Skip to Content

Educación en valores

E coa chegada da primavera comezamos co aproveitamento deste pequeno pero incrible espazo.

Areeiro, árbores, horto...

O recuncho verde do CEIP Vistahermosa.

 Álbum de fotos do horto escolar

Feliz día Mundial da Radio

O trece de febreiro é o Día Mundial da Radio. Celebramos este día publicando a entrevista realizada polo alumnado de 5º de EP á escritora galega Andrea Maceiras. 

"A folla azul" de Andrea Maceiras, por un mundo sostible

O venres Andrea Maceiras achegouse ao cole para participar nun encontro co alumnado de 5º, falounos do seu libro "A folla Azul" e compartimos todas as actividades realizadas na aula.

Nomeámola gran Protectora da Natureza e regalámoslle unha pulseira da Terra que deseñamos e imprimimos en 3D.

Entrevista

ilustramos a folla azulIlustramos unha páxina do libro tamaño cartaz, cos personaxes máis significativos e a selva do Amazonas con abundantes follas azules, xa extintas na historia.

Aproveitamos a súa visita para facerlle esta entrevista: Falamos do libro, da situación que vive a Amazonia, de ecoloxía, problemas medioambientais e tamén nos deu ideas para o  disfrace de entroido. 

O 13 de febreiro, celébrase o Día Mundial da Radio e queriamos emitir esta entrevista a Andrea Maceiras, moderada por estes locutores que o fan de luxo. (Fai click no play e reproducir no navegador)

Actividade medioambiental do Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia: O estudo dos ecosistemas, a Amazonia o pulmón da Terra, problemas ambientais e comportamentos sostibles.

GALERÍA DE IMAXES

IMAXES DO DISFRACE INSPIRADO NA TRIBO DOS KAYAPO

Encontros coa autora é unha actividade, organizada pola Concellería de Educación do concello de Ourense, dirixida ao alumnado de 5º curso de primaria.

Pulseiras 3D no día da Paz

pulseiras 3d paz

Biblioteca Creativa

OBRADOIROS DE PULSEIRAS

Para o Día Escolar da Paz, a biblioteca imprimiu en 3D o símbolo da Paz. Na distintas clases formaron obradoiros de creación de pulseiras.

1º Mediron o cordón: 32 cm para cada lado.

2º Fixárono a cada lado como se ve na figura.

3º E por último, a parte máis complicada que foi facer os nós corredizos. 

 

Para saber máis. O símbolo da paz apareceu por primeira vez en 1958 nunha campaña a favor do Desarme Nuclear. Pretendía representar un 'D' e un 'N' baseándose no sistema de mensaxes con bandeiras que usan os barcos para comunicarse. O símbolo foi adaptándose  e tomando diferentes significados asociándose coa Paz e a Xustiza. 

Alumnado de 5º e 6º, venres 26 de marzo.

Contamos con Hadriana Ordóñez, psicóloga sanitaria, que nos guiou nesta sesión coa axuda do conto "Sola en el bosque"  de María Magela Demarco.

Identificámonos coa protagonista do conto e sentimos, o seu sufrimento silencioso, a súa petición de auxilio con sinais mudos e a imperiosa necesidade de ser protexida, escoitada e coidada. Unha chamada para que todas e todos abramos os ollos, falemos, preguntemos e venzamos o silencio. Un camiño para levantarnos, coidarnos e descubrir que non estamos sós.

Soa no bosque

Mantente alerta porque hai lobos que logran ocultarse dentro dalgunhas casas e que as transforman en bosques tenebrosos para quen as habita.

No documento adxunto compartimos os comentarios do alumnado trala charla.

Manifestación contra o Cambio Climático

#27S Mobilización de toda a escola polo Clima: Parón no recreo cos cartaces.

Con estas mensaxes o alumnado manifesta a súa preocupación pola saúde do planeta e reclama cambios para que a situación mellore: "Di NON ao plástico dun só uso", "Sen árbores non hai vida",  "Agora tócache a ti. CÓIDAA!, "Non malgastes auga", "Salvemos o planeta antes de que sexa tarde" ...

mobilización clima

Tamén en http://asombradoerbedo.blogspot.com/

Celebramos o día Escolar da Paz e da Non Violencia con orixinais e divertidas actividades que fomos desenvolvendo ao longo destas semanas.

- Deseño e elaboración colaborativa dun mural con palabras máxicas para decorar o centro.

mural paz

- Movamos o mundo. Inspirámonos nunha das cancións máis coñecidas de Queen, "We will rock you", para reescribir o noso himno pacifista e interprétamolo ao unísono todo o centro (Proxecto viaxamos ás Illas Británicas)

- Decoramos os chanzos das escaleiras cos versos do poema "O Reino" do libro "Longa noite de pedra" de Celso Emilio Ferreiro .

Palabras máxicas para abrazar a paz by Slidely Photo Gallery

- Recibimos mensaxes en botellas mentres cantabamos "Message in a bottle" The Police.

- Regalamos lecturas: contos, cantigas e poemas  que levaron ás clases mensaxes de paz, de respecto aos dereitos humanos, de tolerancia, colaboración e convivencia. 

 Para ler máis visita o blog da biblio: A sombra do érbedo

#25N Día contra a violencia de xénero.

Rapazas e rapaces de 1º de EP preparan esta receita do botrato con amor. Recoméndase tomala varias veces ao día e en boa compañía.

Bo proveito!

ceip vistahermosa contra a violencia

O centro tinguiuse de negro en contra da violencia: cantamos, lemos poemas, haikus, rapeamos e ata creamos unha receita do benquerer a favor da igualdade, da liberdade e en contra dos estereotipos e de calquera tipo de violencia. Entre actuación e actuación cantamos en galego e con lingua de signos o retrouso da canción "A porta violeta" de Rozalén.

O acto rematou coa lectura do poema "Fortuna" de Ida Vitale  (premio Cervantes 2018)

debuxa unha porta violeta

Poema 6º EP - "En negro contra a violencia"

Rap 5º EP - Batallando contra os estereotipos

Dentro dos actos conmemorativos do 25N, expuxemos os carteis elaborados polas alumnas/os de 5º EP coa temática: Batallando contra os estereotipos

 Agradecer as achegas de :

- Jose Bailón, profe de AL, que nos ensinou a signar o retrouso da canción

- Belén Forneiro, encargada do comedor, que realizou o cartel contra a violencia

Mulleres brillantes

Mural con biografías e retratos dalgunhas mulleres que teñen e/ou tiveron un papel relevante nas artes, na ciencia, nos medios, no deporte...  

Os alumnos/as de 6º de EP realizaron esta actividade de xeito interdisciplinar nas áreas de CCNN, LG, Música e Plástica con motivo do día da 0 discriminación (1 de marzo) e do día Internacional da muller (8 de marzo)

Colaboracións->  Equipo Biblioteca e alumnos/as de 4º e de 2º EP

Debuxo portada: Belén Forneiro

Blog da biblioteca escolar - A SOMBRA DO ERBEDO - Día Internacional da Muller

Fontes consultadas:

A Voz de Galicia. As 100 mulleres galegas que deberías coñecer

Huffpost. Tendencias. Nove inventos que non sabías que eran de mulleres. Cuns debuxos moi interesantes.

Distribuir contido


by Dr. Radut