Skip to Content

E. de Normalización

ENTROIDO 2022

Semana intensa e animada no colexio

- Mandatos do Meco: co aniversario de Rosalía de Castro integrado.

- Desfile: seguindo o proxecto da biblioteca deste ano "ECOMUNDI", concienciándonos sobre o respecto e o coidado do noso planeta.

- Baile: preparación dunha coreografía para a canción "Madre Tierra" de Chayanne na que participou todo o alumnado do centro.

Aquí unha pequena mostra do acontecido.

 

 

 

 

 

 

 

  

 


Álbum de diapositivas O Entroido EcoMundi

Día de Rosalía de Castro 2022

O 23 de febreiro celebramos o aniversario de Rosalía co cole cheo de flores e poemas.

O Mércores día de Rosalía é, unha flor e un poema deberás poñer. Aquí vos deixamos unha pequena mostra das actividades realizadas. Máis fotos na Galería de Imaxes

dia Rosalia Vistahermosa

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Tamén participamos na actividade proposta pola AELG #SementadePensamentos cunha exposición,  na entrada do cole, de retratos de Rosalía decorados con pétalos  de pensamentos e poemas da autora.
Gravación de videoclips con poemas de Rosalía- O alumnado de 6º, encargouse do guión, interpetación, gravación e edición dos vídeos. Despois de visionalos este foi o que resultou gañador. 
 
 
 

 Xornada chea de bonitas experiencias:

- Visita sorpresa de robots cargados con versos de Xela Arias e flores feitas ca impresora 3D.

- Lectura e recitado de poemas da autora a través da megafonía.

- Canción e baile da versión de "Intemperiome" por parte dos nenos de 5º e 6º de Primaria.

- Baile "E pousa pousa"  e interpretación do "Himno Galego" no patio.

Sen olvidarnos do resto das actividades realizadas nas aulas ao longo das últimas semanas (murais, decoración de fotos, retratos, letras 3D, lecturas...)

Que mellor maneira de conmemorar o Día da Paz que cantando e bailando.

As nenas e nenos de  Educación Infantil xa levaban días preparando a canción "Eu teño alguén", de Sonárbore. Así de estupendo lles quedou coas súas voces e acompañando con linguaxe de signos.

Pola súa banda as rapazas  e rapaces de 5º e 6º de Primaria crearon unha coreografía para a versión "Que sorte de terte" da TVG, ao máis puro estilo TikTok.  Aquí deixamos un anaquiño da actuación de onte de toda Primaria.

.

 

Concurso Postais de Nadal

Estimadas familias:

Para contribuir na celebración do Nadal a ANPA ven de convocar por segundo ano o concurso de postais de Nadal. Este ano vaise facer no colexio, como parte dunha actividade de plástica de xeito que tódolos alumnos e alumnas o fagan baixo as mesas condicións. 

A modo "so informativo" enviamos as bases redactadas pola ANPA. BASES

Aproveitamos para informarlles que ainda que pola situación actual non poderá celebrarse o noso típico festival,  as mestras e mestres lavarán a cabo, na medida do posible, actividades de Nadal para que o alumnado manteña a ilusión desta data.

Semana atarefada para conmemorar unha das festas favoritas das nosas nenas e nenos. Practicaron cancións e bailes, colaboraron na decoración do centro, participaron en concursos de relatos de medo....

E hoxe celebramos o Samaín!!!!

Ilusión, emoción, alegría e moitísimos disfraces!!

Aquí deixamos algunha imaxe da xornada e do pequeno desfile.