida polo Servizo Educativo de Afundación. Contamos con dous monitores que viñeron ao centro a sumar coñecementos de Arte e Natureza a través da tecnoloxía.

Estas actividades realizáronse con todas as medidas de seguridade pertinentes fronte a COVID-19 

Moitas emocións no último día de cole antes das vacacións de Nadal: premios do concurso de postais, visita e agasallo de Papá Noel e espectáculo sorpresa.

Moitas grazas á ANPA, ao xurado e a todas as persoas que fixeron posible esta xornada tan especial.

Aínda que este ano non puidemos celebrar o noso tradicional Festival de Nadal, as nenas e nenos non quixeron quedar sen facer a súa felicitación.

Esperamos que vos guste.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut