Skip to Content

Educación plástica

Retratos de Xela Arias

Ao entrar un retrato de Xela cos portarretratos feitos polo alumnado usando material reciclado coas fotos da súa etapa de bebés.

Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti. 

retratos xela

Tamén deseñamos e imprimimos as letras do seu nome en 3D 

retrato nome xela en 3D

Xela Arias encheu de cor e tenrura a entrada e os corredores do centro.

retratos Xela Arias

Día da Muller 2021

En 6º curso pintamos estas pancartas con lemas e debuxos que poñen en valor a loita pola igualdade e a participación da muller en todos os ámbitos da sociedade.

8M día da Muller en Ceip Vistahermosa

pancarta grupo 1 pancarta grupo 1
pancarta 2 pancarta grupo 2
pancarta grupo 3 pancarta grupo 4

O alumnado de Educación Infantil participou nun Acto simbólico 8M

acto simbólico 8M

O home de Vitruvio, é un dos debuxos máis famosos do mundo. Debuxouno Leonardo Da Vinci arredor de 1490 e representa ao ser humano como modelo e centro do universo. Leonardo baseouse no estudo das proporcións humanas feitas por Vitruvio, un escritor, enxeñeiro e arquitecto romano que que viviu no s. I a.C

Nós,  estudamos as funcións vitais do ser humano versionando o debuxo de Leonardo da Vinci.

Anatomía do sistema circulatorio 

Actividade completa na Aula Virtual

Pins de Rosalía en 3D

1- O alumnado completou o retrato de Rosalía e pintouno con diferentes técnicas e estilos.

2- Imprimimos en 3D un pin de Rosalía para cada clase e tamén 3 mouchos.

3- Pintamos as Rosalías con pintura acrílica.

4- Os mouchos pintámolos con rotulador permanente.

5- En cada clase votouse polo mellor debuxo.

6- As caras escollidas pegámolas no Pin de Rosalía.

Biblioteca Creativa, ENDL e AAEE

Con follas secas e diverso material de outono o alumnado de 6º de EP realizou diferentes carteis que mostran a  importancia do respecto e da igualdade entre mulleres e homes promovendo a erradicación da violencia e poñendo o foco na detección precoz e na axuda ás persoas que a sufren. Non estades soas!

 
Cartel de Nadia e Martina Cartel de Ainhoa Cartel de Luís  
de Rubén 25N de Mateo 25N
Cartel de  Rubén Cartel de Paulo pola igualdade Cartel de Mateo
cartel Vitor  cartel de Delia  
De Vítor, David e Daurys    Cartel de Delia                    Cartel de Aitana e Carla

 5. Manualidade de Outono. Aula Virtual do Ceip Vistahermosa

Mural de Samaín

Actividade programada dentro do proxecto documental do centro: A Idade Media

En 6º curso rotulamos palabras con caligrafía medieval e ilustrámolas de xeito terrorífico. 

Actividade proposta na Aula Virtual: Artística,  6º curso

Creamos os nosos propios xogos, instrumentos musicais e utensilios a través da reutilización e da reciclaxe.

Actividades propostas nas AV de Música, Biblioteca e Educación Física.

Música Eco-mariña

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/aulavirtual/course/view.php?id=40

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/aulavirtual/course/view.php?id=60

Conmemoramos o Día Internacional do Medio Ambiente (5 de xuño) partindo da obra de Malevich e creando as nosas SUPERHEROÍNAS 3R  con materiais reciclados ou reutilizados.

Aquí están as vosas creacións

Actividade presentada na AV de Plástica e da Biblioteca

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/aulavirtual/course/view.php?id=45

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/aulavirtual/course/view.php?id=40

Novos traballos de Plástica, neste caso inspirados en Miró.

Grazas polo voso esforzo!!

Actividade presentada na Aula Virtual:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/aulavirtual/course/view.php?id=45

LETRAS GALEGAS 2020

O alumnado do centro realizou estas manualidades, debuxos, collage... sobre Carvalho Calero, inspirándose nalgunha das súas obras, poemas, na súa vida.

 

-Carvalho Calero's crafts.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut