Unímonos a proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega e traballamos co poema "Adiós ríos, adiós fontes" de Cantares Gallegos para tratar o tema das migracións,en todos os seus aspectos. #ErrantesPoloMundo_rdc_20
1-"Galería de arte de Rosalía errante" - En pequenos grupos, as alumnas e alumnos de 5º e 6º de EP, pintaron un cadro inspirado nunha estrofa do poema e que pretendía expresar sentimentos como a morriña, a dor, o abandono, a tristura, o medo... que se sofren ao ter que emigrar.
2- Recitado do poema, enfatizando no sentimento de tristura ao despedirse do fogar e da terra por ter que emigrar e coloquio na aula sobre a emigración, empatizando e comprendendo a situación de numerosas compañeiras e compañeiros.
Hoxe celébrase o bicentenario do Museo do Prado, abriu ao público o 19 de noviembre de 1819 con 311 pinturas, hoxe expón máis de 1700 cadros. A quen non lle gustaría visitalo? Se queres facer unha ronda polo museo pica no seguinte hipervínculo ->o Museo do Prado.
Os cadros son os protagonistas
No cole tamén temos unha exposición de pintura de Alfredo Labajjo Grandío, o chamado Picasso Galego. Esta é unha escolma das pinturas reproducidas polo alumnado de 5º e 6º na clase de Plástica
Leonardo da Vinci, os rostros do xenio no Pazo das Alfaias en Madrid
Exposición conmemorativa do V centenario do seu falecemento.
De visita cultural: O martes, día 14 de maio, os rapaces e rapazas de 6º, tiñamos unha cita con Leonardo; unha oportunidade para coñecer ao pintor, escultor, inventor, en definitiva, un home adiantado ao seu tempo.
A parte das súas obras máis coñecidas como son os cadros de AAdoración dos Magos, Mona Lisa, A Última Cea..., ou O Home de Vitruvio, un estudo sobre a proporción humana; sorprendéronnos osseus cadernos, cheos de investigacións sobre mecánica, anatomía (debuxos que semellan radiografías do corpo humano), enxeñería militar, topografía, hidráulica...
As páxinas están escritas de dereita a esquerda e en espello "escritura especular", cheas de debuxos e notas nas que se aprecia o seu esforzo por entender o funcionamento da natureza e do corpo humano.
Tamén ideou unha serie de inventos como máquinas voadoras (o ornitóptero), o paracaídas, o primeiro traxe de buzo, a hélice, un tambor mecánico...
No noso percorrido polas distintas salas, atopámonos con Christian Gálvez, comisario da exposición e membro do Leonardo DNA Project como experto mundial na figura de Leonardo da Vinci
Inspirándonos en textos tomados do poemario de Rosalía de Castro, pintamos as nosas pancartas denunciando a inxustiza social que aínda sofren moitas mulleres en pleno século XXI.
Actividade da AELG "Do XIX ao XXI: Libre o meu pensamento!"
Lisa no Samaín, é unha actividade que forma parte do proxecto Viaxamos a Italia. O eixe central deste traballo interdisciplinar en plástica, foi dar a coñecer un dos grandes xenios da historia: Leonardo da Vincina súa faceta de pintor, escultor e inventor.
Comezamos o proxecto traballando coas proporcións do rostro e do corpo. Foi así como demos co estudo das "Proporcións ideais do corpo humano ou O Home de Vitruvio" de Leonardo da Vinci.
Da Vinci, baseouse nun texto do arquitecto romano Marco Vitruvio Polion (s. I a. C.), onde se mencionan diversas proporcións presentes no corpo humano. No debuxo, Leonardo represéntase a si mesmo espido e en dúas posicións sobre impresas de brazos e pernas, inscrito nun círculo e nun cadrado. O debuxo tamén é considerado símbolo da simetría básica do corpo humano.
Estas son algunhas das notas de Leonardo da Vinci que determinan as proporcións do seu corpo:
"Unha palma é a anchura de catro dedos.
Un pé é a anchura de catro palmas.
Un antebrazo é a anchura de seis palmas.
A altura dun home son catro antebrazos (24 palmas).
A lonxitude dos brazos estendidos dun home é igual á súa altura.
A altura da cabeza ata o final das costelas é un cuarto da altura.
A anchura máxima dos ombreiros é un cuarto da altura.
A distancia do cóbado ao extremo da man é un quinto da altura.
A lonxitude da man é un décimo da altura".
Nós fixemos este debuxo en 5º e 6º. Os voluntarios foron Laura e Iván. Repasamos o seu contorno nas dúas posicións e inscribímolos no cadrado e no círculo.