Skip to Content

Ciencias da Natureza

FLUÍDOS NON NEWTONIANOS

#11F Día da Muller e a nena na ciencia

A saliva das rás é un fluído Non Newtoniano que pode variar a súa viscosidade en función
da velocidade coa que a ra retrae a lingua.
As areas movedizas, o xel, o sangue, o iogur, o mel, a pintura... son algúns exemplos de
líquidos non newtonianos que poden comportarse como sólidos ou líquidos en función da
presión que lle apliquemos.
OBRADOIRO de Física Divertida: Viscosidade de Fluídos

Esta actividade ten como finalidade mostrar o traballo de enxeñeiras e científicas da USC  nas disciplinas coñecidas como STEM e o recoñecemento ao papel clave que desempeñan na comunidade científica e na tecnoloxía. Visualizamos os  vídeos compartidos pola USC e realizamos varios obradoiros. 

11 F día Nena na Ciencia de salial

"Garavanciño come saniño"

O mércores 24 de xaneiro ás rapazas e rapaces de 1º de Primaria recibiron a visita da nutricionista do Centro de Saúde para realizar a actividade "Garavanciño come saniño".

Tratouse dunha charla e obradoiro de xogos didácticos nos que traballaron a pirámide dos alimentos e a dieta equilibrada.

Toca na imaxe para acceder á galería.

Laboratorio: Os elementos dun circuíto

A corrente eléctrica circula nos nosos fogares a través de circuítos eléctricos que a distribúen por todas as habitacións. Estes circuítos eléctricos permiten que se ilumine a lámpada cando acendemos un interruptor ou que se poña en marcha un electrodoméstico ao enchufalo á rede.

EXPERIMENTO para identificar os compoñentes básicos dun circuíto eléctrico. 

circuíto eléctrico de salial

O PODER DA LUZ

Novembro Mes da Ciencia nas Bibliotecas

 O alumnado de 6º participa na Misión Alba, un proxecto científico con 4 etapas nas que hai que ir resolvendo retos.

Visualiza as 10 diapositivas onde se mostran os diferentes experimentos realizados coa luz:

O poder da Luz. Misión Alba de salial

A SEDA E OS SEDEIROS DE GALICIA

Clase de historia e ciencias - A seda, orixe, historia e fabricación. 

Pepe Vieito achegouse ao cole a falarnos da seda. Comezou cun breve percorrido pola historia da seda, a ruta da seda, a chegada da seda á península, do gremio da sedaría en Monforte, do ciclo vital dos vermes e da fibra que se obtén.

Contounos que a industria da seda foi introducida en Galicia, polos monxes beneditinos na Ribeira Sacra no s. XIV e que os condes de Lemos impulsaron esta arte de luxo. 

Dos vermes de seda tamén aprendemos moitas cousas, a súa vida curiosa e breve, a súa fame voraz e selectiva (só follas de moreira), a obtención da seda... 

Algo  que nos sorprendeu a todas/os foi saber que os vermes xa non son quen de sobrevivir en liberdade, ao levar tantos séculos sendo alimentados e coidados, esqueceron o seu instinto de supervivencia.

Seda e sedeiros de Galicia

Para saber máis lede este artigo de Pepe publicado na Revista Raigame núm XVIII "O cultivo da seda en Galicia"

 

"Garavanciño come saniño"

O xoves 4 e 11 de maio tocoulles ás rapazas e rapaces de 1º, 2º e 3º de Primaria recibir a visita da nutricionista do Centro de Saúde para realizar a actividade "Garavanciño come saniño".

Tratouse dunha charla e obradoiro de xogos didácticos nos que traballaron a pirámide dos alimentos e a dieta equilibrada.

Toca na imaxe para acceder á galería.

PREPARANDO O HORTO

Antes de marchar de vacacións as rapazas e rapaces do cole estiveron poñendo a punto o noso pequeno horto. Á volta comezaremos a plantar nos aros libres.

Recordamos que as clases reanudaranse o MARTES DÍA 11 DE ABRIL.

DÍA DA ÁRBORE

As alumnas e alumnos de 3º de Primaria recibiron a visita dos Axentes Medioambientais cos que charlaron sobre o coidado do noso planeta, a prevención e extinción de incendios, plantaron unha árbore e manipularon o seu coche.

Moitas grazas pola visita

Esperámosvos o próximo curso!!!

 

"Comendo cores"

O xoves e venres as rapazas e rapaces de 4º, 5º e 6º de Primaria recibiron a visita da nutricionista do Centro de Saúde para realizar a actividade "Comendo cores".

Tratouse dunha charla e obradoiro de xogos didácticos nos que traballaron a pirámide dos alimentos e a dieta equilibrada.

Distribuir contido


by Dr. Radut