Skip to Content

Ciencias da Natureza

ACTIVIDADES NO RÍO LONIA

Actividade "Gústame o meu río: ensíname a coidalo"

Promovida pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS)

Alumn@s e mestres desprazámonos ata o río para participar nunha clase medioambiental totalmente práctica: Convertémonos en investigadores e investigadoras arredor de 4 mesas de traballo colocadas á beira do río Loña, nas que repasamos o ciclo da auga, a fotosíntese e a evapotranspiración de xeito práctico. Medimos os niveis de PH, Temperatura, Turbiedade e de osíxeno da auga. E recoñecemos pegadas da fauna e macroinvertebrados presentes na auga e nas proximidades.

Estas actividades promoven o contacto co entorno natural e fomentan actitudes respectuosas co medio ambiente e en especial coa auga e cos ecosistemas fluviais.

actividade gústame o río

río Loña

- MÁIS FOTOS NA GALERÍA DE IMAXES

 

"A folla azul" de Andrea Maceiras, por un mundo sostible

O venres Andrea Maceiras achegouse ao cole para participar nun encontro co alumnado de 5º, falounos do seu libro "A folla Azul" e compartimos todas as actividades realizadas na aula.

Nomeámola gran Protectora da Natureza e regalámoslle unha pulseira da Terra que deseñamos e imprimimos en 3D.

Entrevista

ilustramos a folla azulIlustramos unha páxina do libro tamaño cartaz, cos personaxes máis significativos e a selva do Amazonas con abundantes follas azules, xa extintas na historia.

Aproveitamos a súa visita para facerlle esta entrevista: Falamos do libro, da situación que vive a Amazonia, de ecoloxía, problemas medioambientais e tamén nos deu ideas para o  disfrace de entroido. 

O 13 de febreiro, celébrase o Día Mundial da Radio e queriamos emitir esta entrevista a Andrea Maceiras, moderada por estes locutores que o fan de luxo. (Fai click no play e reproducir no navegador)

Actividade medioambiental do Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia: O estudo dos ecosistemas, a Amazonia o pulmón da Terra, problemas ambientais e comportamentos sostibles.

GALERÍA DE IMAXES

IMAXES DO DISFRACE INSPIRADO NA TRIBO DOS KAYAPO

Encontros coa autora é unha actividade, organizada pola Concellería de Educación do concello de Ourense, dirixida ao alumnado de 5º curso de primaria.

A Terra tamén quere Paz

Botellas cheas de amor ao planeta

Na celebración do Dia da Paz, tamén pensamos en como agasallar á Terra. Sabemos que o uso excesivo de plásticos, ameaza con contaminar o planeta e sobretodo os mares e non queremos permitilo. O noso desafío, con esta proposta é reducir o uso de plásticos e contribuír á separación correcta de residuos.

botellas cheas de amor

botella

Enchemos as botellas con plásticos (sobretodo dos envoltorios das  merendas) para diminuír o volume de residuos que xeramos no cole. Estas botellas convertiranse en materia prima coas que se producirán novos produtos.

Esta proposta ambiental pretende formentar bos hábitos entre os máis cativos e visualizar un dos principais problemas medioambientais do noso tempo.

Para ler máis: Á SOMBRA DO ÉRBEDO - Blog da biblioteca

 

CIENCIA QUE CONTA

Imos impulsar a celebración do Mes da Ciencia compartindo vídeos de ciencia en galego. 

mes ciencia galego

Explica algunha curiosidade científica, un fenómeno natural, o porqué dalgunha cousa, un experimento sinxelo, seres vivos/inertes, coidado do medio....

Exprésate con corrección, podes empregar material que teñas a man.

Facendo click no seguinte enlace podes gravar directamente na aplicación. Ollo! Necesitas acceder cunha conta de correo electrónico e nos portátiles Abalar tarda en cargar, non desesperes.

1- Flipgrid - CIENCIA QUE CONTA

2- Engade a túa resposta

      

3- Se usas o móbil, descarga a APP Flipgrid e escribe o código da actividade: aac1e3ca

Materiais en galego Mes da Ciencia

O home de Vitruvio, é un dos debuxos máis famosos do mundo. Debuxouno Leonardo Da Vinci arredor de 1490 e representa ao ser humano como modelo e centro do universo. Leonardo baseouse no estudo das proporcións humanas feitas por Vitruvio, un escritor, enxeñeiro e arquitecto romano que que viviu no s. I a.C

Nós,  estudamos as funcións vitais do ser humano versionando o debuxo de Leonardo da Vinci.

Anatomía do sistema circulatorio 

Actividade completa na Aula Virtual

Con esta actividade as rapazas e rapaces de 6º observarán

  • Os órganos do aparato respiratorio: tráquea, bronquios, bronquíolos, lóbulos dos pulmóns.
  • A anatomía externa e interna do corazón (cavidades, grosor das paredes) e vasos sanguíneos.

disección de pulmóns e corazón

Desenvolvemento da actividade na Aula Virtual: Disección de pulmóns e do corazón

 

Con esta experiencia coñeceremos mellor a anatomía externa e interna dun peixe. Neste caso dunha lubina.
Actividade publicada na Aula Virtual:
 

Obradoiro de ciencias con experimentos fáciles e divertidos na clase de 6º de EP.

Buscamos as respostas na ciencia con estes experimentos sinxelos que deronn respostas á: 

mes de novembro, mes da ciencia

1. Alessandro Volta, creou a primeira pila

Como se xenera a electricidade?

2. A tensións superficial da auga

Cantas gotas de auga caben nunha moeda?

3. A  Presión atmosférica

Por que non cae a auga?

4. A densidade non só depende do peso

Hai que pesar pouco para flotar?

 5. A solubilidade da auga segundo a súa temperatura

Corre, corre que te queimas!

7. Fluído non newtoniano

Sólido ou líquido? 

9. O volume dos gases

Canto espazo ocupa o osíxeno dun vaso?

   

6. O Xabón rompe a tensión superficial

Como limpa o xabón?

8. Electricidade estática

Que gañan e que perden?

10.Lámpada de lava

Burbullas de cores con moita marcha

  

Libro guía: "Experimentos. Os segredos da auga" Ed. SM

CIENCIA E SAÚDE

mes da cienciaÉ importante ter uns coñecementos básicos en primeiros auxilios para actuar con rapidez e con eficacia para poder salvar unha vida.


O alumnado de 4º curso pon en práctica diferentes protocolos de actuación para axudar a un accidentado/a nas situacións de emerxencia máis habituais.

Experimentos de ciencias en 3º curso

-Identificamos as características dos seres vivos mediante a observación directa utilizando distintas claves de clasificación.

-Plantamos distintas sementes, con situacións ambientais diferentes, con luz e auga en algodóns ou envoltas sen en papel húmido dentro dun paquetiño de papel albal. Todas as sementes xerminaron e fixemos unha plantación na clase.

-O ciclo da auga. Puidemos observar o camiño da auga nunha botella e sacamos conclusións moi interesantes da auga evaporada e despois condensada que cae en forma de gotiñas na terra e rega a planta.

Distribuir contido


by Dr. Radut