Skip to Content

Obradoiro de robótica

OBRADOIRO DE ROBÓTICA E TECNOLOXÍA

Que é o primeiro que che ven a mente cando pensas nun robot?

Son máquinas, pódense programar, teñen sensores, poden ter mando, poden realizar diferentes traballos, poden ter forma humana, pódese xogar con eles...

Ás rapazas e rapaces de educación primaria desfrutaron deste obradoiro de robótica programando diferentes robots, algúns desde a botoneira e outros cunha linguaxe de programación por bloques.

Cos robots desenvolvemos as competencias STEAM: a resolución de problemas, o pensamento lóxico computacional, a creatividade e tamén contribúen ao desenrolo emocional como é  o caso do robot Codey Rocky.

cultura maker

Actividade impartida por Dreams to Space

PIANO CON SCRATCH E MAKEY MAKEY

Con Scratch programamos este piano conectado á placa Makey Makey.

Os 6 equipos recortaron o piano de cartón pintaron as teclas co lapis, fixeron as conexións e programaron con Scratch as notas  e tocaron a canción "Parabéns para ti"

makey
      Aitor         Nara            Hugo           Dariel         Kaili e Lúa       Gabriel

 

Coa placa Makey Makey convertemos calquer obxecto que sexa condutor nun pulsador. Creamos diferentes  circuítos eléctricos e descubrimos materiais condutores.

Videoclips con poemas de Rosalía

#SementadePensamentos  Premios Rosalía de Castro
Estes son os videoclips gañadores:
Aos mellores efectos especiais Videoclip de Elías, Dani e Gabriel
negra sombra
 
Á Mellor música orixinal e danza:  Videoclip de Adriel, Bea, Ían e Nara
alborada
 
Ao Mellor guión orixinal: Videoclip de Adriana A, Kaili, Lúa e Adriana C.
videoclip non quero mais dramas
 
 

Carreira de San Martiño con escornabots. Avanzamos ou retrocedemos segundo nos indique o dado e ao pasar a meta gañamos o prezado trofeo da castaña de San martiño

carreira de san Martiño

Taboleiro Beebot do Magosto

Con distintos niveis de dificultade:

Nivel 1- Apañar as castañase rodear a cacharela.

Nivel 2- Sumas e restas seguindo as indicacións do dado

Nivel 3- Multiplicacións

 cálculo con beebot

 

Robótica e impresión 3D na celebración do Samaín

As nenas e nenos de 4° emparellaron factores para atopar números vampiros, resultados que conteñen as mesmas cifras ca eses factores.
O alumnado de 3° xogou a colocar no lugar axeitado os vampi-números, para resolver sumas e restas cuns resultados dados. 
 
vampinumeros
Xogo matemático, cada nena/o tiña que levantar a parella de morcegos e dicir se a operación era a correcta. De non ser así, tiña que calcular o resultado axeitado.

Recuncho Aula ABN

O escornabot estivo montado como un recanto ao longo da semana na aula de ABN, o xogo consistía en elixir un dos personaxes característicos de Samaín e  programar o percorrido., en  5 anos   completo para os demais por partes e logo buscar a parella e volver a programar para chegar ata ela. 

Alumnado de 3° e de 4° de Primaria resolveron un xogo de escape, con operacións matemáticas e libros relativos á esta festa.

Xogaron en equipo e cun spiderBot, que tiveron que ir programando a través dunha tea de araña con numerosas probas e enigmas: con preguntas de cálculo e tamén literarias, sobre unha selección de libros de medo, terror, bruxas, pantasmas... 

Para superar o xogo tiñan pistas ocultas nos libros que debían descifrar.

PINBALL DO COLE DO FUTURO

Estamos moi felices porque o noso proxecto do Cole do Futuro resultou gañador no 

                 Concurso O SuperReto DigiCraft.

Equipo gañador SuperReto DigiCraftO alumnado de 6º realizou esta divertida e tecnolóxica aventura con gran entusiamo: deseñaron e crearon, con materiais de reciclaxe, un PINBALL interactivo con diferentes PINs que mostraban as propostas para o cole do futuro. Logo programaron en Scratch e coa Placa Makey Makey o xogo.

 

Estas son as ideas e propostas que queren no cole do futuro:

1 Un centro autosuficiente enerxéticamente

2  Dispoñer de  gafas de Realidade Virtual e hologramas para poder comprender conceptos, viaxar ao espazo, mergullarse polo mar,  ver museos...

3  Empregar a robótica, a maquetación, o deseño e a impresión en 3D para prepararnos para as profesións do futuro

4 Dispor de equipos informáticos eficientes e cunha boa conectividade nas aulas.

5 Un cole no que poder divertirse e compartir xogos.

No Pinball tamén incluímos 2 códigos QR: Que se priorice a experimentación sobre a instrución e a memorización e, que se poña en valor a nosa lingua,  cultura e tradicións

Neste vídeo mostramos todo o proceso

Entrega de premios SuperReto Digicraft 2021 - A partir do minuto 48 

22/06 Entrega de premios en Santiago

Flores en 3D con versos de Xela Arias

Comezamos deseñando e  imprimindo 160 unidades de flores en 3D 

flores en 3D Tinkercad Flores en 3D

Cada flor serviu de anel/soporte dun rolo de papel con versos de Xela Arias

flores e versos

As flores foron entregadas ao alumnado de cada clase por repartidores e repartidoras que empregaron os mBots con remolques feitos con distinto material de reciclaxe

 remolque mbot  remolques
 Rubén e Luís en plena construción  Nadia, Aitana, Carla e Martina dando os útlimos retoques

O alumnado de 6º foi o encargado das entregas, para iso tiña que cubrir un recibo de entrega e a súa vez a clase tiña que asinar a conformidade co produto entregado.

 Tamén imprimimos as letras do nome de Xela Arias en 3D que luciron cos retratos expostos nos corredores do centro.

letras

 Actividade realizada polo equipo Biblioteca creativa, ENDL e AAEE

Programa DigiCrafthttps://digicraft.fundacionvodafone.es/

Xogo con robots feitos con material de reciclaxe, un taboleiro e cartas coa programación

Misión: 

Enviamos os nosos robots a un novo planeta para axudar na construción dunha cidade que poida ser habitable polo ser humano nun futuro próximo.

Mentres os robots descendían en paracaídas, houbo un accidente e a mercancía quedou perdida polo planeta. Os robots recuperados, deberán buscar a mercancia  e levala á cidade, para iso cada programador/a deberá indicarlle a secuencia de ordes correcta para que poidan realizar a misión.

Pins de Rosalía en 3D

1- O alumnado completou o retrato de Rosalía e pintouno con diferentes técnicas e estilos.

2- Imprimimos en 3D un pin de Rosalía para cada clase e tamén 3 mouchos.

3- Pintamos as Rosalías con pintura acrílica.

4- Os mouchos pintámolos con rotulador permanente.

5- En cada clase votouse polo mellor debuxo.

6- As caras escollidas pegámolas no Pin de Rosalía.

Biblioteca Creativa, ENDL e AAEE

Distribuir contido


by Dr. Radut