Convócanse axudas para alumnas/os con necesidade esepecífica de apoio educativo para o curso 2024-2025
O día 19 de abril de 2024 publicouse no BOE a resolución pola que se convocan as axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2024/2025.
O prazo de presentación de solicitudes para o alumnado será dende o 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024.
Xunto coa solicitude, deberedes achegar:
- DNI/NIE de todos os membros computables
- Certificado bancario (o estudante deberá ser titular ou cotitular da conta)
- Certificado de familia numerosa (se é o caso)
- Certificado de discapacidade (se é o caso)
- Informe médico de TEA (se é o caso)
Adxúntase Convocatoria das axudas NEAE.
Información sobre axudas NEAE e Bolsas de estudo: